Club de Lectura

Publicado o 6 Novembro, 2008 na sección Club de lectura, Actividades, Biblioteca por Xulio Dobarro

Club de lectura 1

O inicio deste novo curso trae consigo algunhas novidades e outras que xa non o son tanto. Esta vai ser a segunda edición  en canto a funcionamento do CLUB DE LECTURA, se é que conseguimos organizar un grupo de persoas interesadas nesta tarefa.

Ese interese pode deberse a que hai alumnado ao que non fai falla estimulalo para que lea porque todas as horas do mundo lle resultan poucas,e outras ás que é preciso estimulalas para incorporarse a esta aventura de acercamento a outros mundos, a outras dimensións e a emocións que doutro xeito pasarían desapercibidas. Por todo iso, e outras múltiples razóns que non imos relatar aquí, facemos un chamamento desde a BIBLIOTECA  a todo o alumnado, profesorado e familias para que se sumen, ou axuden aos que están ao seu arredor, a fomentar a lectura de xeito lúdico e formativo. A Consellería vén de concederlle ao Instituto unha axuda económica importante para a dinamización da Biblioteca, para adquisición de fondos bibliográficos, dixitais, e mobiliario, dentro do programa de Mellora das bibliotecas. A ver se sabemos corresponder ás demandas plantexadas para que fose concedida tal axuda.

(Ler o resto do artigo »)

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo