Última clase da Profª. Rosa Segura

Publicado o 26 Xaneiro, 2018 na sección Despedidas, Zona Alumnado, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

Despedimos con todas as honras e dignidades á Profª. Rosa Segura que hoxe impartiu a súa última clase como sensacional profesional do ensino público.

Temos que agradecerlle profundamente -e varias xeneracións de alumnado farano tamén- a súa dedicación, excelencia e compromiso con esta santa profesión, e co ensino público.

Directora, xefa de estudos, pioneira do IES do Castro -xa imos quedando menos Laughing Out Loud - e impulsora de melloras esenciais no noso instituto.

Moitas grazas, Rosa. Semper fidelis!

rosa.jpg 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Éxito do noso alumnado na Olimpiada de Bioloxía 2018

Publicado o 19 Xaneiro, 2018 na sección Bioloxía e Xeoloxía por Alberte Zato

Dúas alumnas (Raquel Castiñeira Max e Marta Sanjiao Barrientos, de 2º de Bacharelato A) e dous alumnos (Denís Arribas Blanco, de 2º de Bacharelato Internacional e Yago Radziunas Salinas, de 2º de Bacharelato A) do noso IES participaron o venres pasado, 12 de xaneiro de 2018, na fase autonómica galega da XIII Olimpíada de Bioloxía, celebrada na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

 

Así de relaxados estaban antes da competición:

 alumnado-olimpiada-bioloxia.jpg

 

Tras unha proba teórica e outra práctica, que realizaron xunto con outras 102 alumnas e alumnos de outros 30 centros educativos de secundaria de Galicia, resultou gañador Denís Arribas, empatado en puntos con outros dous alumnos: Javier Pérez Martínez, do IES Otero Pedrayo, de Ourense e Pedro Vieites Pérez, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago.

Parabéns!!!

-  Noticia do Atlántico Diario (13/01/18)

http://www.atlantico.net/articulo/vigo/campus-acogio-olimpiada-biologia-105-concursantes/20180113004655626772.html

 

-  Noticia do Correo Gallego (14/01/18)

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/un-compostelano-gana-olimpiada-biologia/idEdicion-2018-01-14/idNoticia-1094120/

 

-  Páxina web do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA)

http://www.biologosdegalicia.org/olimpiada_bioloxia.html

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo