Normas de préstamo e utilización de taquillas no curso 2025-2026

NORMAS DE PRÉSTAMO E UTILIZACIÓN DE TAQUILLAS. CURSO 2025-2026
1. Disposición das taquillas
Existen un total de 200 armarios distribuídos na planta baixa e nos relanzos das escaleiras entre a planta baixa e o primeiro andar.
Distribuiranse por zonas segundo os cursos: 1º e 2º ESO; 3º e 4º ESO; 1º e 2º BACH.
2. Tramitación das solicitudes e adxudicación
· Os impresos de solicitude recolleranse en Conserxería o martes 30 de setembro.
· Presentar o documento de solicitude e préstamo na Conserxería do centro correctamente cuberto nun prazo de 2 días desde a entrega do mesmo: mércores 1 e xoves 2 de outubro. Se a solicitude non se entrega no prazo establecido, a persoa solicitante quedará á espera de que sobre algún armario que se lle poida asignar.
A adxudicación realizarase por orde de chegada das solicitudes o luns 6 de outubro.
· Entregar unha fianza de 12 euros (6 se é compartida) cando se lle entreguen as chaves.
· Só se prestarán armarios compartidos; unicamente se pode solicitar un armario individual por enfermidade debidamente acreditada. Ao non haber suficientes armarios, deste xeito beneficiarase máis alumnado.
3. Condicións do préstamo
· O alumnado poderá facer uso dos armarios durante o seguinte período: 2º bacharelato ata o 31 de maio; 1º de bacharelato ata o remate da avaliación ordinaria (9 de xuño) e a ESO ata o 19 de xuño.
· O incumprimento dalgunha das normas de utilización establecidas no punto 4 suporá a perda automática do seu uso.
· Ao presentar a solicitude acéptanse todos e cada un dos requisitos e normas recollidos neste documento.
· Ao rematar o curso, os/as usuarios/as devolverán as chaves segundo as instrucións que se lles dean (día límite para a recollida o 30 de xuño do
presente curso), sendo isto un requisito imprescindible para que se lles devolva a fianza.
4. Normas de utilización dos armarios
· Non está permitido o intercambio de armarios entre o alumnado.
· O instituto non se responsabiliza dos obxectos de valor ou susceptibles de ser subtraídos que o alumnado deixe neles.
· Os danos e/ou roturas exteriores ou interiores son responsabilidade do/a (s) alumno/a (s) adxudicatario do mesmo. O armario ten que ser devolto nas mesmas condicións en que se recibiu.
· Queda prohibido depositar obxectos que polas súas características ou composición poidan ser considerados perigosos, nocivos para a saúde ou contrarios ás normas do centro.
· A dirección do centro resérvase o dereito a abrir os armarios ante a sospeita do incumprimento das normas de uso.
· Só se poden utilizar os armarios na hora de entrada, durante o recreo e á saída. Queda prohibido utilizalos nas horas de clase e entre as clases.
· Se se perde a chave do armario, deberase aboar o custo da nova chave (2 euros) no momento da entrega para poder seguir utilizándoo, de non ser así, pérdese o dereito a usalo.
· Débese comunicar á conserxería do centro calquera estrago que se observe nos armarios (golpes, pechaduras forzadas, etc.). Se a primeira vez que se abre se nota algún, débese comunicar inmediatamente.
· Cando finalice o período de uso, devolveranse 10 euros da fianza (5 para cada persoa se é compartido) unha vez que se comprobe o bo estado do armario.
Documento en .pdf con impreso de solicitude
![]()
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Baremo de acceso para as Seccións Bilingües do departamento de Inglés

BAREMO DE ACCESO PARA AS SECCIÓNS BILINGÜES
2º ESO
Tal e como se pode ler no portal de educación da Xunta de Galicia ,” Este programa supón a organización do ensino dunha área ou materia non lingüística que se cursa dun xeito bilingüe nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira utilizada como mínimo durante o 50% do horario lectivo.”
No IES DO CASTRO, o alumnado das SSBB cursa a materia de Música en 2º ESO.
Co fin de garantir un bo desempeño do programa de Seccións Bilingües, aplicarase o seguinte baremo de cara a admisión de 30 alumnos/as que o soliciten.
- Nota final en inglés acadada en 1º da ESO.
- Nota media acadada en 1ºESO.
3º ESO
No IES DO CASTRO, o alumnado das SSBB cursa as materias de Música e Educación Plástica e Visual (EPV) en 3º ESO.
Observacións: Aquel alumnado de novo ingreso no centro, que acredite ter cursado o ano anterior en Seccións Bilingües ou Plurilingüe, terá acceso directo tanto en 2º como en 3º.

Imprimir este Artigo
Autorización para o uso de imaxes polo centro educativo (actividades non docentes): Documento descargable
![]()
Cubrir e asinar o documento completo (3 páxinas). Pódese imprimir e escanear ou ben cubrilo directamente nun visor de PDF que permita escribir e introducir unha sinatura manual.

autorizacions_e_obradoiros.pdf
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo















