Alumnado 1º Bach C e B

Publicado o 17 Marzo, 2009 na sección Bioloxía e Xeoloxía por Xosé Ramón García

Unha crítica clásica contra Darwin é que, malia titular o seu libro A orixe das especies (1859), xusto non aclarou como se orixinaban as especies. A selección natural -o mecanismo evolutivo descuberto polo naturalista- baséase na acumulación gradual de pequenos cambios, mentres que as especies adoitan ser entidades discretas e ben definidas: vemos leóns e tigres, non unha escala Pantone de leotigres. A investigación recente, non obstante, aclarou moitos puntos do problema da especiación, ou xeración de novas especies, e confirmou que a especiación ten unha relación directa coa selección natural darwiniana. Tamén revelaron uns principios xerais que terían resultado sorprendentes para o pai da bioloxía moderna.
“A competencia polos recursos, as carreiras de armamentos entre predadores e presas e outros factores biolóxicos dan forma aos ecosistemas locais durante períodos curtos”, di o evolucionista Michael Benton, da Universidade de Bristol. “Pero son factores externos como o clima, a oceanografía e a tectónica continental os que explican as pautas da evolución a grande escala. Benton é o autor dun dos cinco artigos con que a revista Science celebra hoxe o 200º aniversario do nacemento de Charles Darwin (12 de febreiro de 1809-19 de abril de 1882).

(Ler o resto do artigo »)

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo