Reportaxe gráfica e vídeo da Despedida da Promoción 2017

Publicado o 30 Maio, 2017 na sección Celebracións, Despedidas, Zona Alumnado por Alberte Zato

despedida-2017.jpg

http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?page_id=3096

 [Se necesita algunha foto en especial a maior resolución, non dubide de solicitala ao autor da reportaxe]

 

Vídeo do evento

(Filmado e editado por Xavier Torrado)

 

 

 

Reportaxe gráfica e tratamento dixital de Alberte Zato

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria oficial de maio 2017 de proba escrita para alumnado coa materia de Lingua castelá e Literatura pendente de cursos anteriores

Publicado o 23 Maio, 2017 na sección Avisos urxentes, Lengua y Literatura castellanas, Exames por Alberte Zato

pendientes-castellano.png

 

Convócase ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO coa materia de Lingua castelá e Literatura pendente de cursos anteriores que non aprobara por curso a asignatura pendente á realización da proba escrita que constitúe a convocatoria ordinaria.

Esta proba escrita, cunha duración de 60 minutos aproximadamente, estará baseada nos modelos propostos polo departamento.

 

Lugar, data e hora:

 

Probas para pendentes de 1º, 2º e 3º de ESOAula de Convivencia.

  • Martes, día 30 de maio do 2017, ás 16.30 horas.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria axudas libros de texto e material escolar

Publicado o 22 Maio, 2017 na sección Libros de texto, Zona Alumnado, Zona ANPAs, Vicedirección por Xefatura de Estudos

books-stationery-61.png

 

Premendo no seguinte enlace atópase a convocatoria.

fondolibros.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Avaliación Final de Educación Secundaria Obrigatoria (4º ESO)

Publicado o 22 Maio, 2017 na sección Avisos urxentes, Dirección por Directora

No seguinte arquivo  pódese ler a información sobre as probas de Avaliación final de ESO(4º ESO) facilitada pola Consellería de educación.

As probas celebraranse os días 23 e 24 de maio no instituto.

nota-informativa-4-eso.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Listaxes Definitivas de alumnado ADMITIDO curso 2017-18

Publicado o 15 Maio, 2017 na sección Zona ANPAs, Xefatura de Estudos, Secretaría por Xefatura de Estudos

reserva_praza.png

 

Para visualizar as listaxes é necesario premer no arquivo adxunto.

listaxesdefinitivas1.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria de prazas para o BACHARELATO INTERNACIONAL: Curso 2017-2018

Publicado o 26 Abril, 2017 na sección +++Documentos e formularios de interese, Noticias do Programa do Diploma do BI, Convocatorias por Alberte Zato

undefinedO IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.

Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que o desexen sen máis requisito que ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).

A adxudicación de prazas terá en conta unicamente, con ponderación especial da nota media de inglés (0,2), o expediente dos alumnos nos catro cursos da ESO, tendo en conta en 4º a nota da 2ª avaliación.

O prazo de solicitude estará aberto a partir do mércores 26 de abril ata o luns 19 de xuño e se fará mediante a folla de inscrición que se enlaza aquí, que tamén se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación se fará na Secretaría deste Centro ou ben mediante correo electrónico na dirección castroibo@gmail.com, tendo esta última modalidade plena validez legal.

A resolución da convocatoria será publicada nesta páxina e no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.

En todo caso, para ampliar a información, pódese consultar o tríptico que se enlaza aquí ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional: http://www.ibo.org/es/. Ademais, é conveniente que os interesados asistan á reunión informativa que se fará no Centro o luns 12 de xuño ás 19:00 para explicar as características deste Bacharelato.

Vigo, 26 de abril de 2017.

Nota importante: a oferta final de prazas está suxeita ás posibilidades organizativas do Centro en virtude das disposicions da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, polo que os alumnos admitidos non deberán renunciar á praza que teñan solicitado polo conducto ordinario antes de formalizar a matrícula neste Centro.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2017-2018

Publicado o 25 Abril, 2017 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, +++Documentos e formularios de interese, Zona ANPAs, Dirección por Alberte Zato

Clique nas imaxes para velas a tamaño 1:1

1º da ESO

 baremo_page_1.jpg

2º da ESO

 baremo_page_2.jpg

3º da ESO

 baremo_page_3.jpg

4º da ESO

 baremo_page_4.jpg

1º de Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais

 baremo_page_5.jpg

1º de Bacharelato de Ciencias

 baremo_page_6.jpg

2º de Bacharelato

 baremo_page_8.jpg

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo