Inicio do curso: Instrucións sobre entradas e saídas diarias do alumnado
Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1
Descarga do documento

instrucions-entradas-e-saidas-diarias-alumnado.pdf
Teclee debaixo no campo da lupa o termo a procurares e prema na lupa ou na tecla Intro do seu teclado




BENVIDA DE SETEMBRO
Aconsellamos visitar a nosa páxina web estes días, antes do comezo de curso, onde iremos publicando toda a información sobre o inicio e as normas e medidas que vaian saíndo.
1º ESO Alumnado novo
Benvidos a todo o novo alumnado. Queremos darvos a benvida ao noso centro. Gustaríanos que as cousas fosen doutro xeito, noutra situación, pero, aínda que nos toca vivir estes tempos complicados, intentaremos pór todos os medios para recibirvos o mellor posible.
Queremos que vos sintades acollidos e esperamos que teñades un bo curso no noso instituto, que axiña será o voso tamén. Temos preparadas todas as medidas de seguridade (lembrade que sempre teredes que estar con máscara) e xa vos explicaremos dende o primeiro día como tedes que entrar, movervos e saír do centro para vir a clase con garantías. Depende de todas e todos nós que poidamos estar no centro con tranquilidade.
Todos os días de clase deberedes traer máscara posta e outras de reposto nunha bolsiña na mochila, un xel hidroalcólico e panos desbotables (aínda que tamén teremos nas aulas para uso de todas e todos). Podedes traer merenda para o recreo.
O primeiro día recibirémosvos os membros do equipo directivo e os/as vosos/as titores/as e, ao longo da semana , iredes coñecendo ao resto do profesorado. Xa estaremos esperándovos na porta A , a do Mural botánico, para ensinarvos o camiño que deberedes facer todos os días ata chegar ás aulas. Un caderno e un bolígrafo tamén vos farán falta para anotacións, copiar horario etc.
Benvidos e benvidas ao IES do Castro . Esperamos que pasemos un bo curso e que todo o alumnado e profesorado colaboremos conxuntamente. Se tedes calquera dúbida podedes comentala na clase cos vosos profesres/as, titores/as ou Equipo Directivo.
Comeza a conta atrás para vernos e coñecernos! Esperámosvos con moita ilusión!
A xunta directiva do IES do Castro
Imprimir este Artigo
Descarga do documento

instrucions-entradas-e-saidas-diarias-alumnado.pdf
Imprimir este Artigo
CALENDARIO SETEMBRO DE 2º BACHARELATO - ALUMNADO
➢ Exames extraordinarios: Martes 1 e Mércores 2 de setembro (ver horarios achegados).
➢ Entrega de notas: Xoves 3 de Setembro ( entrega dixital Abalar ).
Os boletíns de cualificacións en papel recolleránse en Administración a partir das 12:00 (Instrucción anulada debido ás medidas de prevención anti-Covid19).
➢ Reclamacións:
○ Revisión de exames e aclaración sobre notas Xoves 3 de setembro ás 18:15 a 19:00
○ Prazo reclamacións (mediante entrega de documento a recoller en administración) Venres 4 de setembro até as 14:00 horas
○ Notificación resolución das reclamacións : Luns 7 de setembro antes das 12:00 horas
○ Reclamacións á Xefatura Territorial: entregarase no centro o luns 7 de setembro antes das 14:00 horas
○ Resolución das reclamacións por parte de Comisión de Supervisión
○ Matrícula extraordinaria:
○ 2º de Bacharelato: Luns 7 de setembro de 11:00 a 12:00

Imprimir este Artigo
Clique na imaxe para velo a tamaño 1:1
Descarga do documento

normas-e-instruccions-sanitarias-exames-setembro-e-xestions-no-centro.pdf
Imprimir este Artigo

Extracto de la Resolución de 31 de julio de 2020 de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2020-2021, para estudiantes que cursen estudios postobligatorios.

Imprimir este Artigo

Nota de corrección:
Debido ás medidas de protección anti-Covid19 non se entregarán boletíns de cualificacións. Fica anulada a instrucción que facía mención de dita posibilidade.
Información dispoñíbel nestes dous documentos

calendario_exames_de_setembro_2020.pdf
calendario_setembro_eso_e_bacharelato_2020_alumnado_update.pdf
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Descarga do documento

abau-informacion-sobre-accesos-distribucion-de-centros-horarios-e-quendas-de-acceso.pdf
Imprimir este Artigo