VERÁN DE LER, VERÁN DE LECER

Marcos Calveiro presentando a súa novela O canto dos peixes ao alumnado de 1º da ESO
BIBLIOTECA: VERÁN DE LER, VERÁN DE LECER
Cando se publicou o cartafol anterior da Biblioteca, coincidía este coa primavera e desexabamos mil primaveras máis para a lingua e a lectura porque os tempos non eran moi propicios nin para unha, nin para a outra; agora que estamos ás portas do verán é hora de facer balance do curso e tamén de recordar que o estío non é para esquecer os hábitos de lectura adquiridos aínda que algunhas das lecturas fosen obrigatorias e outras por lecer.
En canto á avaliación hai que lembrar que este é o primeiro curso no que a BIBLIOTECA ten existido no sentido máis amplo da palabra e, polo tanto, tamén, en certo modo, de asentamento e de aplicación de todos os recursos que co Plan de mellora de Bibliotecas se levan realizado nas dúas últimas edicións en canto a equipamento e infraestrutura. Polo tanto, cremos que hai moitas cousas por facer, pero tamén unha certa satisfacción do deber cumprido por parte das persoas que integran o equipo de Biblioteca e que no vindeiro curso deberemos poñer en práctica o Plan lector do centro no que hai que contar de xeito ineludible co equipo de profesorado e,de maneira especial, cos responsables dos Departamentos. Vaia desde aquí a chamada a todos nós para que ese Plan sexa unha realidade. Non esquezamos que, á parte de que se estea de acordo ou non co Decreto que regula os centros de Secundaria, todos os Departamentos deben contar cun programa de lecturas para a ESO e reservar semanalmente un tempo á LECTURA. O verán pode ser unha boa ocasión para iniciar esa escolma de lecturas e propoñelas para o novo curso.ADIANTE.

Marcos anuncia a aparición das seguintes novelas: O sombreiro de malvas e Settecento, as dúas en Edicións Xerais.
ACTIVIDADES
O fomento da lectura por parte da Biblioteca parece unha obviedade, pero non o é tanto se temos en conta que aquela ten na actualidade outra dimensión en canto aos soportes da información e da formación de opinión. Os libros, as revistas, os xornais, os cómics, os Dvd son importantes, pero tamén o é a Internet, e a pouco que isto siga así xa logo haberá que pensar no libro dixital. Pero, quizais tanto ou máis importante é o uso adecuado deses recursos e para iso está a formación de usuarios para que de xeito crítico se saiban achegar a todos eles. Niso estamos.Amén dos innumerables concursos e exposicións de materiais bibliográficos cando así se aconsellou (Letras galegas, Día mundial da poesía, Día do libro, Caligramas, etc.)

Outras vías para fomentar a lectura son, por exemplo, a existencia dun CLUB DE LECTURA, que desde hai tres anos vén funcionando no Instituto e no que veñen participando, con mellor ou peor fortuna, todos os sectores da Comunidade educativa. A dinámica desta edición pasou polo comentario de tres obras, entre as que destacamos a de Marcos Calveiro, Festina lente, que ademais de contar coa súa presenza tamén foi unha das razón para viaxar a Santiago e visitar algúns dos lugares polos que se moven os protagonistas. O grupo de “infantil” abordou lecturas máis en consonancia coa idade: “O neno do pixama a raias” e ”Endrina ou o segredo do peregrino”.De cara ao VERÁN o que imos propoñer aquí só son unhas pequenas suxerencias e informar de que periódicamente se veñen adquirindo materiais, sobre todo LIBROS, pero non exclusivamente.Por exemplo, se ten incrementado de xeito exponencial a incorporación de DVDs, algúns clásicos e outros moi actuais. Non somos quen de dicir o que se debe ler, pero si o que está disponible para ler ou ver.NOVIDADES:
Cando empregamos neste contexto o termo NOVIDADES é para referirnos non tanto aos títulos de actualidade, -que tamén-, pero sobre todo para informar dos libros recibidos, porque pode ser algún que non existise e que se considera fundamental para unha Biblioteca escolar.
Lingua galega
Foron varios os traballos de investigación e reedicións da obra do poeta Uxío Novoneyra,homenaxeado nesta edición das Letras galegas, e que o Instituto realizou a súa peculiar homenaxe coa visión ofrecida por profesorado e alumnado. O que queira pode pasar pola Biblioteca para ver case todo o que se publicou sobre el.
E iniciamos esta escolma coa recén publicada obra de Marcos Calveiro :O pintor do sombreiro de malvas e Settecento, ambas as dúas en Xerais.
Paula Carballeira: O lobishome de Candeán. Galaxia


J.Sierra y Fabra: Kafka e a boneca viaxeira.
Edit. GalaxiaJaureguizar: Corazón de chocolate. Edic. Xerais
A. Fariña: Megatoxos e a espada esmeralda. A nosa terra.
Carlos Freire: Acio sanguento. Edic. Xerais
Agra: O recendo das mimosas. Edic. Xerais
CASTELÁN:
Ensaio:
La caballería // Antes del big bang
A. Manguel: El legado de Homero. Edit. Debate.
FICCIÓN:


S. Meyer: La segunda vida de Bree Tanner. Edit. Alfaguara
Varios: Cada vez más extraña-Emily. Edit. SM
K. Pancol: Los ojos amarillos de los cocodrilos. La esfera de los libros
E. Kedros: Chicas del Olimpo. Dit. El molino.
R. Saviano: Gomorra. Edit. De Bolsillo
Ollo! Non están todos. Acude á Biblioteca!
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Concurso Caligramas

Clique na imaxe para aumentar
Concurso de Caligramas Letras Galegas 2010
No pasillo da biblioteca estanse a expoñer durante toda a semana os caligramas feitos polo alumnado que participou no concurso convocado pola biblioteca para celebrar as Letras Galegas. Dende o luns 24 ata o venres 28 de maio, toda a comunidade educativa pode exercer o seu dereito ao voto e así colaborar na elección dos mellores caligrafistas do centro. So tedes que adicarlle un pouco de tempo, ler os caligramas, pedirlle a papeleta de voto aos encargados de biblioteca e votar.
ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN.
Imprimir este Artigo
Letras Galegas 2010
O Día das Letras galegas estará adicado ao poeta Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. dende a biblioteca e para celebrar esta data temos unha selección de libros das poesías do homeaxeado, e algúns ensaios sobre a súa vida e a súa obra.
Na planta baixa do centro están a vosa disposición unha serie de títulos do poeta e outras novidades editoriais en lingua galega que podedes levar utilizando o sistema de autopréstamo.
Recordade que temos convocado un concurso de caligramas en lingua galega, e que a próxima semana remata o prazo de presentación. Os caligramas recóllense na biblioteca.
Emlaces de interese sobre o poeta:
Imprimir este Artigo
Día do Libro
O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro. De todos é sabido que este día decidiuse pola coincidencia na data do pasamento de dous ilustres escritores Miguel de Cervantes e Willian Shakespeare.
Dende a biblioteca do centro queremos facer unha mención especial deste día, celebrando con toda a comunidade educativa esta data coa entrega de premios dos concursos de marcapáxinas e o concurso dos libros que nestes días estiveron expostos na biblioteca.
MARCAPÁXINAS1º premio : Irina Rial 2º Bac D
2º premio : Álvaro Martín Morán 3º ESO A
3º Premio : Mateo González Cid 1º ESO C
” ELABORA O TEU LIBRO “Premio ao libro máis ecolóxico: Marta Martínez Galindo 3º ESO C
Premio ao libro máis orixinal ou elaborado : Carlos Daniel Ángulo Pérez 3º ESO A
Imprimir este Artigo
Novidades en Dvd
Últimos títulos adquiridos pola biblioteca na sección DVD
Luna Nueva a segunda película da saga Crepúsculo .
Siglo IV Exipto baixo o Imperio Romano. As loitas relixiosas nas rúas de Alexandria provocan a destrucción da súa biblioteca. Atrapada nela a astrónoma Hipatía loita por salvar a sabedoria do Mundo Antigo.
A moi afamada xesta do rei Leónidas e os trescentos espartanos que morreron nas Termópilas para frear o avanze das tropas do Gran Rei de Persia Xerxes.
A historia dun xeneral romano que por avatares do destino convértese nun gladiador. Máximo Décimo Meridio, o hispano, busca vinganza e a súa última misión é vingar a morte do seu emperador Marco Aurelio e o asasinato da súa propia familia. A película conta cunha fermosa banda sonora.
Tres películas musicais no mesmo pack: Dreams girls, Grease e Saturday Night fever.
OUTRAS NOVIDADES EN DVD :
Harry Potter e a Orde do Fenix.
A isla.
The wonders.
Thirtheen 13.
A volta ao mundo en oitenta días.
Lembrade que todos estes Dvds pódense coller na biblioteca como emprésito.
.
Imprimir este Artigo
NOVIDADES NA BIBLIOTECA PRIMAVERA 2010
MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A LINGUA …E A LECTURA
Cando estamos xa no ecuador do curso 2009-10 e con moitos acontecementos relativos á difusión e promoción dos libros e da lectura( día de Rosalía, 24 de febreiro, día mundial da Poesía,21 de marzo, día do libro Infantil e xuvenil, 2 de abril,ano do libro e da lectura,etc); recordaremos neste cartafol da Biblioteca que tamén nós estamos a contribuír a esa dinamización con actividades diversas. Entre outras, destacamos neste trimestre a presenza entre nós de dúas plumas moi importantes no ámbito da literatura galega e española. Por un lado, J. Gisbert que coa súa maxia e habilidade especial para encandilar á rapazada nunca resulta inoportuna a súa presenza; por outro, nesta mesma semana de lembranza especial da Poesía estivo por aquí Marcos Calveiro para iluminarnos sobre a súa prosa lírica do Canto dos peixes para todo o alumnado de 1º da ESO e comentar co grupo de persoas que pertencen ao Club de lectura “O Castro” a novela histórica “Festina lente”.Desde aquí aproveitamos para invitarvos á súa lectura e celebrar con ela este Ano Santo 2010 polo que ten de ubicación na cidade de Santiago e de detallada erudición histórica e cultural de Galicia
Marcos sorpredeunos con esta novela polo profundo coñecemento que demostra ter da sociedade compostelá do século XVII e de determinados motivos vencellados á cultura galega (Pergamiño Vindel, Saqueo de Cangas polos turcos,Universidade, etc),- todos eles ben engarzados, aínda que poidan parecer inconexos- e sobre todo a homenaxe que lles rende a un gremio moi importante da época, os arxinas ou canteiros empregando a súa xerga e utilizándoa con fins literarios como unha especie de códice secreto.

“O canto dos peixes” só pode ser escoitado por aqueles que están dispostos a salvalo. Un vello lobo de mar, Ismael, e un neno, Kobe, adquiren unha complicidade inusitada para levar a cabo esa misión nunha cidade que segundo el mesmo nos confirmou pode ser un Vigo contemporáneo que ten que sensibilizarse que contra o crecemento irracional da cidade e dos arredores debe prevalecer o sentido común.
Por outro lado, convocouse o concurso de Marca-páxinas entre o alumnado do centro para recoller aquela idea máis orixinal para ser empregada como soporte gráfico dese medio para o reparto entre o alumnado.
Con esta reseña o que se persegue é achegar unha vez máis as NOVIDADES adquiridas recentemente para a Biblioteca para que aquelas persoas que teñan interese, durante as vacacións ou ao longo do mes de abril, por ser este o mes do LIBRO por excelencia, poidan satisfacer as súas ansias lectoras e conmemorar da mellor maneira posible O DÍA DO LIBRO, 23 de abril. Neste contexto de promoción da lectura e a escrita é xa unha tradición que en datas próximas se convoquen os concursos literarios de diferentes modalidades literarias coincidindo coa celebración dos Maios e Letras Galegas.Bota a voar a imaxinación,participa e gaña.
NOVIDADES DE PRIMAVERA EN LINGUA GALEGA
Nun momento tan importante para o futuro da Lingua galega sobre a que se está a lexislar o seu futuro no ensino, cremos que é importante recoller algún dos traballos que con motivo da elaboración do Decreto do “plurilingüismo” teñen saído á luz recentemente:
Xose-Henrique Costas (Coord): 55 mentiras sobre a lingua galega. Edit. Laiovento
Sechu Sende: Made in Galiza. Edit. Galaxia
X.Ramón Freixeiro Mato: Lingua de calidade. Edic. Xerais

Outros:
Suso de Toro: Sete palabras. Edit. Xerais
Manuel Rivas: Episodios galegos. Edit. Xerais
X. Lois García Fernández: Uxío Novoneyra.Revisitado. Xerais. (Ensaio sobre a vida e obra do poeta ao que se lle adica a edición do 2010 das Letras galegas).
Cid Cabido: Unha historia que non vou contar. Xerais
Teresa Moure: Herba moura. Edic. Xerais
Domingo Villar:A praia dos afogados. Edit. Galaxia
Marilar Aleixandre: A cabeza de medusa. Edit. Xerais
Mónica Bar Cendón: Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha. Edic. Xerais.
NOVIDADES DE PRIMAVERA EN CASTELÁN
X. Ramón Mariño Ferro: Leyendas y milagros del camino de Santiago. Ellago Ediciones.
Arturo Pérez Reverte: El asedio. Edit. Alfaguara
Matilde Asensi. Venganza en Sevilla. Edit. Planeta
Julia Navarro: Dime quién soy. Edit. Plaza&Janés
F. Moccia: Perdona, pero quiero casarme contigo. Edit.Planeta

M. Stiefvater. Temblor. Edit. SM
Asa Larsson: Aurora boreal. Edit. Seix-Barral
Fernando Savater: La vida eterna. Ariel
Jeff Kiney: Diario de Greg-Un pringao total. Edit. Molino
Atlas cronológico de la historia de España. Edit. SM
NOTA: Todos estes títulos foron adquiridos recentemente pola Biblioteca do centro e, polo tento, póñense a disposición da comunidade educativa do Instituto.
Imprimir este Artigo
















