Programa de Inmersión en Lingua Inglesa (PILI) 2009 do Concello de Vigo

Publicado o 15 Abril, 2009 na sección Convocatorias, Lingua Inglesa, Departamentos por Alberte Zato

PILI 2009

 

Que é o PILI?

Despois dos positivos resultados acadados pola experiencia piloto do Programa de Inmersión en Lingua Inglesa PILI 2008, a nova edición do PILI 2009 tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal “Aulas Internacionais”.

O PILI 2009 constará de ata 125 prazas para realizar viaxes de inmersión lingüística a Inglaterra e/ou Irlanda e ten como obxectivo ofrecer aos alumnos e alumnas de 3.º de ESO dos institutos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo, como se fosen un máis da clase.

Por este motivo, as viaxes, dunha duración de 3 semanas, teñen previsto comezar na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos, e a estadía rematará como moi tarde na primeira semana de outubro. As prazas incluirán o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo e acreditar a súa finalización, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa.

Asemade, incluirá os gastos derivados da organización de actividades extraescolares e de lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida —que se desenvolverán en inglés e guiadas por monitorado bilingüe—, así como o importe das viaxes de ida e volta, dos seguros de viaxe e responsabilidade, e do transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado.

 Oficina PILI

  Máis información detallada

(clique na imagen)

 +info PILI

Bases da Convocatoria definitiva e impresos de solicitude en .pdf  .pdf

(clique na imaxe)

 Bases PILI

 

 Sitio web:

http://www.pilivigo.org

Related Posts with Thumbnails

Publique un comentario

Debe estar conectado para publicar un comentario.


Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo