C de Creatividade

Publicado o 8 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

Entre as actividades de CAS, estamos levando a cabo un pequeno ciclo de charlas para achegarnos á creatividade ‘artística’. Contamos para elo coa colaboración de artistas experimentados, persoas recoñecidas nos seus respectivos campos. Exploraremos a creatividade nas artes plásticas, na música e na literatura.

O pasado día 6, tivemos a visita da pintora Loreto Blanco Salgueiro, profesora do Dpto de Pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Loreto Blanco falou do proceso de creatividade na pintura e para ilustrar a súa charla analizou a súa serie Pinemas, que exhibira no ano 1991 na Sala Bacelos de Vigo. Tamén tivemos a oportunidade de ver e ‘tocar’ unha serie de obxetos e ‘libros’ fabricados na mesma época desta serie.

A partir da súa páxina web podemos comprender a traxectoria desta artista:

http://loreto.webcindario.com

loreto

Loreto Blanco, aparte doutras cuestións reveladoras do proceso creativo, falou da importancia da ‘mirada’ e de cómo achegarnos ao cotidiano dun xeito distinto, ‘magnificando’ e admirando cada aspecto e cualidade da realidade que nos rodea. Tamén explicou cómo a ‘conciencia’ da mirada e dos hábitos propios permite explorar novos modos de actuar ou interactuar co mundo ou os materiais utilizados para a creación.

1º E na charla

1º E na charla-2

O próximo día 22 de xuño, nunha das aulas do Conservatorio Superior de Vigo, Geraint Lloyds Davies, pianista galés, residente no noso país dende hai varios anos, falará da música e do seu proceso creativo e executivo. A elección do conferenciante nos permite que a charla sexa en inglés, coa conseguinte práctica desta lingua.

No primeiro trimestre do próximo curso o profesor Román Raña, recoñecido literato, nos achegará ao mundo literario.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo