Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Fondo solidario LIBROS DE TEXTO e axudas para adquisición de LIBROS E MATERIAL ESCOLAR para o curso 2018/19

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018/19
Para alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
Prazo para presentar as solicitudes ata o 22 de xuño.
O alumnado procedente do CEP Dr. Fleming para 1º de ESO, teñen que presentar a solicitude na secretaría do instituto.
As listas provisionais publicaranse o 10 de xullo e teñen un período de reclamación ás listas de dous días, serian o 11 e 12 de xullo.
Listas definitivas o 14 de setembro
Vigo, 1 de xuño de 2018
Imprimir este Artigo
Premios da Semana Matemática
Parabéns!
CUBO DE RUBIK
1º Premio: Tomás Meira Blanco
2º Premio: Arturo González Medina
ENIGMAS
ESO
1º Premio: Irea Obeso Álvarez
2º Premio: Víctor Chávez García
BACHARELATO
1º Premio ex aequo: Isabel Gradaille Gil e Javier Polo Noche
Moitas grazas pola vosa colaboración e pola vosa participación.
El ángulo recto me ha llegado a parecer el más hermoso que hay entre todos los ángulos, pero es algo intolerante, no admite diálogo nada más que con sus iguales. Ante este poder del ángulo recto, pienso que hay ángulos a su alrededor, desde los 88 hasta los 93 grados, que son casi tan poderosos y al mismo tiempo son más dialogantes, dialogan entre ellos (…). Creo que la virtud está cerca del ángulo recto, pero no en él.
Eduardo Chillida ( Escritos. Ed. La Fábrica, 2005)
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Convocatoria de prazas para Bacharelato Internacional 2018
Convocatoria 2018
Programa do Diploma do Bacharelato Internacional
11 de maio de 2018
O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.
Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que cumpran seguintes requisitos :
- ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).
-ter cursado en ESO as materias do PD nas que se van matricular e ter conseguido unha nota aceptable nas mesmas.
A adxudicación de prazas (*) terá en conta o expediente do alumnado nos catro cursos da ESO.
O prazo para solicitar praza estará aberto a partir do martes 15 de maio ata o venres 15 de xuño .
Realizárase mediante o modelo de solicitude adxunto , que tamén se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación será na Secretaría do IES do Castro ou ben mediante correo electrónico na dirección electrónica castroibo@gmail.com, tendo esta última modalidade plena validez legal.
A resolución da convocatoria será publicada na páxina web do IES do Castro ( http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/ ) así como no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.
En todo caso, para ampliar a información , pódese consultar o tríptico informativo ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional en https://www.ibo.org/es/information-for-parents/ . Ademais, é conveniente que o alumnado interesado, acompañado do seu pai/nai/titor-a asista á reunión informativa que terá lugar no IES do Castro o luns 4 de xuño ás 19:00.
Para formalizar a matrícula requerirase a seguinte documentación, aparte da ordinaria para o Bacharelato LOMCE:
1 - informe académico positivo da Xunta de Avaliación de 4º ESO ou do titor/a deste curso (en caso de alumnado procedente doutros centros escolares), segundo o modelo adxunto.
2- Compromiso asinado polo alumnado, así como pai/ nai/ titor legal de que permanecerán no PD durante os dous cursos correspondentes, salvo circunstancias excepcionais, segundo modelo adxunto.
(*) A oferta final de prazas está suxeita ás posibilidades organizativas do Centro en virtude das disposicións da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, polo que o alumnado admitido non deberá renunciar á praza que teña solicitado polo conduto ordinario antes de formalizar a matrícula neste Centro.
Descarga dos documentos citados
convocatoria-prazas-bi-2018.pdf
triptico-informativo-2018-2019.pdf
Imprimir este Artigo

















