 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		
	
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		Semana matemática 2020
A UNESCO aprobou a proclamación do 14 de marzo como Día Internacional das Matemáticas. Esa data era coñecida como o día de Pi, que moitos paises xa viñan celebrando pola coincidencia do 3/14 (na orde anglosaxoa) coas primeiras cifras deste número irracional.
O tema escollido este ano As Matemáticas están en todas partes fainos pensar nos algoritmos matemáticos que se agochan detrás dos motores de busca de internet ouna súa aplicación en tecnoloxías sanitarias, intelixencia artificial ou outras múltiples áreas que van dende obxectos cotiáns como un teléfono móbil ata o transporte e as comunicacións, os sistemas electorais, o cambio climático, a arte ou a música.
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		ERASMUS + | Educating Citizens: Learning Democracy Through Social Action

EDUCATING CITIZENS: LEARNING DEMOCRACY THROUGH SOCIAL ACTION
(Educando cidadáns: aprender valores democráticos mediante a acción social)
Este é o título do programa ERASMUS+ no que está a participar o noso centro. Ten unha duración de dous anos, comezando en setembro de 2018 e finalizando en xullo de 2020. Estamos a traballar nel catro centros de distintos países europeos. Un deles é o noso, IES do Castro, e os outros tres son: O ProCivitas Privata Gymnasium AB Stockholm que é o centro coordinador internacional e está situado na cidade de Estocolmo; A Szabad Walford Atalanos Iskola és Gimnazium, na cidade de Szeged, Hungría; o 1st Lyceum of Rodas, en Rodas, Atenas.
O proxecto desenvólvese na área temática da educación para a cidadanía e o obxectivo céntrase en desenvolver a competencia social e cívica entre os estudantes, mediante unha “viaxe de aprendizaxe” que complete os seus estudos curriculares e que os prepare para unha activa participación na vida política e social.
Para cumprir este obxectivo, alumnado e profesorado participante está a desenvolver diversas actividades comúns a todos os centros participantes, ademais dos catro encontros transnacionais, dunha semana, aos que asisten unha representación do alumnado e profesorado participante. Esta é a orde de celebración dos encontros: Szeged (Hungría) en marzo/abril de 2019; Rodas, outubro de 1919; IES do Castro, febreiro de 2020;  Estocolmo, abril de 2020.
Este proxecto está financiado integramente polo programas ERASMUS+ da UE, cunha subvención que cubrir tanto os gastos relacionados coa xestión do proxecto coma os derivados dos encontros transnacionais.
O SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación) é o responsable de avaliar a memoria final do proxecto.
Páxina web do proxecto:
https://erasmuseducitizens.wordpress.com/
Instagram do proxecto en Vigo:
socialaction_erasmusplus_vgo
Instagram do proxecto:
socialaction_erasmusplus

 
					
			
				 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	












