Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Baremo de acceso para as Seccións Bilingües do departamento de Inglés

Publicado o 26 Xuño, 2025 na sección Seccións Bilíngües, Zona Alumnado, Lingua Inglesa por Alberte Zato

bilingual.jpg

 

BAREMO DE ACCESO PARA AS SECCIÓNS BILINGÜES

2º ESO

Tal e como se pode ler no portal de educación da Xunta de Galicia ,” Este programa supón a organización do ensino dunha área ou materia non lingüística que se cursa dun xeito bilingüe nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira utilizada como mínimo durante o 50% do horario lectivo.”

No IES DO CASTRO, o alumnado das SSBB cursa a materia de Música en 2º ESO.

Co fin de garantir un bo desempeño do programa de Seccións Bilingües, aplicarase o seguinte baremo de cara a admisión de 30 alumnos/as que o soliciten.

  1. Nota final en inglés acadada en 1º da ESO.
  2. Nota media acadada en 1ºESO.

3º ESO

No IES DO CASTRO, o alumnado das SSBB cursa as materias de Música e Educación Plástica e Visual (EPV) en 3º ESO.

Observacións: Aquel alumnado de novo ingreso no centro, que acredite ter cursado o ano anterior en Seccións Bilingües ou Plurilingüe, terá acceso directo tanto en 2º como en 3º.

 

pdf2.png

baremo_ssbb.pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Autorización para o uso de imaxes polo centro educativo (actividades non docentes): Documento descargable

icono-de-prohibicion-para-telefono-movil-ordenador-portatil-y-wi-fi-concepto-de1.jpg

 Cubrir e asinar o documento completo (3 páxinas). Pódese imprimir e escanear ou ben cubrilo directamente nun visor de PDF que permita escribir e introducir unha sinatura manual.

pdf2.png

autorizacions_e_obradoiros.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024-2025

Publicado o 11 Xuño, 2025 na sección Zona Alumnado, Convocatorias, Secretaría por Alberte Zato

premios.png

Hoxe 11 de xuño publícase no DOG a Orde do 3 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024-2025 (código de procedemento ED311D).
En consecuencia, o prazo de matrícula para realizar a proba PEE será de 5 días hábiles, desde mañá 12 de xuño ata o 18 de xuño de 2025, ambos inclusive. A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I

Lembrámoslles que o procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico terá dúas fases diferenciadas:

  • Na primeira fase, o alumnado deberá formalizar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico (proba PEE). 

Aínda que non hai requisito de nota media mínima na ESO para a matrícula na proba PEE, para a solicitude do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico SI hai un requisito de nota media mínima na ESO de 9 puntos. SÓ debe matricularse aquel alumnado que teña unha perspectiva realista de acadar esa nota media mínima. 

  • Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEE, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico.

A proba PEE terá lugar o 26 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).


As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba PEE publicarase o día 19 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEE será de 3 días hábiles, do 20 ao 24 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEE publicarase o día 25 de xuño no
Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)


Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Solicitude de praza para o Programa do Diploma de Bacharelato Internacional para o bienio 2025-2027

Publicado o 9 Xuño, 2025 na sección ++Programa do Diploma do Bacharelato Internacional, Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

dp-programme-logo-es-525.png

 

 bi-25-26.png

É necesario cumprimentar e entregar no centro os tres documentos que se ofrecen de seguido.

pdf2.png

Neste primeiro documento está toda a información sobre requerimentos e documentación a entregar 

solicitud-plaza-bi.pdf 

carta-de-motivacion.pdf

declaracion-jurada.pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Premios extraordinarios de bacharelato: información importante

Publicado o 7 Xuño, 2025 na sección Zona Alumnado, Secretaría por Alberte Zato

premios.png

Premios extraordinarios de bacharelato

Información importante para a realización da proba

As persoas convocadas aos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025 deberán ter en conta as seguintes indicacións:

• Para realizar a proba é imprescindible acreditar a identidade mediante DNI ou pasaporte.

• Unicamente se poderá utilizar bolígrafo con tinta indeleble azul ou negra. Prohíbese o uso de típex.

• Para os exercicios de matemáticas débese levar calculadora non programable e sen capacidade gráfica.

• Para o exercicio de Latín II débese levar dicionario latín-español/galego, que pode ter apéndice gramatical, pero non páxinas de contidos literarios.

• Para o exercicio de Debuxo Artístico II débense levar os seguintes materiais:

- Polo menos dúas láminas A3 de gramaxe 130 como mínimo.

- Lapis de grafito de diversas durezas ou carbón prensado.

- Materiais de escolla propia para técnica libre seca (cor).

- Spray fixador, aínda que unicamente pode empregarse, por parte do tribunal, no momento de entrega das láminas.

 Resolución do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se procede a establecer o horario e os lugares en que se realizará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025. (Véxase .pdf)

pdf2.png

premiosbac_2425_informacion_importante_-para_-a_-realizacion_da_proba.pdf

premiosbac_2425_resolucion_lugares_con_anexo_g.pdf 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Matriculación de alumnado para o curso 2025-2026

Publicado o 5 Xuño, 2025 na sección Zona Alumnado, Administración, Secretaría por Alberte Zato

matriculas.jpg

 

 RECOLLIDA IMPRESOS DE MATRÍCULA

Pódense recoller NA CONSERXERÍA do IES do CASTRO nas seguintes datas:

• O alumnado do CEP Dr. Fleming que vai cursar 1° de ESO e dos demais centros para calqueira nivel que teñan praza adxudicada: A partir do martes 17 de xuño.

• O alumnado do noso centro lES do CASTRO: A partir do día de entrega de notas, mércores 25 de xuño (preferiblemente entregaranse coas notas).

  

DATAS DE MATRICULACIÓN

 • Para 1º ESO, alumnado do CEP Dr. Fleming: luns 23 e martes 24 de xuño.

• Para 2º bacharelato, alumnado aprobado na convocatoria ordinaria: mércores 25 de xuño.

• Para 1º bacharelato e 2º bacharelato (alumnado da convocatoria extraordinaria): xoves 26 de xuño.

• Para 4º ESO: venres 27 de xuño

• Para 3º ESO : luns 30 de xuño.

• Para 2º ESO: martes 1 de xullo

• Para 1º ESO, alumnado repetidor ou doutros centros: mércores 2 de xullo.

  

PRAZO MATRICULACIÓN:

matricula-25-ok.jpg

 

HORARIO: todos os días de 9:00 a 14:30 horas. Ademais, os días indicados con * tamén en horario de tarde, de 16:30 a 19:00 horas

 

O PRAZO REMATA O LUNS 7 DE XULLO

 

pdf2.png

datas-matriculas-2025-ok.pdf

 

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo