Novas de CAS- outubro 09

Publicado o 10 Outubro, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

O alumnado de 2º E comezou o curso con proxectos dirixidos a ‘cambiar o mundo no que vivimos’ dende unha perspectiva creativa, participativa e sempre con ánimo positivo.

Podedes ler a súa explicación do proxecto ‘SAVE THE FROG’, xa en marcha neste momento. Outros interesantes proxectos xa están en período de organización.

Esta semana pasada asistimos á terceira charla da serie ‘Con C de Creatividade’. Neste caso foi o recoñecido poeta Román Raña, profesor do propio centro, quen falou da creatividade na poesía. Partindo da idea das palabras como material que forma a poesía, en contraste con outras artes e materiais, foi apuntando aspectos sobre cal é o impulso dunha persoa a escribir, as teorías romántica e clásica sobre a inspiración,  para logo ir analizando os ‘pilares’ da poesía: a técnica, o xogo, a narratividade e o pensamento-sentimento.

Aparte da oportunidade de escoitar ao poeta falando da súa propia teoría sobre a poesía, este foinos guiando ‘en primicia’ por tres dos seus poemas de ‘A metamorfose do túnel’, a obra premiada co Premio de Poesía Caixanova no ano 2004 e que fora valorada no seu momento polo xurado pola súa elegancia formal, a enteireza lírica e a densidade emotiva do discurso. Os poemas comentados foron Des-composición, París, baixos fondos, 1970 e Disertación sobre o túnel cos que Román foi desvelando o funcionamento do proceso creativo e defendeu a importancia da poesía como interpretación dos sentimentos humanos (aqueles con nome, ou aqueles aínda por nomear).

Entre outras citas que quedaron na memoria do alumnado podemos sinalar: ‘A inspiración é algo que pode chegar en calquera momento posto que o ser humano está condenado a pensar.’

Nas fotos Román Raña co alumnado de 2º E.

oc3ja41rmzcsucvtwtwk0.jpg

 

9gputzaysdlkmzxxy6e0.jpg

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo