Matrícula para as PAU. Convocatoria de Xuño (curso 2013-2014)

Publicado o 19 Maio, 2014 na sección Zona Alumnado, Xefatura de Estudos, Secretaría por Xefatura de Estudos

Só se pode matricular o alumnado que superou o 2º curso de bacharelato.

 A matrícula hai que facela na secretaría do IES do CASTRO: o luns 26 e o martes 27 de maio, de 9 a 13:00 horas.

Antes de matricularse farase o depósito do TÍTULO DE BACHAREL.
– Hai que
recoller en secretaría o impreso de TAXAS AUTOLIQUIDACIÓN, facer o ingreso que corresponda nunha entidade bancaria e facer o depósito de título no momento de formalizar a matrícula das probas de selectividade.

TAXAS
TÍTULO DE
BACHAREL

ORDINARIA

49,82 €

FAMILIA NUMEROSA 1ª

24,94 €

FAMILIA NUMEROSA 2ª e HONRA

GRATUÍTA

Documentación necesaria para a matrícula das PAU:

Fotocopia do DNI ou Pasaporte sen recortar.
Xustificante (folla amarela e rosa) de ter aboadas as taxas de matrícula e documentación que acredite, se é o caso, a exención das mesmas.
Formulario de solicitude de opcións do bacharelato polas que concorre ás PAU debidamente cuberto.
Fotocopia da tarxeta (vixente) de familia numerosa para o alumnado que alegue esta circunstancia.
Fillos de funcionarios das Universidades de Galicia: Certificación dos servizos de persoal, e fotocopia do Libro de Familia para xustificar que son fillos de funcionarios.

» NOTA: todas as fotocopias deberán vir acompañadas dos orixinais para facer as compulsas.

TAXAS DE MATRÍCULA das PAU:

Matrícula ordinaria: …………………………………………………………… 63,67 euros

Familia numerosa de 1ª categoría:………………………………………31,84 euros

Familia numerosa de 2ª categoría e Honra:………………………..  0,00 euros

Persoal docente e de administración e servizos,

así como o seu cónxuxe e fillos, das tres

universidades do SUG: ………………………………………………………… 0,00 euros

O día 2 de xuño o alumnado deberá revisar no centro os datos contidos nas listaxes provisionais de matriculados (e facer a reclamación pertinente se fora o caso antes das 14h).

Máis información nos taboleiros, na secretaría do instituto, no blogue do Departamento de Orientación ou na páxina WEB da CIUG.

Datas dos exames:11,12 e 13 de xuño, na Facultade de Traducción e Interpretación.

NOTA: O alumnado que non se presente ás probas de selectividade pero que queira acceder a un ciclo superior deberá realizar o depósito do título obrigatoriamente.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reclamacións finais de 2º curso de bacharelato

Publicado o 19 Maio, 2014 na sección Zona Alumnado, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

Lémbrase ó alumnado que non estea conforme coa súa cualificación que o procedemento a seguir é o seguinte:

 

-1ª Instancia: pedir ó/á profesor/a da asignatura a revisión do seu exame no seguinte prazo: Venres, 23 de maio de 10:00 a 14:00 horas

- 2ª Instancia: En caso de disconformidade coa reclamación realizada ó/á profesor/a da asignatura o alumnado poderá facer unha reclamación ó Departamento, segundo modelo oficial, no seguinte prazo: Venres e luns , 23 e 26 de maio, ata as 14:00 horas

As resolucións das reclamacións faranse: o martes, 27 de maio, ás 12:00 horas.

- 3ª Instancia : en caso de disconformidade coa resolución do Departamento o alumnado poderá presentar por escrito no centro, no prazo de 24h, reclamación ante a Comisión de Supervisión da Consellería de Educación e Ordenanción Universitaria.

 

 

 

Vigo, 12 de Maio de 2.014

A Dirección do IES do Castro

 

 

 

 

Lémbrase a todo o alumnado de 2º de bacharelato que ten que entregar as chaves das taquillas en conserxería.

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

I Quedada Literaria de Vigo e Bisbarra

Publicado o 18 Maio, 2014 na sección Actividades, Lingua e Literatura galegas, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

O pasado día 15 de maio celebrouse a I Quedada Literaria de Vigo e bisbarra. Os alumnos e alumnas de 2º da ESO C, 3º da ESO A e PDC, asistiron a esta xuntanza acompañados polos profesores Almudena, Xoán Xosé Sande e Carmen Vilariño. A iniciativa desta reunión de lectura partiu de Antonio Fernández, coordinador da biblioteca do CEIPF Manuel Antonio e foi secundada polo Concello de Vigo . Nesta primeira quedada participaron oito centros de Vigo e a súa bisbarra: CEIP O Chouzo, CEIP Frián-Teis, CEIP Ría de Vigo, CEIP O Pombal, CEIP Carrasqueira CEIP Santa Mariña de Redondela, O IES  pino Manso de Porriño, O IES do Castro. Foi un día festivo para a lectura que se convertiu nun preámbulo do Día das Letras Galegas.

quedada-06.JPG

A xornada comenzou coa chegada ao Parque de Castrelos as dez da mañán, e a reunión dos case 500 alumnos e alumnas no punto de encontro. Distribuidos por zonas celebráronse as actividaes da xornada:

Lectura individual

dsc01908.JPG

dsc01905.JPG

dsc01903.JPG

dsc01907.JPG

As lecturas  compartidas cos rapaces e rapazas do IES Pino Manso do Porriño, intercambio de marcapáxinas e recomendacións de lecturas  seguiron  as lecturas individuais.

Alumnos e  alumnas de 2º e 3º da ESO contaron contos aos máis pequenos da quedada, os alumnos e alumnas do CEIP Ría de Vigo, de 4 de infantil e 5 de infantil,  que disfrutaron cos contos , A que sabe a lúa? e A galiña roxa.

dsc01920.JPG

dscn6278.JPG

dsc01921.JPG

E mesmo fixeron intercambio de marcapáxinas

dsc01919.JPG 

Os alumnos e alumnas do PDC fixeron de padriños lectores dos máis pequenos lendo o conto de Irene Pérez Pintos, Ire.

dsc01928.JPG

dsc01929.JPG

dsc01937.JPG 

Tras un descanso merecido , tod@s xuntámonos no Pazo para celebrar o acto de clausura da quedada presentado pola actriz Uxía Blanco. Cada centro participante preparou algo especial, lecturas , poemas, cancións…..

Día grande para os nen@s e día grande para a lectura.

A  galiña roxa

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Relación definitiva de alumnado admitido para o curso 2014-2015

Publicado o 9 Maio, 2014 na sección Xefatura de Estudos, Secretaría por Xefatura de Estudos

A relación definitiva de alumnado admitido no centro para o curso 2014-15 pódese consultar no seguinte documento pdf:

 listas-definitivas-admitidos-curso-2014-15.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Xornada na natureza do alumnado de 1º da ESO

Publicado o 7 Maio, 2014 na sección Lingua e Literatura galegas, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

O PROGRAMA “MONTENTÉRATE” DA C. DE EDUCACIÓN E MEDIO RURAL  NO IES DO CASTRO

O programa Montentérate está incluído dentro das actividades organizadas pola Consellería de Educación e a de Medio rural e do mar para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial do monte, en xeral, e, os de man común, en particular. Ademais de destacar a importancia dos montes desde o punto de vista paisaxítico e climatolóxico e difundir entre o alumnado o que se consideran boas prácticas en canto á prevención de incendios e aproveitamneto de froitos silvestres (cogomelos, plantas medicinais, castañas, etc.) neste caso tamén se fai fincapé, de xeito especial, sobre a importancia do monte como alternativa de lecer saudable fronte a outros hábitos máis sedentarios.

. conferencia.JPG

RECEPCIÓN E CONFERENCIA NA SEDE DA CMVC DE CORUXO

Pois ben, despois dunha pequena reflexión sobre o tema na aula, o pasado día 28 de novembro levouse a cabo o que demos en chamar “Inmersión e plantación” no monte veciñal en man común de San Salvador de Coruxo-Fragoselo. Foi o alumnado de primeiro da ESO o que nesta ocasión se desprazou ata o monte de Fragoselo para que unha vez alí fose recibido por persoal laboral da Comunidade de montes no local da entidade para ser informado sobre o que son os montes periurbanos do concello de Vigo e de maneira especial sobre a súa fauna. Tal e como puxo de manifesto o conferenciante, é preciso tomar conciencia do número amplo de aves, mamíferos, réptiles e anfibios que están tan cerca e ao mesmo tempo resultan tan descoñecidos para a maioría da poboación e isto pode ter unhas graves consecuencias para o equilibrio medioambiental e a cadea trófica porque, tamén aquí, o perigo de sobrevivencia dalgunhas especies está en entredito como pasa co reino vexetal. Estamos a falar do visón americano, do mapache, do caranguexo americano, as cotorras ou as abespas asiáticas que castigan os enxames para a produción de mel e, polo tanto, todas elas,especies invasoras. A continuación realizouse unha andaina de aproximadamente cinco quilómetros que serviu para observar a diversidade e os fortes contrastes entre os espazos de vexetación espontánea, onde campan os eucaliptos e as acacias como especies invasoras e que de non ser controlados invadirían todo o monte coas consecuencias dramáticas para o resto de árbores autóctonas. Xunto a aquelas tamén a presenza abondosa de piñeiros que son unha fonte de ingresos moi importante, para o seu uso na construción e pasta de papel. Neste percorrido tamén se viu o lugar no que se acumulan todos os restos de podas e limpeza do monte como biomasa para o aproveitamento en abono e enerxía.

andaina.JPG

NO CORAZÓN DO BOSQUE

Un dos puntos de máis interese é o que se coñece como regueira de Laxiade, onde se está levando a cabo un proceso de recuperación de especies frondosas e propias das valgadas, fronte ás de máis fácil crecemento como son os eucaliptos, piñeiros e acacias. Por iso neste recuncho se aproveitou para sensibilizar ao alumnado sobre a importancia de preservar determinadas variedades de árbores que de non ser protexidas corren o risco de extinción. Estamos a falar neste caso da recuperación de espazos con castiñeiros (soutos),acivros, bidueiros, freixos, abelairas ou amieiros que conviven con outro elemento moi importante no equilibrio medioambiental, como é a auga.

nino.JPG

O QUE NON PUIDERON VER

Para rematar, e como colofón a este día no que os cinco sentidos eran poucos para desfrutar en toda a súa dimensión da xornada na natureza, aínda quedaba o máis novidoso, que era, plantar unha árbore. Para a maioría foi a primeira vez que botaron man a un sacho, laia ou pa e se emporcaron coa terra que ía servir de sostento á árbore ; pero a empresa foi un éxito total e mesmo algúns quixeron repetir a experiencia de plantar algún bidueiro, érbedo ou pradairo con tal de que aquilo rematase felizmente coa colaboración dos traballadores forestais. Ao longo do percorrido houbo ocasión para ver diferentes alternativas de lecer en contacto coa natureza: circuíto de mountain bike, rutas de senderismo, campo de fútbol, petróglifos en cantidade, parque forestal, etc. En resumo, un monte periurbano cunha oferta de posibilidades extraordinarias, moi cercanas e á vez moi accesibles, Fragoselo-Coruxo, e un pulmón máis que facilita as nosas vidas e que debemos coñecer para protexelo dos posibles inimigos.

sara-e-cia.JPG

SARA,VALERIA, LAURA E SANDRA CO SEU ÉRBEDO

amy-le.JPG

NA REGUEIRA DE LAXIADE,AMY DISPONSE A LER

Advertencia: A actividade, con carácter gratuíto para o alumnado, foi financiada polo centro e subvencionada pola ANPA.A opinión do que subscribe é que este tipo de accións deberían seguir contando con eses apoios.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Relación provisional de alumnado admitido para o curso 2014-2015

Publicado o 28 Abril, 2014 na sección Xefatura de Estudos, Secretaría por Xefatura de Estudos

A relación de alumnado admitido para o curso 2014-15 pódese consultar no seguinte documento:

alumnado-admitido-para-o-curso-2014-2015.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Campus de profundización científica para estudantes de ESO

Publicado o 17 Abril, 2014 na sección Zona Alumnado, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

No seguinte documento pdf tedes o BOE coas bases de participación no concurso para o “Campus de profundización científica para estudantes de 4º ESO”, que tiveran un bo rendemento nas materias científicas. Animádevos a participar.

%c2%abcampus-de-profundizacion-cientifica-para.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O alumnado de 3º da ESO en Celanova e Ourense

Publicado o 12 Abril, 2014 na sección Lingua e Literatura galegas por Xulio Dobarro

img_5531.JPG

INTRODUCIÓN AO CONCERTO DIDÁCTICO NO CORO ALTO DA IGREXA DE CELANOVA

Este ano, con certa antelación sobre a data que viña marcando a visita a Celanova, o alumnado de 3ºda Eso desprazouse ata a esa localidade o día 8 de abril, non só para desfrutar dun espléndido día fóra do Instituto, senón tamén para submerxirse na vida do mosteiro de San Salvador ou, tamén  coñecido polo nome do seu fundador San Rosendo, para admirar a extraordinaria obra arquitectónico do conxunto monástico. A viaxe, iniciouse, como de costume, de mañanciña, para poder aproveitar a xornada ao máximo. Cando son as dez da mañá xa nos están agardando na praza principal de Celanova as persoas que nos van servir de guías e apoio da xeira cultural ao longo da mañá. A organización aconsella organizármonos en dous grupos para que a visita resulte o máis rendible posible. Un grupo trasládase á Casa dos poetas ou de Curros Enríquez e, o outro ao mosteiro. O que nos imos atopar en cada un dos lugares xa é coñecido por algúns, pero a outros  sorprenderaos a grandiosidade do mosteiro, como nunha vila, hoxe diezmada pola caída da poboación, puido acaparar tanto poder. Na casa de Curros, a responsable, Paula, documéntanos amplamente e dun xeito abondo didáctico cos paneis que colgan das paredes referidos á biografía do autor, algunha que outra anécdota e o labirinto para que o Padroado puidese dispoñer da casa natal do poeta. Non se esquecerá tampouco do outro grande vate do século pasado, Celso Emilio Ferreiro, natural desta vila e que, agás algún que outro sensabor ,”Longa noite de pedra” mantivo certa devoción pola vila. Na actualidade, o principal creador literario, vivo e moi vencellado á Fundación é X. Luis Mendez Ferrín, anterior presidente da RAG e sobradamente coñecido pola súa obra ambientada na comarca, “Arraianos” e outras moitas. O que, dalgún xeito, vén a probar que a traxectoria iniciada por Curros segue viva. A xeira polo mosteiro iníciase cunha presentación dos dous grandes claustros, O Reglar, do século XVI, con bóvedas de crucería e medallóns con bustos de personaxes históricos; o outro, chamado Novo ou do Poleiro rematouse en 1722. Esta parte acolle na actualidade o instituto da localidade e, entre outras curiosidades, destaca a escalinata que dá acceso ao segundo andar, no que sobresae a biblioteca que conxuga o estilo clásico coa modernidade.

img_5543.JPG

NA HORTA DA CASA DE CURROS, AO LONXE CASTROMAO

A visita ao mosteiro, á parte da xa sabida importancia da capela de san Miguel de Celanova, de arte mozárabe, os retábulos e o coro baixo; nesta ocasión, quizais o máis interesante será a lección dada pola profesora de piano do conservatorio superior de Ourense, no coro alto, onde un órgano excepcional permite trazar unha ampla historia sobre o instrumento en xeral e sobre este en particular. Era esta a primeira  ocasión para poder escoitarlo e, desde logo, que non decepcionou nin a profanos nin a virtuosos. Con  moito didactismo, ese día, algúns puidemos saber o que era en profundidade un órgano e outros detalles para incorporar á nosa bagaxe cultural (fascistol, misericordia, etc.) Cunha pequena incursión na parroquia de Vilanova dos Infantes, para ver de cerca a considerable altura que acadaba a torre de homenaxe do que foi un antiguo castelo medieval e, como  non, a figura da virxe do Cristal, que custodia o crego da parroquia e que inspirou a Curros para elaborar o poemario adicado a aquella, desandamos parte do camiño e presetámonos en Ourense cidade. Despois de repoñer  forzas, e dado que estamos na cidade do termalismo por excelencia, non se podía evitar unha visita fugaz ás Burgas e dirixirse ás termas de Outariz, porque, a pesar do día caloroso, había que realizar o baño iniciático inherente á visita.

 

img_5566.JPG

NAS TERMAS DE OUTARIZ

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo