Día da Paz

Publicado o 28 Xaneiro, 2010 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

Día escolar pola Paz e a Non-violencia

O día 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado o lider nacional e espiritual da India Mahatma Gandhi, polo que se celebra o Día Mundial Da Paz. Tamén nesa mesma data celébrase dende o ano 1964 o Día Escolar pola Paz e a Non-violencia.

gandhi500.jpg

Dende a nosa biblioteca queremos colaborar nesta conmemoración, aportando un rincón para a reflexión, para iso estamos a elaborar un mural no que teñen cabida todos todos os vosos desexos de paz e máis as vosas reflexións.

O Mural pola Paz estará colocado no pasillo da biblioteca dende o venres 29 de xaneiro ata o venres 5 de febreiro.

Darlle unha oportunidade a Paz, reflexionade e participade.

Dentro da biblioteca tedes unha escolma de lecturas  e películas pola Paz.

” Boas lecturas”

 paloma_paz.jpg

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo