Novidades na biblioteca do IES do Castro

Publicado o 19 Febreiro, 2008 na sección Biblioteca por Xulio Dobarro

Con esta sección preténdese manter informada á comunidade educativa do IES DO CASTRO sobre as novidades incorporadas ao fondo bibliográfico para a consulta in situ ou para o préstamo a domicilio entre todos os que forman a antedita Comunidade.

Xa é de todos sabido que hai algúns libros de consulta obrigada na Biblioteca e outros aos que se pode acceder para o uso a domicilio, e entre estes procúrase que aqueles que son de lectura obrigatoria para as diferentes materias que se conte cun número o máis elevado posible porque como é habitual coincide a demanda do mesmo título como mínimo en todo un grupo, aínda que se procura alternar os títulos ao longo do curso entre os distintos grupos do mesmo nivel. Por iso é tan importante que se saiba que polo feito de que o profesorado esixa a lectura dun determinado título non supón obrigatoriamente a compra dese libro, senón que o que se esixe é que o lea e que polo xeral soe disporse de varias unidades.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Club de Lectura IES do Castro

Publicado o 17 Febreiro, 2008 na sección Biblioteca por Xulio Dobarro

Desde a presentación ao concurso de proxectos para a creación de clubs de lectura en centros dependentes da Consellería de educación, o IES do Castro veu traballando primeiro para que lle fose concedida a axuda económica e a partir de aí na captación de persoas vencelladas á Comunidade educativa do centro que manifestasen interese pola lectura.

O primeiro grupo xa está a traballar con alumnado de ESO e para iso entregáronse o xoves 14 de febreiro os primeiros exemplares da novela “O neno do pixama a raias” en edición galega e castelá. O vindeiro xoves vinte e catro deste mes temos a posta en común para abordar aspectos vinculados á obra.

A intención do club é que se sumen máis persoas para constituír diferentes grupos de traballo, é dicir, que puidera haber, como mínimo outro grupo de alumnado de Bacharelato, e outro de nais/pais. Así que desde aquí a nosa chamada de atención sobre todos os colectivos implicados na tarefa de ensinar e aprender para que entre todos contribuamos a mellorar os resultados na expresión e comprensión lectora. Non nos cabe a menor dúbida que na medida que se perfeccionen estas dúas tarefas estaremos a mellorar os resultados xerais de aprendizaxe.

Calquera persoa vencellada por algún motivo ao centro e que estea interesada na dinamización da lectura que non dubide en poñerse en contacto coas persoas responsables da Biblioteca porque seguramente serán atendidas as súas suxerencias ou peticións.

Os pasos que se están a dar no presente curso académico en relación co plan lector/club de lectura iniciáronse coa creación das bibliotecas de aula de 1º e 3º de ESO e agora centraremos os esforzos,tanto materiais como humanos, na dinamización do club de lectura.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A procura do falso grial. M. Forcadela.

Publicado o 13 Febreiro, 2008 na sección Biblioteca por Xulio Dobarro

A orixinalidade desta novela, á marxe da conxunción de temas aparentemente inconexos, radica na advertencia desde o título de que o obxecto da busca é falso e, polo tanto, o detective privado Toni Barreiro, de longa experiencia neste tipo de investigacións, vai ter que asesorarse co propio autor para aclarar se o motivo da busca ten algunha base cultural ou é unha loucura máis coma na que acabaran algúns dos cabaleiros da Táboa redonda.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O Neno do Pixama a Raias

Publicado o 13 Febreiro, 2008 na sección Biblioteca por Xulio Dobarro

O NENO DO PIXAMA A RAIAS: JOHN BOYNE; tradución ao galego de Daniel Saavedra, Narrativa K 2007, Edit. Faktoría de libros. Vigo.

¿Queda algo por dicir dun libro que desde a súa aparición en 2006 en Irlanda leva acaparado mes tras mes os primeiros postos de ventas e está a converterse nun dos máis populares do panorama editorial e segue a ser obxecto de reedicións en case todas as linguas modernas?

Pois ben, a primeira sorpresa coa que se vai atopar o posible lector é que o autor solicitou das diferentes editoriais que se abstivesen de dar unha reseña que, por outra parte é o habitual en case todas as publicacións, na contraportada, pero nesta ocasión dinos o editor que non se nos adiante o miolo da narración para que sexa o lector quen se adentre nunha nova aventura porque o libro que ten entre as mans é moi difícil de difinir e que pode anular a experiencia da súa lectura se se nos anticipan acontecementos. ¿Verdade ou habilidade editorial? O caso é que a historia non ten refugallo ningún e ademais consegue involucrar a moitos lectores.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O blogue da Biblioteca

Publicado o 31 Outubro, 2007 na sección Lingua e Literatura galegas, Lengua y Literatura castellanas, Biblioteca por Alberte Zato
O Blogue da Biblioteca

Visita e participa no novo Blogue da Biblioteca do IES do Castro

Nel podes atopar as novidades editoriais de interese, enviar as túas impresións e comentarios sobre libros e pasalo moi ben no mundo máxico e enriquecedor da Literatura.

http://iesdocastro-biblioteca.blogspot.com

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo