Premio literario para a nosa alumna Sabela Vázquez Castro
PARABÉNS PARA SABELA!!!
A alumna SABELA VÁZQUEZ CASTRO, de 3º ESO B, gañou o 2º premio no certame de relato curto “Cambiemos o conto” da Deputación, convocado para conmemorar o 8 de marzo.
A comunidade educativa do IES do Castro congratúlase do seu éxito e ten a seguridade de que non vai ser o último.
A entrega de premios tivo lugar o martes 14 na Deputación de Pontevedra e Sabela estivo rodeada dos seus compañeiros e compañeiras así como das profesoras Emi Martínez, responsable do Equipo de Igualdade, e Laura Montes, de Lingua Galega, que a animou a presentarse.
Neste enlace dáse conta da entrega de premios:
https://www.depo.gal/-/noticia-entrega-premios-concurso-cambiemos-o-conto
Para ler en .pdf
relato-premiado-sabela-vazquez.pdf

