A música -con ‘C’ de creatividade

Publicado o 7 Xullo, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

O día 22 de xuño o alumnado de 1º E asistiu a unha charla no Conservatorio Superior de Música impartida polo pianista galés Geraint Lloyd Davies. No texto seguinte resumo as reaccións do alumnado.

A charla foi entretida, interesante e amena, escoitamos música de calidade e unha voz impresionante, a da soprano Lucía Barreiro Nogaledo de Paz. Foi moi enriquecedor e estimulante coñecer a unha persoa que disfruta tanto da súa profesión como Geraint. Transmitiunos con claridade o concepto de creatividade no ámbito musical e soubo conectar con nós e gañar a nosa atención. A súa forma de explicar a música axudou a que entendéramos conceptos descoñecidos para moitas das persoas que asistimos. Levounos a reflexionar sobre como a persoa que interpreta unha obra musical inflúe nela.

Fixo que as persoas asistentes nos sentíramos identificadas con él e que sentíramos a música como algo espontáneo. Para moitas persoas, foi importante comprender a importancia da ‘concentración’ en moitas actividades. Algunhas persoas citan que lles transmitiu tamén ‘paz’, ou que atoparon a sesión ‘moi poética’ ou que foi divertido ver como unha persoa se podía entusiasmar tanto creando e expresando a música.

Ao ser en inglés non foi fácil para todo o mundo todo o tempo, especialmente algunhas persoas notaron o cansanzo ao final de charla, pero foi todo un éxito que todas as persoas do curso lograron seguir a charla en inglés sen maiores dificultades e tamén participaron con interese no coloquio posterior.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo