Mulleres matemáticas (vídeo)

Publicado o 18 Febreiro, 2010 na sección Matemáticas por Ramón

logo-matematicas.png   Universo Matemático - 09 Mujeres matemáticas en vimeo-logo.gif.

Universo matemático é unha colección de dez documentais de 24 minutos de duración cada un de índole matemática, producida no ano 2000 polo programa La aventura do saber, de La 2 de Televisión Española. A serie documental foi galardoada co Premio á divulgación científica no Festival Internacional Científico de Beijing.

Mulleres matemáticas

Entenden as Matemáticas de sexos? Son os grandes misterios das Matemáticas algo exclusivo dos homes?
Por que, ao longo da historia, hai tan poucas mulleres que destacasen nunha disciplina científica tan antiga?
Aínda que parece que na actualidade existe un equilibrio entre o número de rapaces e de rapazas que estudan matemáticas, isto é un fenómeno relativamente recente. Dende logo hai corenta anos isto non acontecía.
Para descubrir a presenza das mulleres no Universo das Matemáticas faremos un percorrido histórico que comeza co nacemento das matemáticas, con Pitágoras e a súa muller Teano, e que continua con Hypatia en Alexandría, con Madame de Chatelet en Francia e con María Caetana Agnesi en Bolonia no século XVIII. Mesmo no século XIX, Sophie Germain tivo que adoptar a identidade dun antigo alumno da Escola Politécnica de París, Monsieur Leblanc, para conseguir os materiais e problemas e para presentar os seus propios resultados e traballos. Os seus traballos sorprenderon matemáticos da altura de Lagrange e de Gauss. Xa a finais do século Sophia Kovaleskaya sufriu a marxinación da muller no mundo académico a pesar de ser un dos mellores cerebros da época. Só ás portas do século XIX, unha muller Marie Curie vai realizar un dos descubrimentos máis importantes da historia da humanidade, un descubrimento que vai cambiar a vida de ser humano no século XX en moitos aspectos: a radiactividade. E conseguiu algo quizais tan importante: por primeira vez na historia a humanidade os círculos científicos abrían as súas portas de par en par a unha muller. E con ela a tantas tan inxustamente ignoradas durante séculos.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo