Sen servizo web nos últimos días

Publicado o 1 Setembro, 2010 na sección Sobre o sitio web por Alberte Zato

Este sitio web -e os do resto de centros públicos dependentes da Xunta de Galiza- estivo sen servizo durante os últimos días por problemas alleos ao centro, e derivado, segundo o explicado pola UAC (Unidade de Atención a Centros), dunha avaria no servidor que dá vida aos sitios web dos mesmos.

Aínda que non é da nosa responsabilidade -ou cecais por iso-, si que temos que suliñar que é sorprendente coma un servizo xa tan esencial de comunicación coma os sitios web dos centros estivera nestas datas cruciais sen ser arranxado en tempo e forma. Xa sabemos os que nos adicamos aos medios informáticos que cando o Sr. Murphy se enfada , non hai moito que facer pero…

Alberte Zato, TICs

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Saúda da Directora do IES do Castro

Publicado o 25 Outubro, 2009 na sección Sobre o sitio web por Alberte Zato

Actualizada a páxina de Saúda do sitio web…

Saúda da Directora, Dna. Rosa Segura

A Directora, Dna. Rosa Segura

http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?page_id=7

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Nova funcionalidade no sitio web: Imprimir artigos e páxinas

Publicado o 28 Outubro, 2008 na sección Sobre o sitio web por Alberte Zato

Para acadar unha mellor información, mesmo impresa, dende este sitio web, remátase de instalar unha nova utilidade no mesmo:

Obter versións imprimíbeis e imprimir artigos, noticias e páxinas do sitio web do IES do Castro

Simplemente, clíquese na nova icona que aparece ao final de cada artigo ou páxina…

 Imprimir

Automaticamente xerarase unha versión imprimible do artigo ou páxina, e só terá que usar a ligazón ‘Clique aquí para imprimir‘ na esquina inferior dereita para que a impresora predeterminada do seu sistema imprima esa versión, máis sinxela e amable para os labores de lectura impresa.

 Imprimible

Plugin WP-Print para WordPress realizado por Lester ‘GaMerZ’ Chan
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Algunhas instruccións para os usuarios rexistrados ‘autores’

Publicado o 24 Maio, 2008 na sección Dinamización de T.I.C.s, Sobre o sitio web por Alberte Zato

Cumpre lembrar aos usuarios rexistrados deste sitio web con dereitos de autoría de artigos algunhas instruccións para que estes presenten o mellor aspecto posible e non distorsionen a estrutura xeral do sitio.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Nova funcionalidade no sitio web: Ligazóns previsuais Snapshots

Publicado o 3 Maio, 2008 na sección Sobre o sitio web por Alberte Zato

Presentación de SnapShots de Snap.com

Remátase de instalar no sitio web do IES do Castro unha pequena utilidade, Snapshots, que actúa sobre as ligazóns externas presentando rápidamente unha previsualización do sitio de destino, resumes interactivos de artigos da Wikipedia, perfís de MySpace, perfis de IMDb, amosa vídeos, RSS, MP3s, fotos, gráficos e máis cousas.

Arrow As veces é útil ve-lo que hai detrás dun link e decidir antes se se visita ou non. Aparecerá unha pequena icona a carón do link , indicando que está snapshotizado hihi

Arrow Coa icona da lupa de aumento (por enriba á dereita) pódese ve-la ventá de previsualización máis grande.

Pero iso non é todo; se un/ha decide que isto é un estorbo, simplemente pode decidi-lo seu destino coa súa correspondente icona por enriba á dereita da ventá de Snapshot e optar por desactivalo para el/a soamente. Os/as demáis continuaremos snapshotizados. hihi

Prueba Arrow www.elpais.com

Prueba de vídeo Arrow http://www.youtube.com/watch?v=LDL02th72u4

Alberte Zato Very Happy

Snapshots

Se ten algunha dúbida deixe o seu comentario de seguido.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O novo sitio web de I.E.S. do Castro, xa listo

Publicado o 11 Xullo, 2007 na sección Sobre o sitio web por Alberte Zato

block2_bg.pngFica inaugurado o novo sitio web. Facede bo uso del, que levoume moito traballo poñelo en funcionamento block2_bg_invert.png

Alberte Zato, administrador :wink:

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo