Plan de Convivencia do IES do Castro

Publicado o 25 Xuño, 2014 na sección Plan de Convivencia, +++Documentos e formularios de interese por Xefatura de Estudos
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reclamacións as cualificacións finais do curso 2013-2014

Publicado o 23 Xuño, 2014 na sección Zona Alumnado, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

No seguinte documento tedes as instruccións para facer as reclamacións as cualificacións finais da ESO e 1º de bacharelato.

reclamacions-finais-eso-e-1-bach.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Devolucións préstamos da biblioteca

Publicado o 12 Xuño, 2014 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

Achégase o final de curso e é o momento de devolver os libros e demais materiais de biblioteca que os alumn@s, profesor@s e demais usuari@s teñan no seu poder. Efectuade as devolucións tan pronto como poidades, nunca máis tarde do día 19 de xuño. Se necesitades algún libro para o verán e necesario proceder a súa renovación.

devolucion.jpg

Foto PAF

RECORDAR TAMÉN QUE TOD@S @S QUE QUEIRADES LEVER PRÉSTAMOS PARA VERÁN PODEDES PASAR POLA BIBLIOTECA . NON HAI LÍMITE DE PRÉSTAMOS.

Por último desexarvos a todo@s un bo verán

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Calendario fin de curso 2013-2014

Publicado o 9 Xuño, 2014 na sección Zona Alumnado, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

Premendo no seguinte documento accedese ao calendario fin de curso:

calendario-fin-de-curso-alumnado-2013-14.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Letras galegas solidarias

Publicado o 4 Xuño, 2014 na sección Celebracións, Lingua e Literatura galegas por Xulio Dobarro

O pasado xoves, 29 de maio, fomos convocados por Antón Bouzas, abondo coñecido na cidade de Vigo, especialmente polos menos favorecidos, e polo seu labor como educador social e terapeuta de Cedro, a un acto que estaba previsto se celebrase ao aire libre na praza da Independencia, pero que logo se trasladou ao interior do centro CEDRO na rúa Pintor Colmeiro.

tino-baz.jpg

Tino Baz, Antón/s e rapaces do Ies do Castro

Pois ben, nun espazo reducido pero cheo de ilusións e boa vontade reuníronse alí, como diciamos, por iniciativa do que tamen foi nalgunha ocasión “afrancesado” e desempeñou o papel de  xefe  do exército francés, Chalot,  cando  a invasión do estado veciño aló polo 1809, un grupo de persoas que rezumaba solidariedade, esperanza e moita ilusión por ter acadado algúns pequenos éxitos, e, á vez moi grandes, nestes tempos de contradicións permanentes: fraude na vida pública-austeridade na privada; máis ricos-máis pobres, menos solidariedade- máis xenofobia, máis acoso escolar-menos compañeirismo, etc, etc.

Neste contexto, o colectivo IMÁN-CEDRO reuniu, co gallo  da celebración das Letras Galegas e do XVIII aniversario do pasamento de Lois Pereiro, a un nutrido grupo de músicos, escritores e rapsodas que fixeron vibrar os alicerces do recinto, onde as persoas en rehabilitación por enfermidades relativas a drogodependencias ou sida tratan de voltar á cotidianeidade, no ximnasio co que contan alí.

O primeiro en romper o xeo foi o cantautor Tino Baz que, cunha voz grave e dóce á vez, nos trouxo á memoria algúns dos temas máis coñecidos de Emilio  Batallán e de diversos poetas galegos. De seguido foi Francisco Castro, narrador e poeta, quen compuxo un sentido poema para a ocasión e no que se poñía en entredito a honestidade da igrexa con respecto a algunhas prácticas hoxe recomendadas pola OMS, especialmente nos países subdesenvoltos.

A parte musical e festiva, con bailes incluídos, completouse coa colaboración do gaiteiro vigués, Antón Sánchez, e, neste caso acompañado  polo mesmo Tino Baz,  artistas  consumados e polifacéticos.

Finalmente, da man de Manuel Veiga,e de An Alfaya,escritores,  foi o propio irmán de Lois Pereiro, X. Manuel Pereiro, periodista,  o que agradeceu ao colectivo e ás persoas presentes, esta lembranza do seu irmán e  adicou unhas sentidas palabras de cariño e apoio a todos os desherdados e “senteito” que, nesta sociedade tan moderna, mantén situacións de extrema pobreza.

grupo-cedro.jpg

Clausura do acto con varias caras coñecidas

Non podemos deixar de destacar no acto, a colaboración dun grupo de alumnos e alumnas do Instituto, 3º da ESO-A, que como rapsodas voluntarios, aínda que moi profesionais, contribuíron coa recitación de varios poemas, tanto de Lois Pereiro, como de Celso Emilio, Ramiro Fonte, ou Curros Enríquez, a que todo aquilo se impregnase de xuventude e esperanza. E non podía faltar a recitación do poema, por excelencia,Penélope,  de X. Mª. Díaz Castro, na voz dos protagonistas do acto.

NARCISISMO (LOIS PEREIRO)

Sigo os pasos do sangue no meu corpo

e coa unlla do meu dedo máis firme

abro un sulco vermello en media lúa

na vea que me acolle tan azul

Quizais dúas palabras poden resumir encontro tan emotivo, que, na opinión do  poeta E. Pondal, vén sendo a bondade e a  xenerosidade. Apertas, e ata a próxima.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reunión informativa sobre o Bacharelato Internacional

Publicado o 29 Maio, 2014 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

O vindeiro mércores día 4 de xuño ás 19:30 celebrarase no Salón de actos do Instituto unha reunión para todos os interesados en coñecer o funcionamento do Bacharelato Internacional á que estan invitados todos os pais e alumnos interesados en coñecelo nunha exposición pública das súas principias características. 

Previamente, ás 18:00 terá lugar a Exposición pública oral por parte dos alumnos do primeiro curso dos seus traballos de investigación correspondentes ás asignaturas do Grupo 4 (Física, Química, Biología e Sistemas ambientais e Sociedades)

Os alumnos de 1º realizan unha exposición pública dos seus traballos de investigación con obxecto de atender, entre outras cousas, á formación da súa capacidade de comunicación e as súas habilidades de uso das novas tecnoloxías. A esta exposición sería interesante que asistisen os alumnos interesados, aínda que non poidan vir os seus pais.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Ledicia Costas co alumnado de 1º e 3º da ESO

Publicado o 28 Maio, 2014 na sección Lingua e Literatura galegas por Xulio Dobarro

 conferencia-xeral.jpg

Alumnado de 1º da eso coa autora

Edicións Xerais de Galicia, editora das obras de Ledicia Costas, na súa angueira de difusión da Lingua e a literatura galegas, vén de facilitarnos, coa colaboración da súa autora, o coñecemento de dúas das obras publicadas nese selo editorial.

Por un lado, foi o alumnado de terceiro da ESO o que tivo a oportunidade de escoitar da propia escritora viguesa o proceso de creación  que inspirou o título “ O corazón de Xúpiter”  e, de paso, tratar algúns temas de  máxima  actualidade entre o alumnado, como son  o ciberacoso/sexting, acoso escolar e a  homosexualidade. Temas todos eles que subxacen na narración e, que foron obxecto de reflexión na posta en común sobre a obra.

A atención inicial xirou arredor do vídeo proxectado, que recolle o tráxico desenlace dunha adolescente que, víctima de acoso, deixa gravado denantes do seu suicidio a terrorífica experiencia contada pola protagonista de tan cruel desenlace.

sinaturas-ledicia.jpg

Sinaturas de “Recinto gris”

En conclusión, a mensaxe semella concluínte: hai persoas que o pasan moi mal por ser obxecto de acoso   escolar, de discriminación por razóns de raza, sexo ou relixión e que debemos ser máis sensibles e solidarios con aqueles máis susceptibles de padecelos. E, o que está resultando máis grave no día de hoxe: o ciberacoso, que, en certa medida, aproveita o vacío legal, e, ademais, conta coa  facilidade de acceso ás redes sociais. Por iso, quizais a solución non pase por prohibilas,porque para os nativos dixitais parecen inherentes á súa condición humana, senón por ensinarlles a usalas.

ledicia-soa.jpg

Ledicia asina exemplares de “Corazón de Xúpiter”

Nunha segunda volta, foi o alumnado de 1º da ESO o que contou coa versión da interpretación da obra pola mesma autora, sendo neste caso sobre o título “Recinto gris”.   Nesta ocasión, segundo a propia autora, é a ausencia de información histórica sobre determinados acontementos moi graves  para a humanidade o que a animou a construír este relato, destinado a un público xuvenil, e no que a verosimilitude e a fantasía se conxugan de xeito máis ou menos acertado para denunciar prácticas de exterminio daquelas persoas que por algunha razón resultan diferentes á maioría. Así, “o recinto gris” viría a ser unha especie de guetto, controlado por uns seres estraños disfrazados de lobos, e onde son recluídos todos aqueles que se aparten do modelo estándar e que grazas á habilidade de pequenos e maiores e a fantasía da autora conseguen burlar o cerco.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo