Convocatoria de prazas para Bacharelato Internacional 2018

Publicado o 11 Maio, 2018 na sección Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

IB 100

Convocatoria 2018

Programa do Diploma do Bacharelato Internacional

11 de maio de 2018

O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.

Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que cumpran seguintes requisitos :

- ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).

-ter cursado en ESO as materias do PD nas que se van matricular e ter conseguido unha nota aceptable nas mesmas.

A adxudicación de prazas (*) terá en conta o expediente do alumnado nos catro cursos da ESO.

O prazo para solicitar praza estará aberto a partir do martes 15 de maio ata o venres 15 de xuño .

Realizárase mediante o modelo de solicitude adxunto , que tamén se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación será na Secretaría do IES do Castro ou ben mediante correo electrónico na dirección electrónica castroibo@gmail.com, tendo esta última modalidade plena validez legal.

A resolución da convocatoria será publicada na páxina web do IES do Castro http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/ ) así como no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.

En todo caso, para ampliar a información , pódese consultar o tríptico informativo ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional en https://www.ibo.org/es/information-for-parents/ . Ademais, é conveniente que o alumnado interesado, acompañado do seu pai/nai/titor-a asista á reunión informativa que terá lugar no IES do Castro o luns 4 de xuño ás 19:00.

Para formalizar a matrícula requerirase a seguinte documentación, aparte da ordinaria para o Bacharelato LOMCE:

1 - informe académico positivo da Xunta de Avaliación de 4º ESO ou do titor/a deste curso (en caso de alumnado procedente doutros centros escolares), segundo o modelo adxunto.

2- Compromiso asinado polo alumnado, así como pai/ nai/ titor legal de que permanecerán no PD durante os dous cursos correspondentes, salvo circunstancias excepcionais, segundo modelo adxunto.

(*) A oferta final de prazas está suxeita ás posibilidades organizativas do Centro en virtude das disposicións da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, polo que o alumnado admitido non deberá renunciar á praza que teña solicitado polo conduto ordinario antes de formalizar a matrícula neste Centro.

 

Descarga dos documentos citados

  .pdf 

convocatoria-prazas-bi-2018.pdf

 triptico-informativo-2018-2019.pdf

solicitude-praza-bi-2018.pdf

 informe-academico-bi.pdf

compromiso-bi.pdf

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo