Biblioteca e Día do Libro

Publicado o 22 Abril, 2009 na sección Club de lectura, Biblioteca por Xulio Dobarro

                               Día do libro, 23 de abril de 2009

                  W.Shakespeare        Miguel de Cervantes

                                                                                          

É sabido que a elección deste día decidiuse pola coincidencia na data do pasamento dos dous autores.De ter que escoller alguén representativo dentro das Letras galegas de  proxección  universal, sen dúbida, elixiriamos a Rosalía de Castro (1837-1885).Por algo o día das Letras galegas (17 de maio) se escolleu en base á publicación da súa obra “Cantares gallegos”, en Vigo en 1863.

                                   

                                      Rosalía de Castro   

                                                                 “ HAI QUE LER”?

As campañas levadas a cabo desde diferentes frontes, que pretenden fomentar a lectura entre os xoves, inciden na necesidade de que “Hai que ler”.Pois ben, segundo o ensaísta francés  Daniel Pennac, “nosoutros lectores, concedémonos todos os dereitos, comenzando polos que lles negamos aos xoves que nós pretendemos iniciar na lectura, isto é:1-O dereito a non ler2-O dereito a saltar as páxinas3-O dereito a non rematar un libro4-O dereito a reler un libro5-O dereito a ler calquera cousa6-O dereito ao bovarismo7-O dereito a ler en calquera sitio 8-O dereito a ler “ao rebusco”9-O dereito a ler en voz alta10-O dereito a calar  Pois, se nós queremos que o meu fillo, a miña filla, a xuventude lean, é urxente outorgarlles os dereitos que nós nos concedemos a nós mesmos (Como unha novela.Edit. Xerais)  Polo tanto, e aínda sabendo que “Hai que ler”,non debemos convertir iso en dogma de fe e aplicármonos a máxima.                  

NOVAS

Como nova máis notable hai que destacar a posta en funcionamento da actual Biblioteca, tanto do local coma da dotación de servizos, ata agora máis limitados. Neste sentido, hai que reseñar que a distribución se fixo con criterios máis actuais, así, por exemplo, cóntase cunha zona exclusiva para consultas con soporte informático (catro terminais), hai un oco reservado a lectura informal de prensa, cómic, etc., así como un espazo para o traballo en grupo. A parte máis ampla está destinada ao estudo e consultas bibliográficas.Ademais, os andéis, na liña de traballo da Asesoría de Bibliotecas, foron reducidos en canto á altura e son de libre acceso para os usuarios para que deste xeito o alumnado poida realizar as consultas de maneira  máis autónoma.Estase a traballar no expurgo de fondos e a dotar doutros máis actuais, tanto escritos coma audiovisuais. Que se saiba que o Plan de mellora da BB,ao que está acollido o Instituto, facilitou en boa medida este labor, ademais de incorporar a xestión daquela ao programa MEIGA.Neste intre xa se pode consultar desde casa se hai un determinado libro disponible para usar.

ALGUNHAS NOVIDADES EDITORIAIS:

 Que saiba a Comunidade educativa do Ies do Castro que foi adquirido un fondo importante de películas en DVD e que xa están disponibles para emprestar. Asi mesmo, estase a ampliar a dotación de cómics,fondo de ficción actual e de consulta. Como algo moi actual destacaremos os seguintes títulos:

Cómic:

Lorenzo´s land. Edit. Panini

Don Juan Tenorio . Edit. SM  

As  serpes cegas. Edit. BDBANDA.

Poesía:M. Rivas: A desaparición da neve. Edit. Alfaguara 

Ensaio:J. Antonio Marina: Palabras de amor. Edit. Temas de hoy.

Varios autores: Dicionario enciclopédico do pensamento galego. Edic. Xerais.

Ficción:

Cuentos curiosos de los cuatro rincones del mundo. E.Popular.

La puerta oscura (El viajero-I; El mal-II). Edit. SM

S. Meyer: The host (La huésped). Edit. Suma de letras

El ejército negro  (I-II-III). Edit. SM  //  e moitos máis…

NOTA: Esta información vai ser publicada o Día do libro en soporte de papel, nunha especie de díptico, polo tanto, é moi ábreviada. Por iso, as persoas que estamos a traballar na Biblioteca o que perseguimos é darlle unha maior difusión ao noso labor de apoio á lectura dentro da tarefa educativa e animamos a toda a Comunidade educativa do centro a que visite a Biblioteca e que propoña actividades ou adquisición  de materiais que respondan aos intereses da maioría.Hai moitas máis novidades en canto a todos os xéneros e, ao mellor, ata acertamos coas vosas preferenzas.Para ter un contacto directo cos libros tamén se van expoñer no lugar habitual algunhas desas novidades e proceder a un préstamo espontáneo para aqueles que queiran disfrutar de inmediato das novidades.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo