Troco de libro de texto de Física e Química para 3º de ESO

Publicado o 16 Setembro, 2022 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado por Alberte Zato

00125544314864____2__1200×12001.jpg

 

Debido ás modificacións de última hora no currículo da nosa comunidade autónoma, o libro de Física e Química para Galicia é o seguinte, segundo nos acaba de comunicar a editorial:

Física y Química 3º ESO Operación Mundo 

Editorial Anaya  ISBN 978-84-143-3366-2 

O alumnado que xa teña mercado o anterior, poderá utilizalo sen problema. 

O alumnado que o teña encargado na libraría pode solicitar o cambio no propio establecemento, segundo as indicacións da propia editorial.  

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Plan Dixital 2022-2023

Publicado o 14 Setembro, 2022 na sección Plan Dixital, +++Documentos e formularios de interese por Alberte Zato

plan-dixital.jpg

Descarga do documento en

 

.pdf

plan-dixital-ies-do-castro.pdf 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O noso Martín de la Puente campión do Grand Slam US Open en dobres wheelchair

Publicado o 12 Setembro, 2022 na sección Celebracións, Zona Alumnado por Alberte Zato

A excelencia do noso benquerido ex-alumno Martín de la Puente non soamente ficou patente durante a súa estancia con nós. Xa leva moitos anos de dedicación á súa pasión, o wheelchair tennis, e xa dende as alturas do ranking mundial chegan os grandes títulos e logros como este do US Open en dobres xunto co seu compañeiro Nicolas Peiper. Tamén excelente no deporte. Infinitos parabéns, Martín. Esperamos a túa visita.

captura-de-pantalla-2022-09-12-153803.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

TROCALIBROS 2022-2023

Publicado o 10 Setembro, 2022 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

trocalibros.jpg

Nota para as familias e para o alumnado do IES do Castro

Como vimos facendo dende o remate do programa de gratuidade de libros de texto na educación secundaria obrigatoria, comezamos unha vez máis o servizo de intercambio voluntario de libros de texto do IES do Castro (Troca-Libro / s) para todas as familias do IES, sexan ou non asociadas á ANPA. Esta actividade consiste en doar voluntariamente os libros que xa non imos utilizar, e solicitar a recepción de libros do curso ao que accederemos.

Neste ano, co gallo da nova lei de contidos de educación, vanse cambiar todo-los libros de 1º e 3º da ESO, e tamén case que todos os de 1º Bach. En consecuencia, temos que tomar contra da nosa vontade os seguintes acordos:

1. Non se recolleran libros dos cursos de 1º e 3º ESO. Recomendamos gardalos durante un tempo, e logo desfacerse deles cada quen, por si algún profesor/a os usa. Pero iso é pouco probable

2. De 1º Bacharelato en principio recolleremos soamente os libros de Inglés, Física e química, e Historia e Economía. Por si acaso traer vosas doacions deste curso ao trocalibros, a ver si serve algunha outra

3. Todos os libros de 2º e 4º ESO e 2º de bacharelato son válidos.

4. Calquera alumno do centro, sexa ou non asociado á ANPA, pode solicitar presencialmente libros do trocalibros na data da súa convocatoria. Coma suporedes, non teremos libros de 1 e 3º ESO.

Normalmente recibiranse máis ou menos libros segundo o número de libros que entregabamos, e segundo o número de libros que entregaban os alumnos do curso ao que imos. Este ano non será así, porque as familias de 1º e 3º ESO non lle computaran os libros que entreguen porque non os recolleremos. O procedemento de cambio argallado pola goberno central e a Xunta de Galicia levan a unha tremenda inxustiza para as familias do alumnado que accede a 1º ou 3º ESO e 1º BACH neste curso, pois á falta de libros válidos ven sumarse que no curso próximo repetirase a inxustiza nas mesmas familias. Coma xa recomendamos neste curso, non queda outra que solicitar en xuño Fondo de libros da Xunta, e aínda que nosa renda exceda o límite, confiar que nos concedan algún libro.

Sabedes que dende a ANPA andamos a procura a través de FOANPAS de que volva a poñerse en practica o programa de gratuidade e propiedade da Xunta dos libros de texto. Pero non o damos conseguido. Tamén temos intención neste curso de propor a entrada do IES do Castro no programa de libro dixital E-Dixgal da Xunta, a ver si acabamos co irritante gasto en libros de texto de cada curso.

As datas da edición do trocalibros deste curso serán:

1. Apertura do prazo para solicitar libros, e no seu caso doar libros válidos de 2º ESO, 4º ESO y 1º e 2º BACH será o MARTES 13, DAS 17:00 ÁS 19:00 HORAS

2. A data para recoller os libros que nos toquen para o alumnado de 2º ESO, 4º ESO e BACH será o XOVES 15 DAS 17:00 ÁS 19:00.

Todo isto do trocalibros é voluntario e altruísta, posto en funcionamento grazas ao traballo desinteresado dalgúns das náis/pais da ANPA. Telo en conta para desculpar un funcionamento sempre mellorable. Noso maior cumprimento ás familias que entran en 1º e 3º ESO, que o ano que ven terán que sufrir novamente a decisión das autoridades educativas que temos. Moito ánimo, e sobre todo infinita gratitude se a pesar deste atranco considerades apropiado doar os vosos libros do curso pasado a cambio soamente dun xesto de agradecemento e respecto.

 

En breve vos anunciaremos a convocatoria da asemblea xeral de principio de curso da asociación, que esperamos sexa presencial no IES a fins de setembro ou comezos de outubro. Gracias pola vosa comprensión e apoio a un ANPA que é e ten que ser de todas as familias do IES. 

 

Descarga do documento en

.pdf

 trocalibros-2022-23.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Información sobre o comezo do curso 2022-2023

Publicado o 5 Setembro, 2022 na sección Zona Alumnado, Xefatura de Estudos, Dirección por Alberte Zato

volta_a_clase.png

 

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2022-2023 

 

    • XOVES 8 DE SETEMBRO: PRESENTACIÓNS (detalladas máis abaixo)
    • VENRES 9 DE SETEMBRO: COMEZO DAS CLASES (de 9.00 a 14.30 h)

RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 1º DE ESO 

  • 11.00-12.30 PORTA LATERAL (FRONTE ÁS PISTAS DEPORTIVAS DO CONCELLO)

Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.

O titor ou titora de cada grupo irá chamando por orde de lista ao alumnado e ao rematar subirán á aula que lles foi asignada, onde se lles dará información pertinente sobre o desenvolvemento do curso escolar.

1º ESO A: aula 102 (1ª planta)

1º ESO B: aula 103 (1ª planta)

1º ESO C: aula 104 (1ª planta)

1º ESO D: aula 105 (1ª planta)

RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE ESO

  • 11.00-12.00 PORTA LATERAL (FRONTE ÁS PISTAS DEPORTIVAS)

Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.

O titor ou titora de cada grupo irá chamando por orde de lista ao alumnado e ao rematar subirán á aula que lles foi asignada, onde se lles dará información pertinente sobre o desenvolvemento do curso escolar.

2º ESO A: aula 106 (1ª planta)

2º ESO B: aula 107 (1ª planta)

2º ESO C: aula 101 (1ª planta)

RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 3º DE ESO

  • 12.00-13.00 PORTA LATERAL (FRONTE ÁS PISTAS DEPORTIVAS)

Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.

O titor ou titora de cada grupo irá chamando por orde de lista ao alumnado e ao rematar subirán á aula que lles foi asignada, onde se lles dará información pertinente sobre o desenvolvemento do curso escolar.

3º ESO A: aula 202 (2ª planta)

3º ESO B: aula 203 (2ª planta)

3º ESO C: aula 204 (2ª planta)

RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 4º DE ESO

  • 12.00-13.00 PORTA DA FACHADA PRINCIPAL

Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.

O titor ou titora de cada grupo irá chamando por orde de lista ao alumnado e ao rematar subirán á aula que lles foi asignada, onde se lles dará información pertinente sobre o desenvolvemento do curso escolar.

4º ESO A: aula 217 (2ª planta)

4º ESO B: aula 216 (2ª planta)

4º ESO C: aula 215 (2ª planta)

4º ESO D: aula 218 (2ª planta) 

RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

  • 13.00-14.30 PORTA DA FACHADA PRINCIPAL

Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.

O alumnado debe consultar as listas na porta de entrada para saber o grupo no que está.

1º BACHARELATO A: aula 212 (2ª planta)

1º BACHARELATO B: aula 211 (2ª planta)

1º BACHARELATO C: aula 210 (2ª planta)

1º BACHARELATO D: aula 209 (2ª planta)

1º BACHARELATO INTERNACIONAL: aula 201 (2ª planta)

RECEPCIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

13.30-14.30 PORTA DA FACHADA PRINCIPAL

Esta será a porta de entrada e saída destes grupos durante todo o curso escolar.

O alumnado debe consultar as listas na porta de entrada para saber o grupo no que está.

2º BACHARELATO A: aula 214 (2ª planta)

2º BACHARELATO B aula 213 (2ª planta)

2º BACHARELATO C aula 208 (2ª planta)

2º BACHARELATO D: aula 207 (2ª planta)

2º BACHARELATO INTERNACIONAL: aula 206 (2ª planta)

Información en

 .pdf

informacion-comezo-curso-2022-23.pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Información sobre o proceso de reparto dos libros do FONDO SOLIDARIO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN 2022-2023

Publicado o 5 Setembro, 2022 na sección Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

books-stationery-61.png

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN) CURSO 2022-2023

 

Proceso de reparto dos libros concedidos polo FONDO SOLIDARIO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN para o curso 2022-2023 e algunhas recomendacións. 1º e 3º de ESO

 

O venres día 9 de setembro darémoslle ao alumnado o documento de ENTREGA DE LIBROS que, unha vez asinado, recolleremos o luns 12 de setembro para proceder ao reparto. A sinatura deste documento supón comprometerse a manter en bo estado os libros e devolvelos ao FONDO SOLIDARIO ao rematar o curso.

Para unha mellor conservación, tendo en conta que son libros que se utilizarán durante varios cursos, sería recomendable forralos.

 

Ademais, é importante identificar o seu usuario para evitar problemas; daremos unhas etiquetas adhesivas o día da entrega dos libros para que se cubran cos seguintes datos: NOME E APELIDOS GRUPO (1º/3º ESO + LETRA) CURSO 2022-2023.

 

Quedarán pendentes de entregar para as próximas semanas os seguintes libros: Xeografía e Historia de 1º e 3º, Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 3º de ESO e mais Física e Química de 3º. En canto nolos envíen repartirémolos entre o alumnado.

Por último, lembrar que se non se devolven os libros a final de curso polo motivo que sexa, pediremos que restitúan os exemplares que faltan. 2º e 4º de ESO O venres día 9 de setembro darémoslle ao alumnado o documento de ENTREGA DE LIBROS que, unha vez asinado, recolleremos o luns 12 de setembro aula a aula para proceder ao reparto. A sinatura deste documento supón comprometerse a manter en bo estado os libros e devolvelos ao FONDO SOLIDARIO ao rematar o curso.

 

 

Información en

 .pdf

informacion-reparto-fondo-solidario-de-libros-de-texto-2022-2023.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Libros de texto e outros materiais para Bacharelato Internacional para o curso 2022-2023

Publicado o 21 Xullo, 2022 na sección ++Programa do Diploma do Bacharelato Internacional, Libros de texto, Zona Alumnado por Alberte Zato

dp-programme-logo-es-525.png

 

textbooks.jpg

 

Pódese descargar o .pdf coa listaxe de libros de texto e outros materiais de uso obrigado para o curso 2022-2023 no Programa del Diploma de Bacharelato Internacional.

.pdf

libros-de-texto-curso-2022-2023-bi.pdf

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo