Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Carta de benvida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

BENVIDA DE SETEMBRO
Aconsellamos visitar a nosa páxina web estes días, antes do comezo de curso, onde iremos publicando toda a información sobre o inicio e as normas e medidas que vaian saíndo.
Alumnado de 1º e 2º Bacharelato
Benvidas e benvidos a todo o alumnado que comezades este curso de bacharelato no IES do Castro . Queremos darvos a benvida a todos e todas, tanto aos que vindes por primeira vez ao centro como aos que continuades estudos connosco.
Gustaríanos que a situación fose distinta pero intentaremos levar a cabo as clases e actividades da mellor maneira posible. Temos preparadas as medidas de seguridade pero necesitamos e é imprescindible a vosa colaboración para que se cumpran.
Sabedes que debedes estar no centro coa máscara ben posta (é necesario que trouxésedes na mochila máscaras de reposto, xel hidroalcólico e panos desbotables) e seguir os percorridos propostos para poder gardar as distancias de seguridade o máximo posible.
O primeiro día, darémosvos a benvida e estarán os titores esperándovos para explicarvos todas as novas normas para que asistamos ao centro coas máximas garantías. Un caderno e un bolígrafo tamén vos farán falta para anotacións, copiar horario etc.
Este curso non estará permitido compartir material nin libro de texto.
Comeza a conta atrás para vernos e xa vos estamos esperando con moita ilusión!
A xunta directiva do IES do Castro
Imprimir este Artigo
Carta de benvida ao alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO

BENVIDA DE SETEMBRO
Aconsellamos visitar a nosa páxina web estes días, antes do comezo de curso, onde iremos publicando toda a información sobre o inicio e as normas e medidas que vaian saíndo.
Alumnado 2º, 3º e 4º ESO
Benvidas e benvidos de novo a este curso. Temos moitas ganas de volver a vervos e estar nas aulas de forma presencial outra vez. Gustaríanos que as circunstancias fosen diferentes pero esperamos que nestes tempos difíciles que nos está a tocar vivir colaboremos alumnado e profesorado para que vaia todo o mellor posible.
Temos preparado o centro con todas as medidas de seguridade para minimizar os posibles contaxios pero necesitamos que cumpramos rigorosamente as normas de seguridade. Sabedes que tedes que traer posta a máscara en todo momento (é necesario ter máscaras de reposto na mochila, xel hidroalcólico e panos desbotables) e seguir os percorridos marcados no centro, que xa vos explicaremos, para manter as distancias de seguridade o máximo posible.
O primeiro día estarán os titores esperándovos e explicaranvos os percorridos, as novas medidas de seguridade, os novos horarios, aulas, recreos etc. Un caderno e un bolígrafo tamén vos farán falta para algunhas anotacións. Lembrade que, de momento, non poderedes compartir material nin libros de texto.
Se tedes calquera dúbida poderedes preguntarlle ao profesorado, titores/as , os membros do Equipo Directivo ou de orientación.
Comeza a conta atrás para vernos e xa vos estamos esperando con moita ilusión!
A xunta directiva do IES do Castro
Imprimir este Artigo













