Información sobre entrega de notas e prazos de reclamación - xuño 2022

Publicado o 27 Xuño, 2022 na sección Xefatura de Estudos por Alberte Zato

xunho.jpg

 

INFORMACIÓN ENTREGA DE NOTAS E PRAZOS DE RECLAMACIÓNS XUÑO - 2022

Entrega de notas, luns 27 DE XUÑO de 2022,ás 9:15 horas, nas respectivas aulas.

Reclamacións:

  • Presentación de reclamación formal ante a dirección: desde o 27 de xuño ás 9:30 horas ata o 28 de xuño ás 14:00 horas.
  • Entrega á xefatura de estudos dos informes elaborados por cada departamento: mércores, 29 de xuño
  • Reclamacións á Xefatura Territorial: entregarase no centro os dias 30 de xuño e 1 de xullo.
  • Remisión do expediente á Xefatura Territorial a través da Sede electrónica: prazo non superior a tres días dende a entrega da reclamación.
  • Tras o proceso de revisión, e no caso de modificación dalgunha cualificación final, anotarase nas actas de avaliación, e no seu caso, no expediente e no historial académico.

 

 

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Datas de matriculación para o curso 2022-23

    Publicado o 23 Xuño, 2022 na sección Administración, Secretaría por Alberte Zato

    datas-matricula-22-23.jpg

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Convocatoria 2022- Programa do Diploma do Bacharelato Internacional

    Publicado o 15 Xuño, 2022 na sección ++Programa do Diploma do Bacharelato Internacional por Alberte Zato

    dp-programme-logo-es-525.png

    O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para realizar o primeiro ano do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional nas modalidades de Ciencias Sociais e Humanidades e Científico-Técnica, durante o curso académico 2022-2023.

    Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

    - Ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) ou equivalente no estranxeiro.

    - Ter cursado na ESO as materias do Programa do Diploma nas que se van matricular (ver máis abaixo segundo modalidade e entendendo que sexan materias propias da ESO) e ter conseguido unha nota mínima de 7 en 4º da ESO en todas elas, e unha media na ESO tamén de 7 ou máis.

    A adxudicación de prazas (*) terá en conta o anterior requisito e o expediente do alumnado nos catro cursos da ESO.

    O prazo de solicitude estará aberto a partir do xoves 16 ata o mércores 30 de xuño ás 12:00 horas. Realizárase mediante o documento número 2 (impreso solicitude) que haberá que encher e escanear ou fotografiar, e mandar xunto co resto da documentación que indicamos no documento a descargar:

    .pdf

     impreso-solicitude-praza-bacharelato-internacional-2022-ies-do-castro.pdf

     

     

     

    Related Posts with Thumbnails
    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo