Saúda da Directora do IES do Castro

Publicado o 25 Outubro, 2009 na sección Sobre o sitio web por Alberte Zato

Actualizada a páxina de Saúda do sitio web…

Saúda da Directora, Dna. Rosa Segura

A Directora, Dna. Rosa Segura

http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?page_id=7

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Save The Frog

Publicado o 10 Outubro, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

p051009_1836.JPG

Un grupo de alumnas e alumnos de 2ºE, do Bacharelato Internacional, están levando a cabo, dende o mes de setembro, un proxecto de concienciación sobre a necesidade da reciclaxe no noso centro. Este proxecto entra dentro do seu marco de actividades CAS, e consta de diferentes partes.

A primeira foi impartir charlas a todo o alumnado do centro para destacar a importancia da reciclaxe para o coidado do noso planeta, tan afectado na actualidade por fenómenos como o quecemento global.

E a segunda, poñer en marcha no instituto a reciclaxe de todo o papel que se emprega. Para isto, o grupo de persoas que forman parte da iniciativa prepararon durante o verán unha serie de caixas para poñer en tódalas aulas e poder utilizalas como papeleiras de reciclaxe. Ademais, levarase a cabo unha labor de recollida e vaciado destas papeleiras durante todo o curso.

Con este proxecto preténdese formar, a longo prazo, persoas conscientes da labor importantísima que se pode facer polo noso planeta dende a nosa comunidade, aínda que só sexa clasificando os nosos refugallos diarios.

Durante este proxecto, o grupo organizador disfrutou moito da preparación, e esperamos que teña un resultado exitoso. E para isto o único que se precisa é a colaboración do alumnado e do profesorado.

Grazas, Save the frog.

p051009_183501.JPG

(texto de Bran López Luengo e María Bragado Paz)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Novas de CAS- outubro 09

Publicado o 10 Outubro, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

O alumnado de 2º E comezou o curso con proxectos dirixidos a ‘cambiar o mundo no que vivimos’ dende unha perspectiva creativa, participativa e sempre con ánimo positivo.

Podedes ler a súa explicación do proxecto ‘SAVE THE FROG’, xa en marcha neste momento. Outros interesantes proxectos xa están en período de organización.

Esta semana pasada asistimos á terceira charla da serie ‘Con C de Creatividade’. Neste caso foi o recoñecido poeta Román Raña, profesor do propio centro, quen falou da creatividade na poesía. Partindo da idea das palabras como material que forma a poesía, en contraste con outras artes e materiais, foi apuntando aspectos sobre cal é o impulso dunha persoa a escribir, as teorías romántica e clásica sobre a inspiración,  para logo ir analizando os ‘pilares’ da poesía: a técnica, o xogo, a narratividade e o pensamento-sentimento.

Aparte da oportunidade de escoitar ao poeta falando da súa propia teoría sobre a poesía, este foinos guiando ‘en primicia’ por tres dos seus poemas de ‘A metamorfose do túnel’, a obra premiada co Premio de Poesía Caixanova no ano 2004 e que fora valorada no seu momento polo xurado pola súa elegancia formal, a enteireza lírica e a densidade emotiva do discurso. Os poemas comentados foron Des-composición, París, baixos fondos, 1970 e Disertación sobre o túnel cos que Román foi desvelando o funcionamento do proceso creativo e defendeu a importancia da poesía como interpretación dos sentimentos humanos (aqueles con nome, ou aqueles aínda por nomear).

Entre outras citas que quedaron na memoria do alumnado podemos sinalar: ‘A inspiración é algo que pode chegar en calquera momento posto que o ser humano está condenado a pensar.’

Nas fotos Román Raña co alumnado de 2º E.

oc3ja41rmzcsucvtwtwk0.jpg

 

9gputzaysdlkmzxxy6e0.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

María González Centeno, de 1º Bacharelato, campiona de Europa de baloncesto

Publicado o 22 Setembro, 2009 na sección Zona Alumnado, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

María González

Composición infográfica de Alberte Zato

http://www.feb.es/NoticiaDesarrollo.aspx?idNoticia=28297

http://www.fegaba.com/actualidade/amosar.php?id=2460

Parabéns a esta xove realidade do baloncesto feminino galego!

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Beatriz Lence Massa, alumna de 2º E Bach., campeona de España.

Publicado o 22 Setembro, 2009 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

Beatriz ven de ganar o campionato de España de vela, modalidade Láser, celebrado o pasado fin de semana en Palma de Mallorca.  Noraboa!!

Máis información no Correo Galegolaser.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Encontro do alumnado de 1º Bacharelato do Programa do Diploma (BI)

Publicado o 7 Setembro, 2009 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

O próximo xoves, dia 10, as 10 horas terá lugar un encontro do alumnado de 1º de bacharelato do programa do Diploma (BI) co obxecto de tomar contacto e proporcionar información de interese. O horario será:

10 h: Sesión informativa: O programa do Diploma

11 h : Visita ó centro

11,30 h: Sesión informativa: As actividades CAS.

12,30 h: Remate

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A música -con ‘C’ de creatividade

Publicado o 7 Xullo, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

O día 22 de xuño o alumnado de 1º E asistiu a unha charla no Conservatorio Superior de Música impartida polo pianista galés Geraint Lloyd Davies. No texto seguinte resumo as reaccións do alumnado.

A charla foi entretida, interesante e amena, escoitamos música de calidade e unha voz impresionante, a da soprano Lucía Barreiro Nogaledo de Paz. Foi moi enriquecedor e estimulante coñecer a unha persoa que disfruta tanto da súa profesión como Geraint. Transmitiunos con claridade o concepto de creatividade no ámbito musical e soubo conectar con nós e gañar a nosa atención. A súa forma de explicar a música axudou a que entendéramos conceptos descoñecidos para moitas das persoas que asistimos. Levounos a reflexionar sobre como a persoa que interpreta unha obra musical inflúe nela.

Fixo que as persoas asistentes nos sentíramos identificadas con él e que sentíramos a música como algo espontáneo. Para moitas persoas, foi importante comprender a importancia da ‘concentración’ en moitas actividades. Algunhas persoas citan que lles transmitiu tamén ‘paz’, ou que atoparon a sesión ‘moi poética’ ou que foi divertido ver como unha persoa se podía entusiasmar tanto creando e expresando a música.

Ao ser en inglés non foi fácil para todo o mundo todo o tempo, especialmente algunhas persoas notaron o cansanzo ao final de charla, pero foi todo un éxito que todas as persoas do curso lograron seguir a charla en inglés sen maiores dificultades e tamén participaron con interese no coloquio posterior.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo