Presentación da novela “Ollos de auga” a cargo do seu autor Domingo Villar

Publicado o 30 Marzo, 2008 na sección Lingua e Literatura galegas, Biblioteca por Xulio Dobarro

ollos-de-auga.jpgEste mércores, 2 de abril, agás algún imprevisto de última hora, o escritor vigués Domingo Villar (Vigo, 1971), presentará no noso instituto a súa novela Ollos de auga, publicada pola editorial Galaxia no ano 2006.Actualmente vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. Colabora coa radio e con xornais.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Rally Matemático-06

Publicado o 28 Marzo, 2008 na sección Matemáticas, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

Vila medieval de Carcasonne-06 Rallye matemático-06 Cara a Toulousse-06

Estas imaxes (-clíquese nelas para velas a tamaño 1:1-), aínda que publicadas con algo de retraso, corresponden á participación do alumnado de 3º da Eso do curso 2005-06 no Rally Matemático celebrado na cidade de Toulousse.

A maioría matriculado en 1º de Bacharelato no curso actual 2007-08. A experiencia foi moi interesante e animamos desde aquí a que se siga participando. Este luns, 31 de marzo, celébrase nos centros de Galicia, entre eles o noso, a edición deste ano.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Á conquista de Roma

Publicado o 17 Marzo, 2008 na sección Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

Roma

Foron nove días coas respectivas noites moi intensos. Todo empezou o día sete de marzo cando de boa hora se iniciou a travesía terrestre. A primeira parada nocturna realízase case na fronteira con Franza, en Lloret de mar. Isto quere dicir que despois de máis de doce horas de autobús o corpo pide descanso, pero o que se lle dá é esmorga; o alumnado de cuarto da ESO non está disposto a desperdiciar un só minuto de lecer, tanto é así que esta primeira noite fóra da casa para moitos/as a primeira sen a custodia familiar pode ser unha boa ocasión para a parranda e non se pode desperdiciar. Non hai oportunidade para ir á discoteca e polo tanto organízan a festa pola súa conta.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Visita da Delegación do Bacharelato Internacional

Publicado o 11 Marzo, 2008 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

Os pasados dias 5 e 6 visitaron o noso instituto Nélida Antuña, David Newsam e Jesus Rubal membros da delegación da Organización do Bacharelato Internacional. Mantiveron reunións co profesorado, pais e nais, alumnado e autoridades educativas e locais. Tras estes dous dias de estancia elaboraron un informe que servirá para que a Dirección Rexional do IB resolva autorización para a impartición do Programa do Diploma. A comunicación farase nun prazo de entre tres e seis semáns.

nelida.jpg
Nélida Antuña da delegación do IB
Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo