 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		
	
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		Convocatoria de prazas para Bacharelato Internacional 2018
Convocatoria 2018
Programa do Diploma do Bacharelato Internacional
11 de maio de 2018
O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.
Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que cumpran seguintes requisitos :
- ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).
-ter cursado en ESO as materias do PD nas que se van matricular e ter conseguido unha nota aceptable nas mesmas.
A adxudicación de prazas (*) terá en conta o expediente do alumnado nos catro cursos da ESO.
O prazo para solicitar praza estará aberto a partir do martes 15 de maio ata o venres 15 de xuño .
Realizárase mediante o modelo de solicitude adxunto , que tamén se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación será na Secretaría do IES do Castro ou ben mediante correo electrónico na dirección electrónica castroibo@gmail.com, tendo esta última modalidade plena validez legal.
A resolución da convocatoria será publicada na páxina web do IES do Castro ( http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/ ) así como no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.
En todo caso, para ampliar a información , pódese consultar o tríptico informativo ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional en https://www.ibo.org/es/information-for-parents/ . Ademais, é conveniente que o alumnado interesado, acompañado do seu pai/nai/titor-a asista á reunión informativa que terá lugar no IES do Castro o luns 4 de xuño ás 19:00.
Para formalizar a matrícula requerirase a seguinte documentación, aparte da ordinaria para o Bacharelato LOMCE:
1 - informe académico positivo da Xunta de Avaliación de 4º ESO ou do titor/a deste curso (en caso de alumnado procedente doutros centros escolares), segundo o modelo adxunto.
2- Compromiso asinado polo alumnado, así como pai/ nai/ titor legal de que permanecerán no PD durante os dous cursos correspondentes, salvo circunstancias excepcionais, segundo modelo adxunto.
(*) A oferta final de prazas está suxeita ás posibilidades organizativas do Centro en virtude das disposicións da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, polo que o alumnado admitido non deberá renunciar á praza que teña solicitado polo conduto ordinario antes de formalizar a matrícula neste Centro.
Descarga dos documentos citados
   
 
convocatoria-prazas-bi-2018.pdf
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		Concurso-Exposición “Paisaxes Histolóxicas”
Entre os días 14 e 28 de maio, na planta baixa do instituto, haberá unha exposición sobre fotografías de tecidos animais e vexetais.
O Departamento de Bioloxía-Xeoloxía propón a todo o alumnado da ESO e Bacharelato, facer unha viaxe interpretativa sobre a arte microscópica e deixar unha brevísima descripción, sobre as paisaxes histolóxicas mais suxerentes, na furna situada á esquerda do corredor que leva á cafetería. A participación no concurso-exposición ten premio.
Despois do día 28 o xurado, formado polos membros do departamento, convocará aos gañadores do concurso.
Animádevos a participar
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		
	
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		
	
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		
	
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	















 
 



