Día dos Dereitos Humanos

Publicado o 9 Decembro, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

O día 10 de decembro celébrase o Día Mundial dos Dereitos Humanos.Neste documento recóllense os dereitos básicos, adoptados pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, o 10 de decembro de 1948.

No seguinte enlace podedes consultar esta Declaración integra.

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

   3922e97b2433c3a5_o.jpg

PREME NA IMAXE PARA VER PRESENTACIÓN

Na biblioteca haberá selección de libros e Dvds relacionados con esta conmemoración.

Para más información podedes entrar no blog da biblioteca premendo no seguinte enlace:

BIBLIOTECA IES DO CASTRO

XOGO INTERACTIVO 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Samaín na biblioteca

Publicado o 29 Outubro, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca, Vicedirección por Carmen Vilariño Agras

Hoxe na biblioteca celebramos o Samaín. A terceira e cuarta hora, o alumnado de 1º ESO xunto coas súas profesoras baixaron a biblioteca. Despois de escoitar o significado e as orixes do Samaín, Irene , a vicedirectora, contounos unha historia , A pantasma do Castro.

Aquí están as fotos desta entretida mañá de Samaín

samain2010-2011-copiar.jpg

                                           

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Tempo de Samaín

Publicado o 27 Outubro, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

o 31 de outubro celébrase o Samaín. Noite de bruxas, sapos e díaños.Nesta noite, din que se aproximan dous mundos, o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.

Pero, que é o Samaín?.

 A noite do 31 de outubro, celebrábase o aninovo celta, o paso do outono ao inverno. Os druídas, a súa casta sacerdotal, cocían baias nos caldeiros e facían pocimas máxicas e curativas.

Nos días previos todas as familias facían sacrificios de animais, unha especie de matanza, non só,como un acto relixioso, senón tamén para aprovisionarse cara ao duro inverno.

 Iluminaban as súas casas para que as ánimas dos seus antepasados non se perderán na escuridade da noite e puidesen chegar ao seu fogar.

A historia da caveira:

Nun pobo irlandés vivía un monxe chamado Jack. Era un home alto, fraco, e coñecido polas súas maldades.Conscente da súa condición mortal , fixo un pacto co demo.Cando chegara a súa derradeira hora, non iría ao inferno.Cando morreu, non conseguíu entrar no ceo e reclamoulle ao demo. Este nada puido facer, só déulle un nabo oco, cheo de carbón, para se iluminar mentras a súa ánima encontraba un lugar para o seu descanso.Dende este momento pasou a ser coñecido como Jack o da lanterna.

Cando os colonos irlandeses chegaron a América, levaron consigo as súas tradicións, entre elas, a historia de Jack o da lanterna. Ao chegar coñeceron a cabaza, e pouco a pouco substituiron o nabo por unha cabaza, que cortaban, baleiraban, decoraban en forma de monstro e puñianlle dentro velas para espantar a ánima de Jack que por sempre segue a buscar un fogar onde facer reposar a súa ánima  

 

samain_cabazas.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Recursos electrónicos

Publicado o 14 Outubro, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

 

 

 

ordenador.gif

 

 

O OPAC MEIGA ofrece a todos aqueles usuarios de bibliotecas pertencentes a rede de bibliotecas de Galicia a utilizacion de recursos electrónicos a través da páxina da nosa biblioteca.

Para acceder a nosa biblioteca, consultar os seus fondos e ter acceso a estes recursos electrónicos, buscadores web e outros enlaces de interes:

 meiga.jpg

CATÁLOGO MEIGA

Unha vez na páxina consulta do catálogo da biblioteca, no directorio da ezquerda, imos a recursos web, entramos e estamos nos recursos electrónicos

RECURSOS ELECTRÓNICOS

Os recursos ofrencen enciclopedias, dicionarios, etc, de modo gratuito.

Ao seleccionar calqueira deles pediranos o código de usuario e contrasinal.

IDENTIFICACIÓN USUARIO

CÓDIGO USUARIO: Número de lector da biblioteca.

CONTRASINAL:  O primeiro apelido.

Cando apareza de novo a pantalla de recursos xa temos acceso a eles. 

Quen non sepa o seu número de lector, pode consultar o listado que hai no tablón da biblioteca, ou ben, preguntar aos profesores/as.

Recordade que nesa mesma páxina do catálogo, podedes tamén consultar os fondos da bibliotca nas pestanas da parte superior. . Só tedes que poñer o título no icono e presionar sobre a lupa de búsqueda. Senón sabedes o título exacto, é mellor que busquedes premendo en FRASE OU TEXTO. De este xeito e máis sinxela a búsqueda

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

CLUB DE LECTURA

Publicado o 22 Setembro, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

Está aberto na biblioteca o prazo de inscripción para todo/as os que queirades apuntarvos ao CLUB DE LECTURA.

Pódese inscribir non so o alumnado, é un club aberto a toda a comunidade educativa, profesorado, pais e nais…

Se vós interesa, apuntádeos na biblioteca.

Se necesitades algún tipo de información ,  resolveremos calqueira tipo de dúbida. Preguntade aos profesores da biblioteca.

vive-lendo.jpg

    

  O prazo para se inscribir remata

             o 15 de Outubro.

                                                                                                                              

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A biblioteca abre as súas portas

Publicado o 21 Setembro, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

subir.jpg biblio.jpg subir-i.jpg

Iniciamos un novo curso e a biblioteca abre as súas portas , un novo curso comenza. Unha boa maneira de comezar, é dar a benvida a todos os membros da comunidade educativa e, de xeito especial, aos novos profesores/as e ao novo alumnado que neste momento incorpóranse ao centro. Os profesores e profesoras que formamos o equipo de biblioteca estaremos a vosa disposición. Nos próximos días, intentaremos dar a coñecer a biblioteca e o seu funcionamento ao alumnado de nova incorporación.

HORARIO DE EMPRÉSITOS E DEVOLUCIÓNS

Luns a venres en horario de recreo

Martes e xoves en horario de 16 : 30 ata 19 h.

PARA NON SE PERDER NA BIBLIOTECA

plano.jpg

clique na imaxe

LEMBRADE TODOS AQUELES QUE NO VERÁN LEVÁCHEDES LIBROS EN PRÉSTAMO QUE TEDES QUE PASAR POLA BIBLIOTECA PARA A SÚA DEVOLUCIÓN

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entrega de premios Letras Galegas e competicións deportivas

Publicado o 14 Xuño, 2010 na sección Club de lectura, Normalización e Dinamización Lingüística, Biblioteca, Vicedirección por Carmen Vilariño Agras

O mércores día 9 de xuño entregáronse no salón de actos do centro os premios das Letras Galegas e os premios das distintas competicións deportivas que se levaron acabo durante o presente curso. Foron premiados os alumnos/as que participaron nas distintos concursos das Letras Galegas, concurso de video e caligramas. O premio de coplas dos maios recaeu na profesora Concha Otero, que agradeceu ao xurado este reñido e importante premio.O alumnado que participou nas competicións deportivas recibiu os seus trofeos despois de un curso de animada disputa deportiva.

O salón de actos estaba repleto de alumnado e mesmo de profesores e profesoras que acompañaron aos premiados, en recoñecemento do seu esforzo e bo facer.

Parabéns a todos os galardonados/as e moito ánimo para seguir colaborando nos diferentes concursos e actividades deportivas que no vindeiro curso sexan organizadas para todos vós.

premios-letras-galegas.jpg

Clique na imaxe para vela a tamaño completo

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

VERÁN DE LER, VERÁN DE LECER

Publicado o 13 Xuño, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Xulio Dobarro

0035.jpg

Marcos Calveiro presentando a súa novela O canto dos peixes ao alumnado de 1º da ESO

BIBLIOTECA:    VERÁN  DE LER, VERÁN DE LECER

Cando se publicou o cartafol anterior da Biblioteca, coincidía este coa primavera e desexabamos mil primaveras máis para a lingua e a lectura porque os tempos non eran moi propicios nin para unha, nin para a outra; agora que estamos ás portas do verán é hora de facer balance do curso e tamén de recordar que  o estío non é para esquecer os hábitos de lectura  adquiridos aínda que algunhas  das lecturas fosen  obrigatorias e outras por lecer.

En canto á avaliación hai que lembrar que este é o primeiro curso no que a BIBLIOTECA ten existido no sentido máis amplo da palabra e, polo tanto, tamén, en certo modo, de asentamento e de aplicación de todos os recursos que co Plan de mellora de Bibliotecas se levan realizado nas dúas últimas edicións en canto a equipamento e infraestrutura. Polo tanto, cremos que hai moitas cousas por facer, pero tamén unha certa satisfacción do deber cumprido por parte das persoas que integran o equipo de Biblioteca e que no vindeiro curso deberemos poñer en práctica o Plan lector do centro no que hai que contar de xeito ineludible co equipo de profesorado e,de maneira especial, cos responsables dos Departamentos. Vaia desde aquí a chamada a todos nós para que ese Plan sexa unha realidade. Non esquezamos que, á parte de que se estea de acordo ou non co Decreto que regula os centros de Secundaria, todos os Departamentos deben contar cun  programa de lecturas para a ESO e reservar semanalmente un tempo á LECTURA. O verán pode ser unha boa ocasión para iniciar esa escolma de lecturas e propoñelas para o novo curso.ADIANTE.  

Marcos anuncia a aparición das seguintes novelas: O sombreiro de malvas e Settecento, as dúas en Edicións Xerais.     

ACTIVIDADES

O fomento da lectura por parte da Biblioteca parece unha obviedade, pero non o é tanto se temos en conta que aquela ten na actualidade outra dimensión en canto aos soportes da información e da formación de opinión. Os libros, as revistas, os xornais, os cómics, os Dvd son importantes, pero tamén o é a Internet, e a pouco que isto siga así xa logo haberá que pensar no libro dixital. Pero, quizais tanto ou máis importante é o uso adecuado deses recursos e para iso está a formación de usuarios para que de xeito crítico se saiban achegar a todos eles. Niso estamos.Amén dos innumerables concursos e exposicións de materiais bibliográficos cando así se aconsellou (Letras galegas, Día mundial da poesía, Día do libro, Caligramas, etc.)

LIBROS - FOLERPAS DE NOVONEYRA. BIOGRAFIA E ANTOLOXIA LIBROS - UXIO NOVONEYRA

Outras vías para fomentar a lectura son, por exemplo, a existencia dun CLUB DE LECTURA, que desde hai tres anos vén funcionando no Instituto e no que veñen participando, con mellor ou peor fortuna, todos os sectores da Comunidade educativa. A dinámica desta edición pasou polo comentario de tres obras, entre as que destacamos a de Marcos Calveiro, Festina lente, que ademais de contar coa súa presenza tamén foi unha das razón para viaxar a Santiago e visitar algúns dos lugares polos que se moven os protagonistas. O grupo de “infantil” abordou lecturas máis en consonancia coa idade: “O neno do pixama a raias” e  ”Endrina ou o segredo do peregrino”.De cara ao VERÁN  o que imos propoñer aquí só son unhas pequenas suxerencias e informar de que periódicamente se veñen adquirindo materiais, sobre todo LIBROS, pero non exclusivamente.Por exemplo, se ten incrementado de xeito exponencial a incorporación de DVDs, algúns clásicos e outros moi actuais. Non somos quen de dicir o que se debe ler, pero si o que está disponible para ler ou ver.NOVIDADES:

Cando empregamos neste contexto o termo NOVIDADES é para referirnos non tanto aos títulos de actualidade, -que tamén-, pero sobre todo para informar dos libros recibidos, porque pode ser algún que non existise e que se considera fundamental para unha Biblioteca escolar.                                   

   Lingua galega

Foron varios os traballos de investigación e reedicións da obra do poeta Uxío Novoneyra,homenaxeado nesta edición das Letras galegas, e que o Instituto realizou a súa peculiar homenaxe coa visión ofrecida por profesorado e alumnado. O que queira  pode pasar pola Biblioteca para ver case todo o que se publicou sobre el.

E iniciamos esta escolma coa recén publicada obra de Marcos Calveiro :O pintor do sombreiro de malvas e Settecento, ambas as dúas en Xerais.

 Paula Carballeira: O lobishome de Candeán. Galaxia                                                 

LIBROS - OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ LIBROS - KAFKA E A BONECA VIAXEIRA

J.Sierra y Fabra: Kafka e a boneca viaxeira.

Edit. GalaxiaJaureguizar: Corazón de chocolate. Edic. Xerais

A.  Fariña: Megatoxos e a espada esmeralda. A nosa terra.

Carlos Freire: Acio sanguento. Edic. Xerais

Agra: O recendo das mimosas. Edic. Xerais

CASTELÁN:   

Ensaio:  

 La caballería  // Antes del big bang

A. Manguel: El legado de Homero. Edit. Debate.              

 FICCIÓN:               

 LIBROS - LEER ESPAÑA: UNA HISTORIA LITERARIA DE NUESTRO PAIS LIBROS - LOS OJOS AMARILLOS DE LOS COCODRILOS

 

S. Meyer: La segunda vida de Bree Tanner. Edit. Alfaguara

Varios: Cada vez más extraña-Emily. Edit. SM

K. Pancol: Los ojos amarillos de los cocodrilos. La esfera de los libros

E. Kedros: Chicas del Olimpo. Dit. El molino.

R. Saviano: Gomorra. Edit. De Bolsillo                       

                         Ollo! Non están todos. Acude á Biblioteca!

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo