Aclaracións da Consellería de Educación sobre o final de curso 2022-2023 na ESO e Bacharelato

A falta das concrecións de datas e horarios que a xunta directiva e órganos colexiados do IES do Castro confeccionarán no seu intre, estas son as aclaracións que ofrece a Consellería de Educación sobre a nova normativa de avaliacións finais na ESO e Bacharelato.
Fican publicadas aquí para xeral coñecemento da comunidade educativa deste instituto.

aclaracions_aspectos_final_do_curso_20230112_gal.pdf
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Reunión de titores/as da ESO e 1º de Bacharelato coas familias -titores legais- do alumnado

REUNIÓN TITORES/AS DA ESO E 1º BAC COAS FAMILIAS.
Día: xoves 13 de outubro de 2022 as 19 horas.
Lugar: cada titor/a recibirá as familias na aula correspondente de cada grupo ao que pertenza o alumno/a.
Imprimir este Artigo
Información sobre o comezo do curso 2022-2023

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2022-2023
-
- XOVES 8 DE SETEMBRO: PRESENTACIÓNS (detalladas máis abaixo)
- VENRES 9 DE SETEMBRO: COMEZO DAS CLASES (de 9.00 a 14.30 h)
RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 1º DE ESO
- 11.00-12.30 PORTA LATERAL (FRONTE ÁS PISTAS DEPORTIVAS DO CONCELLO)
Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.
O titor ou titora de cada grupo irá chamando por orde de lista ao alumnado e ao rematar subirán á aula que lles foi asignada, onde se lles dará información pertinente sobre o desenvolvemento do curso escolar.
1º ESO A: aula 102 (1ª planta)
1º ESO B: aula 103 (1ª planta)
1º ESO C: aula 104 (1ª planta)
1º ESO D: aula 105 (1ª planta)
RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE ESO
- 11.00-12.00 PORTA LATERAL (FRONTE ÁS PISTAS DEPORTIVAS)
Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.
O titor ou titora de cada grupo irá chamando por orde de lista ao alumnado e ao rematar subirán á aula que lles foi asignada, onde se lles dará información pertinente sobre o desenvolvemento do curso escolar.
2º ESO A: aula 106 (1ª planta)
2º ESO B: aula 107 (1ª planta)
2º ESO C: aula 101 (1ª planta)
RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 3º DE ESO
- 12.00-13.00 PORTA LATERAL (FRONTE ÁS PISTAS DEPORTIVAS)
Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.
O titor ou titora de cada grupo irá chamando por orde de lista ao alumnado e ao rematar subirán á aula que lles foi asignada, onde se lles dará información pertinente sobre o desenvolvemento do curso escolar.
3º ESO A: aula 202 (2ª planta)
3º ESO B: aula 203 (2ª planta)
3º ESO C: aula 204 (2ª planta)
RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 4º DE ESO
- 12.00-13.00 PORTA DA FACHADA PRINCIPAL
Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.
O titor ou titora de cada grupo irá chamando por orde de lista ao alumnado e ao rematar subirán á aula que lles foi asignada, onde se lles dará información pertinente sobre o desenvolvemento do curso escolar.
4º ESO A: aula 217 (2ª planta)
4º ESO B: aula 216 (2ª planta)
4º ESO C: aula 215 (2ª planta)
4º ESO D: aula 218 (2ª planta)
RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO
- 13.00-14.30 PORTA DA FACHADA PRINCIPAL
Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.
O alumnado debe consultar as listas na porta de entrada para saber o grupo no que está.
1º BACHARELATO A: aula 212 (2ª planta)
1º BACHARELATO B: aula 211 (2ª planta)
1º BACHARELATO C: aula 210 (2ª planta)
1º BACHARELATO D: aula 209 (2ª planta)
1º BACHARELATO INTERNACIONAL: aula 201 (2ª planta)
RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO
13.30-14.30 PORTA DA FACHADA PRINCIPAL
Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.
O alumnado debe consultar as listas na porta de entrada para saber o grupo no que está.
2º BACHARELATO A: aula 214 (2ª planta)
2º BACHARELATO B aula 213 (2ª planta)
2º BACHARELATO C aula 208 (2ª planta)
2º BACHARELATO D: aula 207 (2ª planta)
2º BACHARELATO INTERNACIONAL: aula 206 (2ª planta)
Información en

informacion-comezo-curso-2022-23.pdf
Imprimir este Artigo
Publicación das listaxes provisionais da admisión de alumnado para o curso 2022/2023

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO IES DO CASTRO PARA O CURSO 2022/2023.
Ø venres 22 de abril no taboleiro de anuncios do propio centro educativo.(NON SE FACILITARÁ INFORMACIÓN TELEFÓNICA).
RECLAMACIÓNS:
Ø As puntuacións detalladas poderán consultarse na secretaría do centro de 9.00 a 14 dende o venres 22 ata o xoves 28 de abril.
Ø As reclamacións ás listaxes poderanse presentar ata o Venres 29 de abril en horario de 9.00 a 14.00 na secretaría do centro.
Ø O prazo de Resolución das reclamacións é de 5 días hábiles.
DATAS DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS:
- Antes do 15 de maio de 2022
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Protocolo de adquisición, características e uso das máscaras para o alumnado beneficiario das mesmas

Estimadas familias :
Segundo a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria no curso 2020/21 será beneficiario das máscaras , directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar.
A Dirección Xeral de Centros e RRHH mandou unha serie de instrucións para a compra destas máscaras por parte dos centros : Tipoloxía das máscaras – Máscaras hixiénicas reutilizables segundo especificacións UNE 0065 para uso do alumnado. Empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas. Non poderán levar ningún tipo de inscrición ou serigrafía.
Adquiriranse 3 ou 4 por alumno/a en función da súa durabilidade ( número de lavados ) , e dos días lectivos que resten de curso.
O noso centro mercou 3 por estudante polas características das máscaras . Teñen 70 lavados e poden ser usadas durante 210 días de clase . Recomendamos non usar estas máscaras durante as vacacións e fins de semana.
Un saúdo da dirección do IES DO CASTRO
Imprimir este Artigo
Comunicado ás familias sobre los casos de contaxio Covid-19 no instituto | 3 casos até data 18-10-2020
Desde o IES do Castro queremos amosar o noso apoio ao alumnado afectado pola Covid-19 e ás súas familias nestes difíciles momentos.
Asemade, queremos agradecerlles a súa pronta reacción en canto se detectou o primeiro caso positivo, xa que a inmediata información tanto ao centro como aos posibles contactos permitiu adoptar as medidas pertinentes desde o primeiro momento, mesmo antes de que o centro recibise a notificación oficial do primeiro caso por parte das autoridades sanitarias.
Non temos dúbida de que, xunto coas normas de seguridade do centro, que están a funcionar correctamente, foi a actuación dilixente e responsable do alumnado e das familias implicadas o que evitou que esta situación se propagara máis.
Reiteramos a nosa confianza no bo funcionamento das medidas adoptadas no noso centro, e pedimos a todas as familias que, tal e como se fixo neste caso, nos manteñan sempre informados de calquera incidencia, xa que unha intervención rápida pode marcar a diferencia.
Lembramos ás familias a obrigatoriedade de incorporar na súa rutina a realización da autoevaluación diaria antes de asistir ao Centro.
CARTA ÁS FAMILIAS CON INFORMACIÓN IMPORTANTE
descargable en
comunicado_familias_casos_covid_19_outubro.pdf
Imprimir este Artigo












