Despedida do Alumnado de 2º de Bacharelato 2011: Reportaxe gráfica
|
[Clíquese nas imaxes para velas a maior tamaño e resolución (1000px de largura)] Imprimir este Artigo
Aí ven o maio…Recoller fiuncho, ir empatándoo na estrutura, darlle forma a retranca das coplas… O alumnado de primeiro da ESO debutou con éxito nunha longa tradición que nesta ocasión se prolongou máis alá do Atlántico coa maxistral e fermosa danza paragüaia de Camila Silvero. Imprimir este Artigo
Solidaridade con Xapón, por Leticia López Otero
“O venres 11 de Marzo despertábamos coas imaxes do máis grande terremoto da historia do Xapón, de 8,9 grados na escala Ritcher. O goberno xaponés falaba, a tres semanas do desastre natural, de máis de 11.200 mortos e máis de 16.000 desaparecidos. Mais, co rostro contenido, a poboación nipona enfrontaba un infortunio máis: a segunda catástrofe máis grave da industria nuclear, despois da de Chernóbil ocorrida en 1986. Tratábase dun accidente múltiple na planta nuclear de Fukushima Daiichi, ó nordeste, situada a 250 quilómetros de Tokio, unha metrópole con trinta millóns de habitantes.
Ante estas terribles circunstancias, co fin de recadar unha pequena contribución para os damnificados do terremoto e o accidente nuclear de Xapón, e informar a xente da situación na que se atopan, un grupo de alumnas do IES Do Castro decidiu participar os pasados días 26 e 27 de Marzo nas actividades que se levaron a cabo no centro da cidade. Estiveron acompañadas tamén polo alumnado voluntario da Escola Oficial de Idiomas de Vigo e baixo a supervisión de Sayuri Nishimura (Xefa do departamento de xaponés na Escola). O noso grupo participou en diversas tarefas, como atender un posto de venta de marcapáxinas, broches, etc. (Todos eles elaborados a man polo propio alumnado da Escola de Idiomas e o grupo do noso instituto); repartir folletos entre as persoas que paseaban pola rúa co fin de que se informasen sobre o acontecido no Xapón e se animasen a recadar fondos xunto connosco; ou incluso crear no chan un debuxo coas moedas do Monte Fuji, o máis importante de Xapón.
A pesar do mal tempo que lles coincidiu xusto ese fin de semana, as nosas mozas pasaron dos días do máis entretido e, baixo os paraugas e os soportais, lograron cumprir os seus obxectivos. ¡Chegaron incluso a esgotar todas as existencias dos broches que fabricaran!
A experiencia foi realmente grata e todas sentiron que axudaron ós damnificados, aínda que fose cunha pequena colaboración. Unha vez máis o IES Do Castro demostrou que “Pensa globalmente, actúa localmente”, pode converterse nun estilo de vida e con el, axudar a miles de persoas necesitadas. Hoxe, sabemos que a central nuclear de Fukushima xa atópase de volta baixo control dos técnicos xaponeses e que dende o 6 de Maio pódese acceder o seu interior, grazas a instalación dun sistema de ventilación novo no canto do antigo (Que atopábase danado e fora a causa das fugas nucleares). Non obstante, as cifras dos desaparecidos seguen ascendendo ás 12.000 persoas e a economía xaponesa atópase preto de afundirse.
Os xaponeses continúan a ser un exemplo de solidariedade e civismo en pleno horror. Esperamos que o noso pequeno xesto axude a todas estas persoas. Moita sorte Xapón.” Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Novas de CAS, maio 2011Os seguintes proxectos, entre outros, sucederon ou están en marcha este ano. Como a maioría dos proxectos esixen un traballo de grupo son sempre unha excelente ocasión para o desenvolvemento das habilidades sociais do alumnado participante. Tamén contribúen a desenvolver actitudes de compromiso persoal e responsabilidade social. Por outra parte, o feito de sentirse responsables da creación do proxecto ou partícipes de accións máis ou menos públicas, promove a súa autoestima e unha sensación de ter ‘capacidade para influír’ no que sucede ao seu redor, o que retroalimenta a capacidade de actuación. Voluntariado de integración escolar O alumnado de 2º de BI recibe e contribúe á integración do alumnado de 1º E cunha serie de actividades dirixidas e libres, nun mini-proxecto de ‘titoría entre iguais’ Segundo á experiencia deste ano, o proxecto merece a pena para o alumnado dos dous grupos: -o novo alumnado síntese apoiado moralmente, benvido ao centro, coñece o centro e as súas actividades con máis facilidade, e ten un ‘igual’ a quen acudir en casos de pequenas dúbidas de xestión e organización ou desorientación. -o alumnado de 2º pode desenvolver as súas habilidades sociais nun contexto seguro e expandir o seu sentido da responsabilidade e cooperación, poñéndose no lugar doutra persoa. Voluntariado de Biblioteca Este valioso traballo no centro conta co asesoramento da coordinadora da Biblioteca, Carmen Vilariño, e a colaboración do equipo de profesorado correspondente. Durante un recreo á semana, alumnado de CAS axuda nas labores de xestión e organización da biblioteca. Previamente realizaron un breve curso de formación para coñecer o funcionamento do programa MEIGA e outros aspectos da organización. Nalgunhas ocasións este alumnado tamén colabora na dinamización ou xestión de actividades promovidas desde a Biblioteca. Foi o caso, por exemplo, da contribución á celebración do Día da Paz ou á Semana da Muller. Nas fotos podemos ver o grupo de voluntariado que realiza estas labores actualmente, así como o grupo que realizou este traballo durante os primeiros meses do curso 2010-11. Todas as persoas relacionadas con este proxecto falan del como un labor enriquecedor e creativo. Felicitacións para este voluntariado polo seu entusiasmo e adicación á tarefa. Colaboración con HUMI (Rastrillo de Nadal) / Fundación Mayo Rey (Outlet solidario) A finais do mes de decembro, alumnado de CAS e tamén doutros cursos, fundamentalmente 4º ESO colaboraron coas actividades organizadas polas ONGs citadas para recadar fondos para os respectivos proxectos. En ambos casos, o alumnado asumiu funcións de venta, organización de produtos, empaquetado, etc en xeral con contacto co público asistente e coas persoas voluntarias/ xestoras destas organizacións. O alumnado participante atopou as súas experiencias interesantes e novedosas, valorando as posibilidades de aprender sobre realidades ou ambientes diferentes. Grupo de AI Este grupo renovouse coa participación de alumnado de 1º E. No primeiro trimestre participaron nunha campaña contra a pena de morte no propio centro. No mes de febreiro preparou a conferencia do periodista e director cinematográfico Alberto Arce, que no último momento non se puido celebrar por problemas de tráfico aéreo. Nos próximos días publicarase un traballo deste grupo, aproveitando a realidade do propio instituto. Aparte de conseguir obxectivos de concienciación propia e doutro alumnado, relacionados cos D.D.H.H. este grupo brinda a oportunidade de desenvolver a capacidade creativa do alumnado participante de diversos modos. Campaña Axuda a Xapón Un grupo de alumnado do IES do Castro –varias persoas de CAS, outras de 1º e 2º de Bacharelato- levou a cabo este proxecto colaborando cunha iniciativa de alumnado da EOI. Varias destas persoas son alumnas de xaponés nesta escola, e nalgúns casos colaboraron deseñando e producindo marcapáxinas e broches para a súa venda. Tratábase dunha campaña de concienciación e recollida de fondos para enviar a Xapón. Parte desta actividade tivo lugar na Rúa de Príncipe, como pode verse nestas fotos. Save the Frog O proxecto de reciclaxe de papel iniciado pola primeira promoción do BI continúa nas nosas aulas e na biblioteca semana a semana. No primeiro trimestre realizouse unha campaña de divulgación, dirixida especialmente ao alumnado de 1º ciclo. Últimamente as recollidas véñense facendo cada mércores ao mediodía. As veces a colaboración dalgunhas aulas podería ser mellor, pero globalmente o proxecto é un éxito e unha boa parte do alumnado está a amosar o seu interese pola protección do medioambiente a diario. Pequenos xestos individuais poden sumar moitos kilos e significar moito! No mes de marzo renovouse o equipo de recollida con novo alumnado de 1º E e do alumnado de O Castro-Axenda 21 de 3º de ESO. Agradeceremos calquera información sobre posibles fallos, para intentar subsanalos. Na foto o equipo ao completo diante do logo da Axenda 21 Nestas fotos os equipos en funcionamento. Mediación O Equipo de Mediación do centro renovouse este ano coa integración de novo alumnado tanto de CAS como doutros cursos. O alumnado deste equipo ten asistido a cursos de formación -organizados polo Dpto de Orientación- para comprender e practicar as destrezas e habilidades necesarias para actuar cando sexa preciso. Nos taboleiros do instituto poden verse os pósters realizados polo alumnado de CAS coa foto do alumnado do equipo, así como unhas ideas básicas sobre o proceso da mediación. Aínda que felizmente non é preciso realizar demasiadas mediacións no noso centro, gradualmente vaise instalando a idea de que en caso de conflitos entre iguais é posible acudir á axuda do equipo de mediación, ben a través do Dpto de Orientación, das titorías, etc. Nesta foto pode verse o equipo de mediación ao que pertence alumnado de diversos cursos da ESO e Bacharelato. Cinco destas persoas corresponden a alumnado CAS. Este é o cartel de divulgación do equipo de mediación do centro que está nas aulas. Imprimir este Artigo
|












