Xa é oficial: o ombú do Castro, árbore senlleira

Publicado o 3 Xuño, 2017 na sección Foto da semana, Celebracións por Alberte Zato

Phytolacca dioica L.

O Diario oficial de Galicia publicou o xoves 1 de xuño a resolución do 16 de maio de 2017  da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión de varios exemplares no Catálogo galego de árbores senlleiras. Entre eles esta Phytolacca dioica L., emblema do noso instituto. Como curiosidade, insertamos este enlace cunha fotografía dun sitio moi famoso no que aparece un ombú como o noso.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reportaxe gráfica e vídeo da Despedida da Promoción 2017

Publicado o 30 Maio, 2017 na sección Celebracións, Despedidas, Zona Alumnado por Alberte Zato

despedida-2017.jpg

http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?page_id=3096

 [Se necesita algunha foto en especial a maior resolución, non dubide de solicitala ao autor da reportaxe]

 

Vídeo do evento

(Filmado e editado por Xavier Torrado)

 

 

 

Reportaxe gráfica e tratamento dixital de Alberte Zato

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria oficial de maio 2017 de proba escrita para alumnado coa materia de Lingua castelá e Literatura pendente de cursos anteriores

Publicado o 23 Maio, 2017 na sección Avisos urxentes, Lengua y Literatura castellanas, Exames por Alberte Zato

pendientes-castellano.png

 

Convócase ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO coa materia de Lingua castelá e Literatura pendente de cursos anteriores que non aprobara por curso a asignatura pendente á realización da proba escrita que constitúe a convocatoria ordinaria.

Esta proba escrita, cunha duración de 60 minutos aproximadamente, estará baseada nos modelos propostos polo departamento.

 

Lugar, data e hora:

 

Probas para pendentes de 1º, 2º e 3º de ESOAula de Convivencia.

  • Martes, día 30 de maio do 2017, ás 16.30 horas.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria axudas libros de texto e material escolar

Publicado o 22 Maio, 2017 na sección Libros de texto, Zona Alumnado, Zona ANPAs, Vicedirección por Xefatura de Estudos

books-stationery-61.png

 

Premendo no seguinte enlace atópase a convocatoria.

fondolibros.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Avaliación Final de Educación Secundaria Obrigatoria (4º ESO)

Publicado o 22 Maio, 2017 na sección Avisos urxentes, Dirección por Directora

No seguinte arquivo  pódese ler a información sobre as probas de Avaliación final de ESO(4º ESO) facilitada pola Consellería de educación.

As probas celebraranse os días 23 e 24 de maio no instituto.

nota-informativa-4-eso.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Listaxes Definitivas de alumnado ADMITIDO curso 2017-18

Publicado o 15 Maio, 2017 na sección Zona ANPAs, Xefatura de Estudos, Secretaría por Xefatura de Estudos

reserva_praza.png

 

Para visualizar as listaxes é necesario premer no arquivo adxunto.

listaxesdefinitivas1.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria de prazas para o BACHARELATO INTERNACIONAL: Curso 2017-2018

Publicado o 26 Abril, 2017 na sección +++Documentos e formularios de interese, Noticias do Programa do Diploma do BI, Convocatorias por Alberte Zato

undefinedO IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.

Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que o desexen sen máis requisito que ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).

A adxudicación de prazas terá en conta unicamente, con ponderación especial da nota media de inglés (0,2), o expediente dos alumnos nos catro cursos da ESO, tendo en conta en 4º a nota da 2ª avaliación.

O prazo de solicitude estará aberto a partir do mércores 26 de abril ata o luns 19 de xuño e se fará mediante a folla de inscrición que se enlaza aquí, que tamén se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación se fará na Secretaría deste Centro ou ben mediante correo electrónico na dirección castroibo@gmail.com, tendo esta última modalidade plena validez legal.

A resolución da convocatoria será publicada nesta páxina e no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.

En todo caso, para ampliar a información, pódese consultar o tríptico que se enlaza aquí ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional: http://www.ibo.org/es/. Ademais, é conveniente que os interesados asistan á reunión informativa que se fará no Centro o luns 12 de xuño ás 19:00 para explicar as características deste Bacharelato.

Vigo, 26 de abril de 2017.

Nota importante: a oferta final de prazas está suxeita ás posibilidades organizativas do Centro en virtude das disposicions da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, polo que os alumnos admitidos non deberán renunciar á praza que teñan solicitado polo conducto ordinario antes de formalizar a matrícula neste Centro.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Calendario FIN DE CURSO 2º BACHARELATO e procedemento de reclamación de cualificacións

Publicado o 26 Abril, 2017 na sección Zona Alumnado, +++Documentos e formularios de interese, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

bye.jpg

Para visualizar ambos documentos, prema nos seguintes enlaces:

reclamacions_finais_bacharelato.pdf

calendario_fin_curso1.pdf

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo