Normas de préstamo e utilización de taquillas no curso 2025-2026

NORMAS DE PRÉSTAMO E UTILIZACIÓN DE TAQUILLAS. CURSO 2025-2026
1.    Disposición das taquillas
Existen un total de 200 armarios distribuídos na planta baixa e nos relanzos das escaleiras entre a planta baixa e o primeiro andar.  
Distribuiranse por zonas segundo os cursos: 1º e 2º ESO; 3º e 4º ESO; 1º e 2º BACH.
2.    Tramitación das solicitudes e adxudicación 
·        Os impresos de solicitude recolleranse en Conserxería o martes 30 de setembro.
·         Presentar o documento de solicitude e préstamo na Conserxería do centro correctamente cuberto nun prazo de 2 días desde a entrega do mesmo: mércores 1 e xoves 2 de outubro.  Se a solicitude non se entrega no prazo establecido, a persoa solicitante quedará á espera de que sobre algún armario que se lle poida asignar.
A adxudicación realizarase por orde de chegada das solicitudes o luns 6 de outubro.
·         Entregar unha fianza de 12 euros (6 se é compartida) cando se lle entreguen as chaves.
·         Só se prestarán armarios compartidos; unicamente se pode solicitar un armario individual por enfermidade debidamente acreditada. Ao non haber suficientes armarios,   deste xeito beneficiarase máis alumnado. 
3.    Condicións do préstamo
·         O alumnado poderá facer uso dos armarios durante o seguinte período: 2º bacharelato ata o 31 de maio; 1º de bacharelato ata o remate da avaliación ordinaria (9 de xuño) e a ESO ata o 19 de xuño. 
·         O incumprimento dalgunha das normas de utilización establecidas no punto 4 suporá a perda automática do seu uso.
·         Ao presentar a solicitude acéptanse todos e cada un dos requisitos e normas recollidos neste documento. 
·         Ao rematar o curso, os/as usuarios/as devolverán as chaves segundo as instrucións que se lles dean (día límite para a recollida o 30 de xuño do 
presente curso), sendo isto un requisito imprescindible para que se lles devolva a fianza.
4.    Normas de utilización dos armarios
·         Non está permitido o intercambio de armarios entre o alumnado.
·         O instituto non se responsabiliza dos obxectos de valor ou susceptibles de ser subtraídos que o alumnado deixe neles.
·         Os danos e/ou roturas exteriores ou interiores son responsabilidade do/a (s) alumno/a (s) adxudicatario do mesmo. O armario ten que ser devolto nas mesmas condicións en que se recibiu. 
·         Queda prohibido depositar obxectos que polas súas características ou composición poidan ser considerados perigosos, nocivos para a saúde ou contrarios ás normas do centro. 
·         A dirección do centro resérvase o dereito a abrir os armarios ante a sospeita do incumprimento das normas de uso. 
·         Só se poden utilizar os armarios na hora de entrada, durante o recreo e á saída. Queda prohibido utilizalos nas horas de clase e entre as clases. 
·         Se se perde a chave do armario, deberase aboar o custo da nova chave (2 euros) no momento da entrega para poder seguir utilizándoo, de non ser así, pérdese o dereito a usalo. 
·         Débese comunicar á conserxería do centro calquera estrago que se observe nos armarios (golpes, pechaduras forzadas, etc.). Se a primeira vez que se abre  se nota algún,  débese comunicar inmediatamente. 
· Cando finalice o período de uso, devolveranse 10 euros da fianza (5 para cada persoa se é compartido) unha vez que se comprobe o bo estado do armario.
Documento en .pdf con impreso de solicitude

 
					
			
				 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	









