AXENDA 21

Publicado o 23 Febreiro, 2011 na sección Taboleiro Transversal por Sande

A «A21EG» é un programa que ten como finalidade potenciar a educación para ao desenvolvemento sostible na oferta educativa dos centros de ensino de Primaria e Secundaria de Galicia. A A21EG supón cambios importantes na dinámica, na organización e nas prácticas pedagóxicas do profesorado do centro educativo, por iso o programa é concibido coas seguintes características:  

•A A21EG é un programa con obxectivos fundamentalmente didácticos, baseado nun modelo participativo, que busca a integración dos principios do desenvolvemento sostible no “proxecto educativo do centro”.  

•A A21EG, como “proxecto de centro” , debe ser asumido polos órganos de goberno do centro (claustro, consello escolar, equipo directivo e equipo docente) e por todos os estamentos da comunicade educativa (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias). As consellerías CMADS e CEOU achegan as directrices marco e básicas do programa e apoian o proceso con medios materiais e humanos.

•A21EG é un programa marco, fai énfase na forma de facer, con vocación de estar integrada no Proxecto Educativo de Centro e nas diferentes actividades, programas ou plans (TICs, LECTOR, CONVIVENCIA, …)

 

As actividades xa previstas son:

 Nomes das árbores do recinto escolar e situalos no plano; ODM e reciclaxe de Nadal; Carteis, punto de intercambio e colectores de envases; Presentación Power Point de 1º de Bacharelato ( Economía) e traballo sobre desenvolvemento sustentábel; adopción das árbores do recinto escolar; concurso outra vida… de CAS.

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo