A conxuración de Catilina III

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel

Fermoso é obrar a prol da república e tampouco é absurdo escreber ben: cumpre facerse ilustre ou na paz ou na guerra; e os que obraron e os que escreberon os feitos, moitos son louvados. E a min, certamente, aínda que non se dea igual gloria ao escritor e ao autor dos feitos, non obstante ante todo parece máis árduo escreber os feitos históricos: primeiro, porque os feitos deben de estar ao mesmo nivel que as palabras; e logo, porque a maioría considera o que reprendes como faltas, como dito pola malquerencia e a envexa; cando fas memoria da gran virtude e gloria dos bos, o que cadaquén pensa que lle é doado de facer, cólleo con espírito sereo; o demais considérao falso, tal que enteveadas.

Pero eu, rapazolo nos comezos, como case todos, dinme con dedicación á cousa pública, e aí moitas cousas fóronme contrarias. Pois en troques do pudor, en troques da abstinencia, en troques da virtude, prevalecían a audacia, o despilfarro, a avareza. Isto, aínda que o meu espírito, non afeito ás mas artes, desprezábao, non obstante entre tantos vicios a miña tenra edade mantíñase corrompida pola ambición: e, aínda que disentise dos maos costumes dos demais, non menos me maltrataba con faladurías e envexas a ambición do honor, xusto a mesma que aos demais.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A conxuración de Catilina II

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel

Así pois, nun principio os reis – pois na terra este foi o primeiro nome do poder-, cada un ao seu xeito, os uns exercitaban o inxenio, os outro o corpo: tamén entón a vída dos homes pasábase sen ambición, a cada quen abondábanlle as súas cousas. Pero, despois de que Ciro en Asia, os lacedemonios e atenienses en Grecia encetaran a someter cidades e nacións, a ter por causa de guerra o pracer de dominar, a considerar a maior gloria no maior poder, só entón prevalecei na guerra o inxenio, adestrado no perigo e nas angueiras. E se a virutde de ánimo de reis e emperadores valese tanto na paz como na guerra, as cousas dos home manteríanse máis equilibradas e consistentes, e non verías nen trastocárense as cousas, nen mudar e mesturarse todo. Pois doadamente retense o poder con tales artes, xunto coas que desde o comezo foi parido. Pero cando irrumpen en troques do traballo a desidia, en troques da continencia e da equidade a ambición e a soberbia: a fortuna muda á par dos costumes. Así, o poder sempre pasa do menos válido a outro mellor.

O que os homes aran, navegan, edifican, todo obedece á virtude. Pero moitos mortais, dados ao bandullo e ao sono, pasan a vida como ambulantes, ignorantes e incultos: a estes realmente o corpo servíulles de pracer, o espírito de canga. Eu considero xustas as súas vida e morte, porque dunha e doutra gárdase silenzo. Pois en verdade penso que só vive e disfruta do espírito aquel que, dedicado a algunha actividade, procura a fama das fazañas ilustres ou das boas artes. Pero na gran abondanza das cousas, a cadaquén a natureza amosa o seu camiño.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A conxuración de Catilina I

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel

Está ben que todos os homes que desexen avantaxar os restantes seres vivos, co máximo empeño fagan por non pasaren a vida en silenzo como o gando que a natureza deseñou abaixados e escravos do ventre. Pero toda a nosa forza reside no espírito e no corpo; e máis ben usamos do poder do  espíritu e da servidume do corpo: un énos común cos deuses, a outra coas bestas. Por isto paréceme que é máis correcto procurarmos a gloria máis coas forzas do intelecto que coas do corpo e, xa que a mesma vida da que gozamos é breve, facermos a memoria de nós o máis duradera posíbel. Pois a gloria das riquezas e da beleza é pasaxeira e fráxil; a virtude posúese preclara e eterna.Pero durante moito tempo houbo entre os homes un gran debate sobre se as cousas militares progresan máis pola forza física ou polo valor do espírito. Pois non só antes que comeces cúpreche un pranexamento, senón tamén, cando teñas un proxecto, unha actuación rápida. Así, ambas as dúas cousas, sendo de seu incompletas, precisan a unha do auxilio da outra.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O Rapto das sabinas

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Sinopse histórica de Roma

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Institucións romanas

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O Coliseo

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Análise sintáctica

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel

analise-sintactica.ppt

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo