Conferencia de Francisco Anguita
O venres 15 de xaneiro pronunciará no noso Centro unha conferencia o xeólogo e profesor da Universidade Complutense de Madrid, Francisco Anguita Vírella. O alumnado de Ciencias para o Mundo Contemporáneo (1º de Bacharelato) terá a oportunidade de escoitalo na Aula de Conferencias, ás 12,00 da mañán. Será presentado polo profesor Manuel Brañas, e a charla terá por título Venus, Marte y la Tierra.
O profesor Anguita é un amante da Terra e doutros planetas, por exemplo a través do estudo dos volcáns de Marte. É un experto en percorrer os centos de millóns de anos que duran as eras xeolóxicas.
Para maior información podedes consultar:
http://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_Anguita_Virella
http://www.elmundo.es/suplementos/natura/2007/14/1178920808.html
http://blogs.elcorreodigital.com/magonia/2008/3/17/-la-cara-y-piramides-marte-son-invento-oportunistas
O vindeiro venres, 15 de xaneiro o alumnado de Ciencias do Mundo Contemporáneo asistira a unha charla do profesor Francisco Anguito, co título de Venus, Marte y la Tierra.
Podemos ver unha entrevista a Francisco Anguita en http://www.rtve.es/television/20091123/geologia/302143.shtml

