Aviso: Xa se poden consultar as listaxes provisionais na aplicación Fondolibros

Publicado o 15 Xullo, 2022 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

 

FONDOLIBROS, AXUDA LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2022/20233

 books-stationery-61.png

 

 

As listaxes provisionais da convocatoria de Fondolibros xa están dispoñíbeis para a súa consulta na aplicación ídem FONDOLIBROS.

 A partir do 22 estarán publicadas as listaxes definitivas.

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria Axudas municipais de libros, material escolar e comedor curso 2022-2023

Publicado o 12 Xullo, 2022 na sección Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

escudo1.jpg

[Remitido pola Concellería de Política de Benestar Social do Concello de Vigo]

Prácenos informarlles da convocatoria de Axudas Municipais de libros, material escolar e comedor para o curso 2022/2023.

O prazo de solicitude comenza o martes día 12 de xullo e remata o martes día 09 de Agosto.

 Información dispoñible en https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4716&lang=ga

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022

Publicado o 12 Xullo, 2022 na sección Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

7ced67c0d648122bcae10129de981341_m1.jpg

[Remitido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades]

Hoxe, 11 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311E).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E.

Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante e, no caso dos centros que non empregan a aplicación XADE, acreditar dita representación por calquera medio válido en dereito.

Servizo de Avaliación do Sistema Educativo
Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Información sobre Probas de Acreditación Lingüística para centros públicos: Alumnado de ESO 4 e Bacharelato

Publicado o 12 Xullo, 2022 na sección Lingua Inglesa por Alberte Zato

english1.jpg

  • Esta convocatoria de acceso as Probas de Acreditación Lingüística para centros públicos para Alumnado de ESO 4 e Bacharelato é unha iniciativa da Consellería de Educación.
  • Non é de oferta obrigatoria polos centros públicos. É unha opción voluntaria que debe partir de acordos do Departamento de Lingua Inglesa.
  • O Departamento de Lingua Inglesa deste instituto atópase valorando esta proposta e proximamente decidirá se acepta levala a cabo ou non, o cal será comunicado debidamente.

Información oficial sobre a convocatoria no portal educativo da Consellería de Educación

 

AQUÍ

 e en www.edu.xunta.gal/portal/node/37309

 

 

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo