A música -con ‘C’ de creatividade

Publicado o 7 Xullo, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

O día 22 de xuño o alumnado de 1º E asistiu a unha charla no Conservatorio Superior de Música impartida polo pianista galés Geraint Lloyd Davies. No texto seguinte resumo as reaccións do alumnado.

A charla foi entretida, interesante e amena, escoitamos música de calidade e unha voz impresionante, a da soprano Lucía Barreiro Nogaledo de Paz. Foi moi enriquecedor e estimulante coñecer a unha persoa que disfruta tanto da súa profesión como Geraint. Transmitiunos con claridade o concepto de creatividade no ámbito musical e soubo conectar con nós e gañar a nosa atención. A súa forma de explicar a música axudou a que entendéramos conceptos descoñecidos para moitas das persoas que asistimos. Levounos a reflexionar sobre como a persoa que interpreta unha obra musical inflúe nela.

Fixo que as persoas asistentes nos sentíramos identificadas con él e que sentíramos a música como algo espontáneo. Para moitas persoas, foi importante comprender a importancia da ‘concentración’ en moitas actividades. Algunhas persoas citan que lles transmitiu tamén ‘paz’, ou que atoparon a sesión ‘moi poética’ ou que foi divertido ver como unha persoa se podía entusiasmar tanto creando e expresando a música.

Ao ser en inglés non foi fácil para todo o mundo todo o tempo, especialmente algunhas persoas notaron o cansanzo ao final de charla, pero foi todo un éxito que todas as persoas do curso lograron seguir a charla en inglés sen maiores dificultades e tamén participaron con interese no coloquio posterior.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

AI: ‘Esixe dignidade’ por Mar Coto Acosta

Publicado o 16 Xuño, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

 labrega_peru.jpg

Collage: Alberte Zato

 

O pasado xoves, 11 de xuño,  os alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato A e E recibimos a visita de Josefa Ramírez Peña Peña, presidenta do Instituto de Apoio ao Movemento Autónomo de Mulleres Labregas (IAMAMC) de Perú.

A charla,  estivo organizada por Amnistía Internacional, dentro da súa nova campaña internacional “Esixe dignidade”, na que se quere mobilizar ás persoas para presionar así os gobernos, empresas,e todos aqueles grupos que xeran e agudizan a pobreza. O momento é importante, xa que segundo A.I., a recesión económica está agudizando a crise de dereitos humanos.

Neste caso, a conferencia da Presidenta do IAMAMC, centrouse na gran mortalidade materna que existe actualmente no Perú,  país de  orixe de Josefa Ramírez, aunque tamén ocorre no resto de Latinoamérica e no mundo. As profundas desigualdades existentes na sociedade peruana reflíctense en grandes diferencia entre os índices de mortalidade materna das mulleres de zonas ricas e pobres. Josefa informounos de que cada ano morren 500.000 mulleres por complicacións derivadas do parto, e case todas elas poderían terse salvado, xa que estas mortes ocorren pola negativa do personal médico a asistir ás mulleres indíxenas, ou a falta de medios para dar a luz.

A conferencia resultou moi  amena e interesante para o alumnado asistente, que participou con moito interese no coloquio posterior á charla. Entre as persoas asistentes á conferencia encontrábase o grupo de AI do instituto, o cal no vindeiro curso seguirá coas actividades a favor dos dereitos humanos.

Algunhas fotos deste acto

p110609_125201.jpg

p110609_123702.jpg

Se queredes información sobre a campaña “Esixe dignidade”, podédela atopar no seguinte enlace:

http://www.es.amnesty.org/exigedignidad/

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Deportes de competición

Publicado o 18 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

Sports

Un grupo de alumnas e alumnos de CAS, que tamén son deportistas con experiencia en competicións de diverso ámbito, falarán para o alumnado de 2º ESO sobre os seus deportes, como e onde practicalos,  os valores que reforzan, as ventaxes que lles reportan …

Actividade: Presentación oral con soporte dixital

Tema: Deportes de competición

Dirixida a todos os 2º de ESO

Organización: Equipo CAS de deportes de competición

Día: mércores 27 á 8ª hora

Lugar: sala de conferencias

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A miña primeira onda en Patos

Publicado o 14 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

No blog da Escola de Surf de Patos aparece recollida a actividade de 1º da ESO organizada por un grupo CAS de 1º Bacharelato E. Para ver seguir o vínculo

http://patosurfclub.blogspot.com/

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Campionato interno de Balonceso-ESO- Fase final

Publicado o 12 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

I Liga Interna de 1º, 2º e 3º da ESO

 O calendario da FASE FINAL durante este mes de MAIO de 2009 está publicado no taboleiro CAS, ao lado da sala de profesorado. A  gran final está prevista para o día 29 de maio.  A data de entrega dos premios desta competición será anunciada nos días posteriores.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Loreto Blanco Salgueiro por Verónica Poza Nogueira, 1º E

Publicado o 12 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

O mércores 6 de maio as alumnas e alumnos de 1º de bacharelato E recibimos a visita de Loreto Blanco Salgueiro, profesora na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo (fotos da charla no artigo anterior ‘C de Creatividade’).

Na súa conferencia, Loreto mostrounos  a súa serie Pinemas, onde fusiona pintura e poemas. Para isto emprega haikus (poemas xaponeses de tres versos que condensan en moi poucas palabras o esencial dun instante na natureza, como por exemplo, o salto dunha ra), e intenta reflectir no cadro o que estes poemas transmiten.

Ademais, falounos da súa forma de ver a creatividade e o arte.

Como calquera pintor, Loreto encontra na pintura unha forma de expresarse; sen embargo, ela non se limita a pintar sobre un lenzo, senón que emprega diferentes materiais, xoga coas texturas, co tamaño dos cadros, decídese a romper a súa cuadratura e elabora obras como cadros-libro coa intención de que o público teña unha interacción co cadro e non se sinta un mero espectador.

Se queredes saber máis sobre Loreto Blanco Salgueiro, entrade na súa páxina web:

http://loreto.webcindario.com

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

C de Creatividade

Publicado o 8 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

Entre as actividades de CAS, estamos levando a cabo un pequeno ciclo de charlas para achegarnos á creatividade ‘artística’. Contamos para elo coa colaboración de artistas experimentados, persoas recoñecidas nos seus respectivos campos. Exploraremos a creatividade nas artes plásticas, na música e na literatura.

O pasado día 6, tivemos a visita da pintora Loreto Blanco Salgueiro, profesora do Dpto de Pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Loreto Blanco falou do proceso de creatividade na pintura e para ilustrar a súa charla analizou a súa serie Pinemas, que exhibira no ano 1991 na Sala Bacelos de Vigo. Tamén tivemos a oportunidade de ver e ‘tocar’ unha serie de obxetos e ‘libros’ fabricados na mesma época desta serie.

A partir da súa páxina web podemos comprender a traxectoria desta artista:

http://loreto.webcindario.com

loreto

Loreto Blanco, aparte doutras cuestións reveladoras do proceso creativo, falou da importancia da ‘mirada’ e de cómo achegarnos ao cotidiano dun xeito distinto, ‘magnificando’ e admirando cada aspecto e cualidade da realidade que nos rodea. Tamén explicou cómo a ‘conciencia’ da mirada e dos hábitos propios permite explorar novos modos de actuar ou interactuar co mundo ou os materiais utilizados para a creación.

1º E na charla

1º E na charla-2

O próximo día 22 de xuño, nunha das aulas do Conservatorio Superior de Vigo, Geraint Lloyds Davies, pianista galés, residente no noso país dende hai varios anos, falará da música e do seu proceso creativo e executivo. A elección do conferenciante nos permite que a charla sexa en inglés, coa conseguinte práctica desta lingua.

No primeiro trimestre do próximo curso o profesor Román Raña, recoñecido literato, nos achegará ao mundo literario.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Máis colaboracións con ONGs

Publicado o 2 Abril, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

Sábado 28 de febreiro             Día Mundial das Enfermidades Raras

Alumnado de CAS colaborou co desenrolo dunha xornada organizada pola asociación ASEM- Galicia, (Asociación Galega contra las Enfermedades Neuromusculares ) no Museo Verbum.

http://www.asemgalicia.com/index.html

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009030100_2_301551__Gran-Vigo-Pacientes-enfermedades-raras-reclaman-medidas-para-agilizar-diagnosticos

O alumnado colaborador sinala a importancia de colaborar con asociacións deste tipo para, entre outras cousas:

-valorar as propias capacidades

-sensibilizarse e valorar adecuadamente ás persoas discapacitadas ou con enfermidades deste tipo

-enriquecerse axudando á outras persoas

-valorar a importancia da propia saúde

Grazas pola oportunidade!!

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo