Sobre a lentitude deste (e outros moitos) sitios web en edu.xunta.es

Publicado o 21 Setembro, 2010 na sección Avisos urxentes, Sobre o sitio web por Alberte Zato

Os usuarios e usuarias deste sitio web (e doutros moitos sitios de centros educativos públicos da Xunta de Galicia) terán observado e sofrido nestes días unha desesperante lentitude de carga dos contidos do mesmo, sendo moi difícil a navegación polo sitio web no período matutino.

Despois de contactaren este coordinador de TIC’s coa UAC (Unidade de Atención a Centros) para indagaren sobre a situación, o panorama non é moi esperanzador:

1. Procedeuse á adopción de medidas e protocolos extra de seguridade informática no servidor que dá vida ao dominio edu.xunta.es nos últimos días do mes de agosto. Medidas sen dúbida moi necesarias pero que…

2. Provocan esta ralentización por saturación do servizo no servidor, estando a facer moi complicada e tediosa a utilización deste sistema de comunicación xa case que imprescindible na vida dun centro como o noso.

3. A administración e os técnicos non teñen prevista unha solución a curto prazo, que pasaría pola implementación duns servidores de maior capacidade. A receita, amable, iso si, aconsellada polos operadores da UAC de paciencia, non deixa de seren unha aspirina para un problema de saude informática máis serio no dominio edu.xunta.es.

4. Unha vez tomada a aspirina da paciencia , non fica máis que comunicar esta circunstancia aos usuarios/as deste sitio web, e pregar aos autores de artigos que tenten publicar os seus polas tardes, cando parece que o servizo está menos saturado e é máis doada a publicación de contidos.

Por suposto esta incidencia é totalmente allea ao prurito de servizo que este sitio web ten, e lamentamos a situación, pero… en mans doutros está a solución.

Alberte Zato, Coordinador de TIC’s

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A biblioteca abre as súas portas

Publicado o 21 Setembro, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

subir.jpg biblio.jpg subir-i.jpg

Iniciamos un novo curso e a biblioteca abre as súas portas , un novo curso comenza. Unha boa maneira de comezar, é dar a benvida a todos os membros da comunidade educativa e, de xeito especial, aos novos profesores/as e ao novo alumnado que neste momento incorpóranse ao centro. Os profesores e profesoras que formamos o equipo de biblioteca estaremos a vosa disposición. Nos próximos días, intentaremos dar a coñecer a biblioteca e o seu funcionamento ao alumnado de nova incorporación.

HORARIO DE EMPRÉSITOS E DEVOLUCIÓNS

Luns a venres en horario de recreo

Martes e xoves en horario de 16 : 30 ata 19 h.

PARA NON SE PERDER NA BIBLIOTECA

plano.jpg

clique na imaxe

LEMBRADE TODOS AQUELES QUE NO VERÁN LEVÁCHEDES LIBROS EN PRÉSTAMO QUE TEDES QUE PASAR POLA BIBLIOTECA PARA A SÚA DEVOLUCIÓN

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo