Deportes de competición

Publicado o 18 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

Sports

Un grupo de alumnas e alumnos de CAS, que tamén son deportistas con experiencia en competicións de diverso ámbito, falarán para o alumnado de 2º ESO sobre os seus deportes, como e onde practicalos,  os valores que reforzan, as ventaxes que lles reportan …

Actividade: Presentación oral con soporte dixital

Tema: Deportes de competición

Dirixida a todos os 2º de ESO

Organización: Equipo CAS de deportes de competición

Día: mércores 27 á 8ª hora

Lugar: sala de conferencias

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Listado definitivo de alumnado ADMITIDO para 1º Bacharelato no curso 2009/2010

Publicado o 15 Maio, 2009 na sección Administración, Secretaría por Alberte Zato


LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS

1º BACHARELATO

CURSO 2009/2010

 

 

ABAD ESTÉVEZ, SABELA

AGREDA REVILLA, JOEL C.

ALONSO FERNÁNDEZ, ALBERTO

BALDÓ VÁZQUEZ, MONTSERRAT

CACHEDA LAMOSO, SANDRA

CASTRO COSTOYA, ANA ZULEMA

CES CARNERO, ESTELA

COELLO PÉREZ, RAQUEL

CORTIÑAS PÉREZ, SANDRA

COSTAS REIGOSA, PAULA

COSTAS SELAS, CECILIA

DÍAZ-AGERO NODAR, LUCÍA

ESPINO GÓMEZ, ALBA

FARIÑA ALONSO, LUIS

FERNÁNDEZ FONTÁN, MARCOS

FERNÁNDEZ IZQUIERDO, ALBA

FERRO DELGADO, PAULA

FUENTES PÉREZ, JAIME

GARCÍA BRIÓN, MIGUEL

GARCÍA CASTRO, TIRSO

GARCÍA FERREIRO, HEITOR

GONZÁLEZ COELLO, SARA

GONZÁLEZ DÍAZ-GUEVARA, FÁTIMA

GONZÁLEZ IGLESIAS, SARA VIRGINIA

HERMIDA NÚÑEZ, GERMÁN

HERRERA GARCÍA, CARLOS

HUIDOBRO PICATOSTE, CARMEN

LLAMAS PERNAS, CARMEN

LÓPEZ-OLIVER REIMERS, GINÉS

MALLO ABREU, ANA

MATO CASTRO, LAURA

MÉNDEZ MARTÍNEZ, SARA

MÍGUEZ DOMÍNGUEZ, PALOMA

MIRANDA BARREIRO, CAROLINA

OLAYA SÁNCHEZ, MARÍA JULIANA

OTERO PIÑEIRO, ANDREA M.

PÉREZ FERNÁNDEZ, LUCÍA

PÉREZ MÉNDEZ, ROCÍO

PÉREZ SÁNCHEZ, SOFÍA

PIÑA TEJEDA, ALVARO J.

PRESA ALVARELLOS, RUBÉN

RAMIL RODRÍGUEZ, ANTÓN

REYERO GONZÁLEZ, DANIEL

RÍOS YAÑEZ, PABLO

RODAS AUTRÁN, SANTIAGO

RODRÍGUEZ DÍAZ-AGERO, ESTELA

RODRÍGUEZ PEREIRA, MARÍA

SANDÍN TOBÍO, JUDITH

SANTOS PARRADO, ANTONIO

SANTOS PREGO, LUCÍA

TARAZONA MARTÍNEZ, KAREN

URSUA ALONSO, MIKEL

VÁZQUEZ IGLESIAS, DANIEL

 

A MATRÍCULA FORMALIZARASE DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A cidade e o río. Presentación de traballos GRUPO 4

Publicado o 15 Maio, 2009 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

a-cidade-rio.JPG

O pasado xoves 30 de abril o alumnado do Programa do Diploma do Bachalerato Internacional presentou os seus traballos do Grupo 4. Empregando coñecementos de Física, Química e Bioloxía abordaron unha investigación sobre o río Lagares. No acto de presentación estiveron presentes compañeiros, profesorado e familias  que participaron con preguntas e comentarios.

As conclusións serán publicadas na web en canto sexa posible asi como enviados as autoridades locais para o seu coñecemento.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A miña primeira onda en Patos

Publicado o 14 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

No blog da Escola de Surf de Patos aparece recollida a actividade de 1º da ESO organizada por un grupo CAS de 1º Bacharelato E. Para ver seguir o vínculo

http://patosurfclub.blogspot.com/

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Na Punta da Lingua 9

Publicado o 12 Maio, 2009 na sección Boletín "Na punta da Lingua", Publicacións, Normalización e Dinamización Lingüística por Alberte Zato

Para ve-lo Boletín a toda pantalla clique en calquera páxina do documento. Para saír de pantalla completa, prema na tecla ESC

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Campionato interno de Balonceso-ESO- Fase final

Publicado o 12 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

I Liga Interna de 1º, 2º e 3º da ESO

 O calendario da FASE FINAL durante este mes de MAIO de 2009 está publicado no taboleiro CAS, ao lado da sala de profesorado. A  gran final está prevista para o día 29 de maio.  A data de entrega dos premios desta competición será anunciada nos días posteriores.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Loreto Blanco Salgueiro por Verónica Poza Nogueira, 1º E

Publicado o 12 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

O mércores 6 de maio as alumnas e alumnos de 1º de bacharelato E recibimos a visita de Loreto Blanco Salgueiro, profesora na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo (fotos da charla no artigo anterior ‘C de Creatividade’).

Na súa conferencia, Loreto mostrounos  a súa serie Pinemas, onde fusiona pintura e poemas. Para isto emprega haikus (poemas xaponeses de tres versos que condensan en moi poucas palabras o esencial dun instante na natureza, como por exemplo, o salto dunha ra), e intenta reflectir no cadro o que estes poemas transmiten.

Ademais, falounos da súa forma de ver a creatividade e o arte.

Como calquera pintor, Loreto encontra na pintura unha forma de expresarse; sen embargo, ela non se limita a pintar sobre un lenzo, senón que emprega diferentes materiais, xoga coas texturas, co tamaño dos cadros, decídese a romper a súa cuadratura e elabora obras como cadros-libro coa intención de que o público teña unha interacción co cadro e non se sinta un mero espectador.

Se queredes saber máis sobre Loreto Blanco Salgueiro, entrade na súa páxina web:

http://loreto.webcindario.com

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

C de Creatividade

Publicado o 8 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

Entre as actividades de CAS, estamos levando a cabo un pequeno ciclo de charlas para achegarnos á creatividade ‘artística’. Contamos para elo coa colaboración de artistas experimentados, persoas recoñecidas nos seus respectivos campos. Exploraremos a creatividade nas artes plásticas, na música e na literatura.

O pasado día 6, tivemos a visita da pintora Loreto Blanco Salgueiro, profesora do Dpto de Pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Loreto Blanco falou do proceso de creatividade na pintura e para ilustrar a súa charla analizou a súa serie Pinemas, que exhibira no ano 1991 na Sala Bacelos de Vigo. Tamén tivemos a oportunidade de ver e ‘tocar’ unha serie de obxetos e ‘libros’ fabricados na mesma época desta serie.

A partir da súa páxina web podemos comprender a traxectoria desta artista:

http://loreto.webcindario.com

loreto

Loreto Blanco, aparte doutras cuestións reveladoras do proceso creativo, falou da importancia da ‘mirada’ e de cómo achegarnos ao cotidiano dun xeito distinto, ‘magnificando’ e admirando cada aspecto e cualidade da realidade que nos rodea. Tamén explicou cómo a ‘conciencia’ da mirada e dos hábitos propios permite explorar novos modos de actuar ou interactuar co mundo ou os materiais utilizados para a creación.

1º E na charla

1º E na charla-2

O próximo día 22 de xuño, nunha das aulas do Conservatorio Superior de Vigo, Geraint Lloyds Davies, pianista galés, residente no noso país dende hai varios anos, falará da música e do seu proceso creativo e executivo. A elección do conferenciante nos permite que a charla sexa en inglés, coa conseguinte práctica desta lingua.

No primeiro trimestre do próximo curso o profesor Román Raña, recoñecido literato, nos achegará ao mundo literario.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo