A miña primeira onda en Patos
No blog da Escola de Surf de Patos aparece recollida a actividade de 1º da ESO organizada por un grupo CAS de 1º Bacharelato E. Para ver seguir o vínculo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Campionato interno de Balonceso-ESO- Fase final
I Liga Interna de 1º, 2º e 3º da ESO
O calendario da FASE FINAL durante este mes de MAIO de 2009 está publicado no taboleiro CAS, ao lado da sala de profesorado. A gran final está prevista para o día 29 de maio. A data de entrega dos premios desta competición será anunciada nos días posteriores.
Imprimir este Artigo
Loreto Blanco Salgueiro por Verónica Poza Nogueira, 1º E
O mércores 6 de maio as alumnas e alumnos de 1º de bacharelato E recibimos a visita de Loreto Blanco Salgueiro, profesora na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo (fotos da charla no artigo anterior ‘C de Creatividade’).
Na súa conferencia, Loreto mostrounos a súa serie Pinemas, onde fusiona pintura e poemas. Para isto emprega haikus (poemas xaponeses de tres versos que condensan en moi poucas palabras o esencial dun instante na natureza, como por exemplo, o salto dunha ra), e intenta reflectir no cadro o que estes poemas transmiten.
Ademais, falounos da súa forma de ver a creatividade e o arte.
Como calquera pintor, Loreto encontra na pintura unha forma de expresarse; sen embargo, ela non se limita a pintar sobre un lenzo, senón que emprega diferentes materiais, xoga coas texturas, co tamaño dos cadros, decídese a romper a súa cuadratura e elabora obras como cadros-libro coa intención de que o público teña unha interacción co cadro e non se sinta un mero espectador.
Se queredes saber máis sobre Loreto Blanco Salgueiro, entrade na súa páxina web:
Imprimir este Artigo
C de Creatividade
Entre as actividades de CAS, estamos levando a cabo un pequeno ciclo de charlas para achegarnos á creatividade ‘artística’. Contamos para elo coa colaboración de artistas experimentados, persoas recoñecidas nos seus respectivos campos. Exploraremos a creatividade nas artes plásticas, na música e na literatura.
O pasado día 6, tivemos a visita da pintora Loreto Blanco Salgueiro, profesora do Dpto de Pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Loreto Blanco falou do proceso de creatividade na pintura e para ilustrar a súa charla analizou a súa serie Pinemas, que exhibira no ano 1991 na Sala Bacelos de Vigo. Tamén tivemos a oportunidade de ver e ‘tocar’ unha serie de obxetos e ‘libros’ fabricados na mesma época desta serie.
A partir da súa páxina web podemos comprender a traxectoria desta artista:
Loreto Blanco, aparte doutras cuestións reveladoras do proceso creativo, falou da importancia da ‘mirada’ e de cómo achegarnos ao cotidiano dun xeito distinto, ‘magnificando’ e admirando cada aspecto e cualidade da realidade que nos rodea. Tamén explicou cómo a ‘conciencia’ da mirada e dos hábitos propios permite explorar novos modos de actuar ou interactuar co mundo ou os materiais utilizados para a creación.
O próximo día 22 de xuño, nunha das aulas do Conservatorio Superior de Vigo, Geraint Lloyds Davies, pianista galés, residente no noso país dende hai varios anos, falará da música e do seu proceso creativo e executivo. A elección do conferenciante nos permite que a charla sexa en inglés, coa conseguinte práctica desta lingua.
No primeiro trimestre do próximo curso o profesor Román Raña, recoñecido literato, nos achegará ao mundo literario.
Imprimir este Artigo
Estamos en Ragusa (Sicilia)
María, Lola, Sara, Lorena, Daniel , e os profesores Ángel, Rita e Luis estamos participando na visita do Programa Comenius en Ragusa na illa de Sicilia. Estaremos ata o día 8 cos nosos compañeiros da Italia, Bélxica e Turquía. Como podedes ver todos estamos ben e tratando de aproveitar os dias.
Clíquese na imaxe para vela a tamaño orixinal
Imprimir este Artigo










