Publicación de resultados do Diploma BI

Publicado o 5 Xullo, 2010 na sección Avisos urxentes, Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

Os resultados estarán accesibles para o alumnado a partir das 21:00 GMT do martes dia 6 de xullo  na páxina http://results.ibo.org.

As claves de acceso foron enviadas por correo eléctrónico pero tamén  estarán a disposición do alumnado no Instituto en horario de secretaria.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

ITALIA: “Un vindeover”

Publicado o 27 Xuño, 2010 na sección Zona Alumnado, Actividades, Vicedirección por Xulio Dobarro

PROMOCION DE 4º DE ESO 2009-2010As ganas eran moitas as de iniciar esta viaxe por terras italianas. Os esforzos tamén foron importantes para algúns dos alumnos e das familias, por iso había que aproveitalos ao máximo.Lembremos o traballo dos recreos coa organización do rastrillo ou algunhas iniciativas particulares para acadar unha mínima solvencia para afrontar gastos básicos.A tradición dinos que por estas datas a maioría do alumnado de cuarto da ESO soe experimentar novas emocións e por iso rompe coa rutina das clases, da familia, das amizades de todos os días e adéntrase en novas vivencias e convivencias. Como case sempre, este tipo de turismo supón un esforzo engadido á cotidianiedade: madrugar para coller o primeiro voo con saída do aeroporto de Vigo, aló polo día 17 de xuño, e logo, non durmir case nunca e voltar a madrugar ao día seguinte para aproveitar as horas de luz, con algo de choiva neste caso.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS (grupo 4)

Publicado o 17 Xuño, 2010 na sección Avisos urxentes, Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

O alumnado de 1º de Bacharelato, grupo E/F, do

Instituto do Castro de Vigo

convídao/a

ó acto de presentación dos traballos de investigación sobre

“A ría”

Terá lugar o vindeiro martes, dia 22 de xuño, as 18 h na sala de conferencias.

IES do Castro

r/ Posada Curros, 1 Vigo

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Con C de Creatividade

Publicado o 14 Xuño, 2010 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

Entre as actividades de CAS, tamén este ano estamos levando a cabo un pequeno ciclo de charlas para achegarnos á creatividade ‘artística’, o seu significado, a maneira de vivila.  Contamos para elo coa colaboración de artistas experimentados, persoas recoñecidas nos seus respectivos campos.

A finais de maio, tivemos a visita da pintora Loreto Blanco Salgueiro, profesora do Dpto de Pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Loreto Blanco falou do proceso de creatividade na pintura e para ilustrar a súa charla analizou parte da súa última exposición na sala Art Next de Vigo.  Tamén tivemos a oportunidade de ver e ‘tocar’ unha serie de obxetos e ‘libros’ fabricados noutros momentos da súa carreira.

A partir da súa páxina web podemos comprender a traxectoria desta artista:

http://loreto.webcindario.com

O próximo venres 18 de xuño, nunha das aulas do Conservatorio Superior de Vigo, Geraint Lloyds Davies, pianista galés, residente no noso país dende hai varios anos, falará da música e do seu proceso creativo e executivo. A elección do conferenciante nos permite que a charla sexa en inglés, coa conseguinte práctica desta lingua.

No primeiro trimestre do próximo curso o profesor Román Raña, recoñecido literato, nos achegará ao mundo literario.

A continuación unha breve reseña da primeira charla, redactada por un grupo de traballo de 1º E.

Loreto Blanco Salgueiro

loretored.JPG

O pasado  26 de maio os alumnos e alumnas de 1º E tivemos una charla con esta artista. Orixinaria de Moaña estudou Belas Artes, e hoxe en día é profesora na universidade de Pontevedra; múltiples publicacións e exposicións avalan o seu traballo.

Cada persoa é unha artista en si mesma, segundo Loreto. O noso punto de vista e a nosa forma de enfrontarnos ao día a día, á vida fannos artistas a cada persoa.

ESTAR, SENTIR, VIVIR, son sensacións claves para deixar fluír a túa imaxinación, non pensar nos problemas. Tes que sacar da túa mente a rutina de todos os días, buscar alternativas, saír dun mesmo para así poder atopar o que che conducirá a algo novo. Recollemos as palabras desta artista, que pensa que para crear arte é preciso desconectarse da parte analítica dos nosos cerebros, a esquerda, e deixar fluír a parte dereita, onde está radicada a nosa intuición.

Esta charla foi, en definitiva, unha magnífica forma de acercarnos á arte e recordarnos a súa importancia e o que debemos valorala dentro do noso proceso vital de crecemento e maduración persoal.

vista-clasered.JPG observandored.JPG

Vanesa Gómez Pena.

Martín González Ramírez.

Lucas Movilla Mariño.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entrega de premios Letras Galegas e competicións deportivas

Publicado o 14 Xuño, 2010 na sección Club de lectura, Normalización e Dinamización Lingüística, Biblioteca, Vicedirección por Carmen Vilariño Agras

O mércores día 9 de xuño entregáronse no salón de actos do centro os premios das Letras Galegas e os premios das distintas competicións deportivas que se levaron acabo durante o presente curso. Foron premiados os alumnos/as que participaron nas distintos concursos das Letras Galegas, concurso de video e caligramas. O premio de coplas dos maios recaeu na profesora Concha Otero, que agradeceu ao xurado este reñido e importante premio.O alumnado que participou nas competicións deportivas recibiu os seus trofeos despois de un curso de animada disputa deportiva.

O salón de actos estaba repleto de alumnado e mesmo de profesores e profesoras que acompañaron aos premiados, en recoñecemento do seu esforzo e bo facer.

Parabéns a todos os galardonados/as e moito ánimo para seguir colaborando nos diferentes concursos e actividades deportivas que no vindeiro curso sexan organizadas para todos vós.

premios-letras-galegas.jpg

Clique na imaxe para vela a tamaño completo

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

VERÁN DE LER, VERÁN DE LECER

Publicado o 13 Xuño, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Xulio Dobarro

0035.jpg

Marcos Calveiro presentando a súa novela O canto dos peixes ao alumnado de 1º da ESO

BIBLIOTECA:    VERÁN  DE LER, VERÁN DE LECER

Cando se publicou o cartafol anterior da Biblioteca, coincidía este coa primavera e desexabamos mil primaveras máis para a lingua e a lectura porque os tempos non eran moi propicios nin para unha, nin para a outra; agora que estamos ás portas do verán é hora de facer balance do curso e tamén de recordar que  o estío non é para esquecer os hábitos de lectura  adquiridos aínda que algunhas  das lecturas fosen  obrigatorias e outras por lecer.

En canto á avaliación hai que lembrar que este é o primeiro curso no que a BIBLIOTECA ten existido no sentido máis amplo da palabra e, polo tanto, tamén, en certo modo, de asentamento e de aplicación de todos os recursos que co Plan de mellora de Bibliotecas se levan realizado nas dúas últimas edicións en canto a equipamento e infraestrutura. Polo tanto, cremos que hai moitas cousas por facer, pero tamén unha certa satisfacción do deber cumprido por parte das persoas que integran o equipo de Biblioteca e que no vindeiro curso deberemos poñer en práctica o Plan lector do centro no que hai que contar de xeito ineludible co equipo de profesorado e,de maneira especial, cos responsables dos Departamentos. Vaia desde aquí a chamada a todos nós para que ese Plan sexa unha realidade. Non esquezamos que, á parte de que se estea de acordo ou non co Decreto que regula os centros de Secundaria, todos os Departamentos deben contar cun  programa de lecturas para a ESO e reservar semanalmente un tempo á LECTURA. O verán pode ser unha boa ocasión para iniciar esa escolma de lecturas e propoñelas para o novo curso.ADIANTE.  

Marcos anuncia a aparición das seguintes novelas: O sombreiro de malvas e Settecento, as dúas en Edicións Xerais.     

ACTIVIDADES

O fomento da lectura por parte da Biblioteca parece unha obviedade, pero non o é tanto se temos en conta que aquela ten na actualidade outra dimensión en canto aos soportes da información e da formación de opinión. Os libros, as revistas, os xornais, os cómics, os Dvd son importantes, pero tamén o é a Internet, e a pouco que isto siga así xa logo haberá que pensar no libro dixital. Pero, quizais tanto ou máis importante é o uso adecuado deses recursos e para iso está a formación de usuarios para que de xeito crítico se saiban achegar a todos eles. Niso estamos.Amén dos innumerables concursos e exposicións de materiais bibliográficos cando así se aconsellou (Letras galegas, Día mundial da poesía, Día do libro, Caligramas, etc.)

LIBROS - FOLERPAS DE NOVONEYRA. BIOGRAFIA E ANTOLOXIA LIBROS - UXIO NOVONEYRA

Outras vías para fomentar a lectura son, por exemplo, a existencia dun CLUB DE LECTURA, que desde hai tres anos vén funcionando no Instituto e no que veñen participando, con mellor ou peor fortuna, todos os sectores da Comunidade educativa. A dinámica desta edición pasou polo comentario de tres obras, entre as que destacamos a de Marcos Calveiro, Festina lente, que ademais de contar coa súa presenza tamén foi unha das razón para viaxar a Santiago e visitar algúns dos lugares polos que se moven os protagonistas. O grupo de “infantil” abordou lecturas máis en consonancia coa idade: “O neno do pixama a raias” e  ”Endrina ou o segredo do peregrino”.De cara ao VERÁN  o que imos propoñer aquí só son unhas pequenas suxerencias e informar de que periódicamente se veñen adquirindo materiais, sobre todo LIBROS, pero non exclusivamente.Por exemplo, se ten incrementado de xeito exponencial a incorporación de DVDs, algúns clásicos e outros moi actuais. Non somos quen de dicir o que se debe ler, pero si o que está disponible para ler ou ver.NOVIDADES:

Cando empregamos neste contexto o termo NOVIDADES é para referirnos non tanto aos títulos de actualidade, -que tamén-, pero sobre todo para informar dos libros recibidos, porque pode ser algún que non existise e que se considera fundamental para unha Biblioteca escolar.                                   

   Lingua galega

Foron varios os traballos de investigación e reedicións da obra do poeta Uxío Novoneyra,homenaxeado nesta edición das Letras galegas, e que o Instituto realizou a súa peculiar homenaxe coa visión ofrecida por profesorado e alumnado. O que queira  pode pasar pola Biblioteca para ver case todo o que se publicou sobre el.

E iniciamos esta escolma coa recén publicada obra de Marcos Calveiro :O pintor do sombreiro de malvas e Settecento, ambas as dúas en Xerais.

 Paula Carballeira: O lobishome de Candeán. Galaxia                                                 

LIBROS - OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ LIBROS - KAFKA E A BONECA VIAXEIRA

J.Sierra y Fabra: Kafka e a boneca viaxeira.

Edit. GalaxiaJaureguizar: Corazón de chocolate. Edic. Xerais

A.  Fariña: Megatoxos e a espada esmeralda. A nosa terra.

Carlos Freire: Acio sanguento. Edic. Xerais

Agra: O recendo das mimosas. Edic. Xerais

CASTELÁN:   

Ensaio:  

 La caballería  // Antes del big bang

A. Manguel: El legado de Homero. Edit. Debate.              

 FICCIÓN:               

 LIBROS - LEER ESPAÑA: UNA HISTORIA LITERARIA DE NUESTRO PAIS LIBROS - LOS OJOS AMARILLOS DE LOS COCODRILOS

 

S. Meyer: La segunda vida de Bree Tanner. Edit. Alfaguara

Varios: Cada vez más extraña-Emily. Edit. SM

K. Pancol: Los ojos amarillos de los cocodrilos. La esfera de los libros

E. Kedros: Chicas del Olimpo. Dit. El molino.

R. Saviano: Gomorra. Edit. De Bolsillo                       

                         Ollo! Non están todos. Acude á Biblioteca!

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Aviso entrega premios caligramas

Publicado o 4 Xuño, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

                                         BIBLIOTECA

A entrega de premios do concurso de caligramas queda aprazada para a próxima semana.

A entrega destes premios farase no salón de actos, xunto coa entrega dos premios das letras galegas, competicións deportivas e demáis premios.

Xa se vos avisará do día de semana en que se entregarán.

                            O equipo de biblioteca

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Premios concurso caligramas

Publicado o 2 Xuño, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

PREMIADOS NO CONCURSO DE CALIGRAMAS                                                                                                                    

pulpo-bilioteca.jpg

    PREMIADOS NOS CALIGRAMAS

    Nerea Martínez Pérez. 2º Eso A 

    Irene García Fernández .1º Eso C

    Nicolás Gillermo Gaggiolo. 2º Eso A

    Daniel Corbal Lorenzo.      2º Eso A

A entrega de premios celebrarase na biblioteca o próximo venres ás 11:30

                           Convócanse todos os participantes

              

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo