Concurso de relato curto

Publicado o 31 Xaneiro, 2011 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

               images.jpg

          CLIQUE NA IMAXE PARA ACCEDER AS BASES DO CONCURSO

Biblioteca do IES DO CASTRO

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Celebracións Día da Paz e a Non-violencia

Publicado o 28 Xaneiro, 2011 na sección Celebracións, Zona Alumnado, Actividades, Biblioteca por Isabel Flores

Dentro das celebracións do Día da Paz e a Non-violencia houbo un recital de poemas en varias linguas por parte de alumnado de 1º D para o alumnado do 1º ciclo da ESO. Carmen, Cristina, Fidel, Helena, Michelle, Nuria, Pablo foron as persoas encargadas das lecturas e o seu traballo foi acollido con ledicia e aplausos nas aulas correspondentes.

Durante o recreo Martín e Paula de 2º de Bacharelato nos recrearon coa súa música, preparada con cariño e adicación para esta ocasión. Nas fotos algúns momentos da actuación.

155-peq.JPG 157peq.JPG 159peq.JPG

 

Reseña do acto, por Isabel Gómez Alonso

 O pasado 30 de xaneiro celebrouse o día da paz no instituto. Especial atención obtiveron dous alumnos de 2º de bacharelato, Martín e Paula, que decidiron conmemorar esta data a través da música. Tras moitas xornadas de longos ensaios, ambos versionaron con éxito a canción “Space dementia” do grupo británico Muse. A maioría do alumnado asistiu ao pequeno concerto, no que Paula cantou e Martín tocou o piano. Esta actuación supuxo unha forma orixinal de celebrar o día da paz, xa que a través da creatividade aportada pola música ambos puideron facer énfase na necesidade de cumprir os dereitos humanos.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Día Escolar pola Paz e a Non-violencia

Publicado o 24 Xaneiro, 2011 na sección Biblioteca, Vicedirección por Carmen Vilariño Agras

O próximo 30 de xaneiro celébrase o Día escolar pola Paz e a Non-violencia. Con tal motivo no centro imos realizar diversas actividades. Esperamos a vosa colaboración e participación nas actividades que ao longo da semana realizaranse

        507020615bfe860f_o.jpg

Día Escolar pola Paz e a Non-violencia

30 XANEIRO 2011 

O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non-violencia. Para celebrar esta data no centro estamos a preparar actividades nas que esperamos que todos/as sexades partícipes, ou ben coa vosa colaboración ou ben coa vosa participación nas actividades propostas.Actividades previstas luns 24 - venres 28  de xaneiro

CORREDOR BIBLIOTECA BIBLIOTECA 
MURAL POLA PAZ selección de libros e Dvds
 mural onde expresar os nosos desexos de Paz, as nosas reflexións,poemas de creación propia ou poemas de poetas coñecidos e coñecidas   libros e dvds onde inspirarse, disfrutar ou aprender sobre este tema
MARTES 25  
RECREO Proxección ‘Powerpoint’ Gandhi (alumnos/as 2ªE CAS ) Reseñas Película Gandhi (alumnos/as 2ºE CAS )        
TARDE NA BIBLIOTECA Proxección da película GandhiLugar : BibliotecaHora  : 16:30-19:00 
MÉRCORES 26  
RECREO Obradoiro de papiroflexia. Pombas de papel. 
XOVES 27  
RECREO Proxección ‘Powerpoint’ Día da Paz. Cancións pola Paz.
TARDE NA BIBLIOTECA Proxección da película InvictusLugar: BibliotecaHora : 16: 30-19:00
VENRES 28  
RECREO  Música pola Paz -en directo -Martín González Ramírez e Paula Ferro Delgado- 2º Bach Proxección Dvds Día da Paz

Biblioteca, Vicedirección e CAS. 

 

 

                                      

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Campionatos de vela

Publicado o 19 Xaneiro, 2011 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

O alumnado de 1º ESO asistiu o pasado mércores 12 de xaneiro a unha charla sobre o deporte da vela impartida por alumnado de CAS. Esta clase ‘especial’ de EF tiña como obxetivo transmitir a importancia dunha vida sana e activa así como colaborar na integración deste alumnado na comunidade educativa, acercándolles neste caso a un maior coñecemento do Bacharelato Internacional e das actividades CAS en particular.

147-pequena.JPG

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Becas para Colegios del Mundo

Publicado o 19 Xaneiro, 2011 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

Colegios del Mundo

La Fundación Comité Español de los Colegios del Mundo Unido convoca un concurso para la adjudicación de  becas para cursar Bachillerato Internacional en los Colegios que tiene la organización a lo largo del mundo. La dotación de las becas, con carácter bienal,  incluye gastos de escolaridad, alojamiento y manutención en los Colegios. La Fundación estudiará en cada caso, con carácter extraordinario, la concesión de ayudas para los viajes.

Desde el mes de noviembre de 201o está abierta la nueva convocatoria para la concesión de las becas de 2011.

Mas información aquí.

Además la FUNDACIÓN BARRIÉ DE LA MAZA convoca becas para alumnado de Galicia para los Colegios del Mundo.

Información  aquí

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

ELECTROSTÁTICA , animaciones y simulaciones

Publicado o 18 Xaneiro, 2011 na sección Física e Química por Nieves
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O rostro humano das matemáticas

Publicado o 13 Xaneiro, 2011 na sección Matemáticas por Ramón

divulgamat

Arrow Icon  Exposición virtual en galego

O rostro humano das matematicas

Arrow Icon  Exposición virtual en castelá

Unha exposición da Real Sociedade Matemática Española no Ano da Ciencia 2007, financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

Nesta exposición amósase unha parte importante dos personaxes que xogaron un papel destacado na Historia das Matemáticas, os máis senlleiros e coñecidos, cinco mulleres que é obrigado presentar pola súa importancia nas Matemáticas e que aínda hoxe en día son pouco coñecidas así como varios matemáticos españois aos que se lle debe tamén un xusto recordo.

.pdf  Caderno cunha unidade didáctica sobre a Exposición

Suponse que toda persoa culta debe coñecer a vida e a obra de xenios como Mozart, Falla, Van Gogh, Dalí, Shakespeare, Cervantes ou Chaplin. Con todo, considérase natural e ata xustificable que se ignore case todo sobre outros xenios, os científicos e matemáticos que fixeron posible que a Ciencia e a Tecnoloxía avancen ata o seu estado actual, os personaxes que impulsaron o progreso técnico da humanidade e o desenvolvemento científico do pensamento humano e que fixeron posible a maioría dos instrumentos que utilizamos de forma natural na nosa vida cotiá, como Internet, os computadores, o GPS, a televisión, o microondas, a tecnoloxía dixital, os medios de transporte, as grandes obras da enxeñería e a arquitectura, e tantos outros presentes practicamente calquera aspecto da nosa vida diaria.   As Matemáticas son unha fabulosa creación do espírito humano e ao mesmo tempo unha parte imprescindible do patrimonio cultural da humanidade.
Os matemáticos e as matemáticas forman parte da nosa historia, da nosa cultura e da nosa sociedade. Devandita historia non se pode separar da Historia da Humanidade, xa que logo, os protagonistas son matemáticos e matemáticas, que á vez eran membros da súa comunidade e que formaron parte dela como persoas, no privado e no público. Pórlles cara e coñecelos un pouco máis é o principal obxectivo desta exposición. En definitiva, mostrar o rostro humano das Matemáticas.
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Obxetivos do Milenio

Publicado o 5 Xaneiro, 2011 na sección Ciencias Sociais, Xeografía e Historia por Isabel Flores

Proxecto de sensibilización do

Consello de Solidariedade e Cooperación do Concello de Vigo

 

O alumnado de 3º de ESO participou no mes de decembro en dous obradoiros sobre os Obxetivos do Milenio (1) baixo o título:

 

“Pensamos no mundo. Actuamos aquí e agora?

Vigo a prol dos Obxectivos do Milenio”

actividade-1.JPG

 

Este proxecto ‘ten como obxectivo principal impulsar a educación para o desenvolvemento

-promovendo nas escolas o coñecemento das desigualdades existentes no reparto da riqueza económica e do poder no mundo,

-favorecendo a reflexión sobre as súas causas e consecuencias,

-fomentando actitudes e comportamentos responsables e a toma de conciencia sobre o noso papel no mundo.’

Os obradoiros consistiron nunha  ‘serie de actividades desenvolvidas na súa totalidade  coa colaboración das ONGD: Entreculturas, Educación Sen Fronteiras, Intermon Oxfam, Fundación Balms, Médicos do Mundo e ADDIS Galicia as cales forman parte do Consello de Solidariedade e Cooperación do Concello de Vigo.’

Algunhas fotos destas actividades

actvidade-2-en-3-a.JPGgrupo-traballo-1-3a.JPGjudith.JPG

actividade-3-c.JPGactividade-3-c-2.JPGactividade-3-c-3.JPG

 clase-en-3c-2.JPGclase-en-3c-3.JPG

Outras dúas actividades acompañaron a esta campaña de sensibilización no IES do Castro:

-unha exposición sobre os Obxetivos de Desenvolvemento do Milenio, que foi aproveitada especialmente polo Departamento de CCSS para diversas actividades co alumnado

-unha mesa de productos de comercio xusto -durante os recreos- na que se proporcionaba información sobre o concepto de ‘comercio xusto’ e outras cuestións relacionadas

Algunhas fotos destas actividades

exposicion.JPGexposicion-2.JPG

comercio-xusto.JPGcomercio-xusto-2.JPG

(1) Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM):

·         Erradicar a fame e a pobreza

·         Lograr a educación primaria universal

·         Corrixir as desigualdades de xénero

·         Reducir a mortalidade infantil

·         Mellorar a saúde materna

·         Combater o VIH/SIDA, a malaria e outras enfermidades

·         Garantir un medio ambiente  sustentable

·         Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento aumentando a cooperación internacional

‘191 Xefes de Estado e de Goberno asinaron a Declaración do Milenio no ano 2000 comprometéndose a traballar xuntos para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e rematar coa pobreza estrema no mundo antes do 2015.

Ademais de seren un compromiso sen precedentes, os 8 ODM marcan unha folla de ruta para o desenvolvemento, medíndose o seu progreso a través dunha serie de metas e indicadores, con datas límites para o seu cumprimento.’

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo