Excelentes resultados, de nuevo, en las Olimpiadas de Física y de Química
Enhorabuena a los siguientes alumnos de 2º de Bachillerato:
MARTÍN GONZÁLEZ RAMIREZ- 2º PUESTO en la OLIMPIADA DE QUÍMICA (Universidad de Vigo)
FRANCISCO REIGOSA CHAMORRO- 3º PUESTO en la OLIMPIADA DE QUÍMICA (Universidad de Vigo)
-antes, en 1º Bach. diploma en la Olimida de Química y en 4º ESO MEDALLA DE BRONCE en la OLIMPIADA GALLEGA de QUÍMICA para alumnos de la ESO .
GABRIEL QUINTAIROS RIAL- 4º PUESTO en la OLIMPIADA DE FÍSICA (Universidad de Vigo)
-antes,PREMIO EXTRAORDINARIO DE GALICIA para alumnos de la ESO; diploma en la OLIMPIDA GALLEGA DE QUÍMICA-ESO, y estancia en un Campus científico de verano (Com-
plutense de Madrid-Julio 2010) . Estas plazas se reservan a los mejores alumnos de toda España que lo solicitan.
PEDRO LÓPEZ DOMÍNGUEZ- 5º PUESTO en la OLIMPIADA DE QUÍMICA (Universidad de Vigo)
-antes, en 4º ESO, MEDALLA DE ORO en la OLIMPIADA GALLEGA DE QUÍMICA para alumnos de la ESO y estancia en un Campus científico de verano (Universidad de Oviedo-Julio 2010)
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Programa PILI do Concello de Vigo 2011 (Alumnado 3º ESO)
Que é o PILIVIGO?Despois dos positivos e satisfactorios resultados acadados no desenvolvemento do Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa PILIVIGO, a nova edición 2011 desta iniciativa didáctica tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal “Aulas Internacionais”. O PILIVIGO 2011 constará de ata un máximo de 290 prazas en réxime de concorrencia competitiva, (250 prazas en asignación directa segundo exptes. administrativos 0410/332 e 11485/332 e outras 40 prazas condicionadas á tramitación por parte do Servizo de Educacíón do expte. para resolución final de acordo de modificación do contrato vencellado co expte. 10410/332 que concretará unha ampliación económica de 100.000.-€) para realizar viaxes de inmersión lingüística a Reino Unido e/ou Irlanda e ten como obxectivo ofrecer aos alumnos e alumnas de 3º de ESO dos centros educativos sostidos con fondos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo, como se fosen un máis da clase. Por este motivo, as viaxes, dunha duración de 3 semanas, teñen previsto comezar na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos, e a estadía rematará como moi tarde na primeira semana de outubro de 2011. O alumnado dos centros privados-concertados do municipio, accederá ás prazas que queden dispoñibles (dun máximo de 290) logo de adxudicalas preferentemente entre alumnado da rede pública solicitante que cumpra os requisitos recollidos na convocatoria específica para a selección do alumnado participante no PILIVIGO 2011. As prazas incluirán o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo e acreditar a súa finalización, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa. Asemade, incluirá os gastos derivados da organización de actividades extraescolares e de lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida -que se desenvolverán en inglés e guiadas por monitorado bilingüe-, así como o importe das viaxes de ida e volta, dos seguros de viaxe e responsabilidade, e do transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado. |
|
|
Imprimir este Artigo
AXENDA 21

A «A21EG» é un programa que ten como finalidade potenciar a educación para ao desenvolvemento sostible na oferta educativa dos centros de ensino de Primaria e Secundaria de Galicia. A A21EG supón cambios importantes na dinámica, na organización e nas prácticas pedagóxicas do profesorado do centro educativo, por iso o programa é concibido coas seguintes características:
•A A21EG é un programa con obxectivos fundamentalmente didácticos, baseado nun modelo participativo, que busca a integración dos principios do desenvolvemento sostible no “proxecto educativo do centro”.
•A A21EG, como “proxecto de centro” , debe ser asumido polos órganos de goberno do centro (claustro, consello escolar, equipo directivo e equipo docente) e por todos os estamentos da comunicade educativa (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias). As consellerías CMADS e CEOU achegan as directrices marco e básicas do programa e apoian o proceso con medios materiais e humanos.
•A21EG é un programa marco, fai énfase na forma de facer, con vocación de estar integrada no Proxecto Educativo de Centro e nas diferentes actividades, programas ou plans (TICs, LECTOR, CONVIVENCIA, …)
As actividades xa previstas son:
Nomes das árbores do recinto escolar e situalos no plano; ODM e reciclaxe de Nadal; Carteis, punto de intercambio e colectores de envases; Presentación Power Point de 1º de Bacharelato ( Economía) e traballo sobre desenvolvemento sustentábel; adopción das árbores do recinto escolar; concurso outra vida… de CAS.
Imprimir este Artigo
Club de Lectura
LECTURAS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE
Durante o segundo trimestre dúas son as lecturas que imos compartir no Club de Lectura. Paso a deixaros as reseñas dos libros.
Se algún dos membros non ten todavía o seu exemplar, que pase pola biblioteca a recollelo.
1º,2º,3ºESO
O mundo tal e como o coñecíamos non existe, está inundado, asolado por unha extraña Plaga e controlado por unha empresa chamada Tempus fugit.Neste mundo vive Hanna, intentando desmantelar a esta empresa, a que odia polo que fixo a súa nai, para o que contará coa axuda dun persoaxe procedente do pasado, Pablo, e de moitas máis persoas das que non se esperaba nada.
4º ESO, BAC E PROFESORES E NAIS
Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.
A POSTA EN COMÚN DAS LECTURAS ESTÁ PREVISTA PARA A VOLTA DAS VACACIÓNS DO ENTROIDO.
Concha Otero e Carmen Vilariño.
Imprimir este Artigo
Dia da Internet Segura

Hoxe, dia 8, celébrase o dia da Internet Segura. Hai moitas iniciativas na rede para acadar un uso seguro . Existen perigos reais e agachar a cabeza fiando todo a sorte non é unha boa idea. Perde uns minutos informándote sobre o uso seguro na rede por exemplo aquí
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo















