AI: ‘Esixe dignidade’ por Mar Coto Acosta

Publicado o 16 Xuño, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

 labrega_peru.jpg

Collage: Alberte Zato

 

O pasado xoves, 11 de xuño,  os alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato A e E recibimos a visita de Josefa Ramírez Peña Peña, presidenta do Instituto de Apoio ao Movemento Autónomo de Mulleres Labregas (IAMAMC) de Perú.

A charla,  estivo organizada por Amnistía Internacional, dentro da súa nova campaña internacional “Esixe dignidade”, na que se quere mobilizar ás persoas para presionar así os gobernos, empresas,e todos aqueles grupos que xeran e agudizan a pobreza. O momento é importante, xa que segundo A.I., a recesión económica está agudizando a crise de dereitos humanos.

Neste caso, a conferencia da Presidenta do IAMAMC, centrouse na gran mortalidade materna que existe actualmente no Perú,  país de  orixe de Josefa Ramírez, aunque tamén ocorre no resto de Latinoamérica e no mundo. As profundas desigualdades existentes na sociedade peruana reflíctense en grandes diferencia entre os índices de mortalidade materna das mulleres de zonas ricas e pobres. Josefa informounos de que cada ano morren 500.000 mulleres por complicacións derivadas do parto, e case todas elas poderían terse salvado, xa que estas mortes ocorren pola negativa do personal médico a asistir ás mulleres indíxenas, ou a falta de medios para dar a luz.

A conferencia resultou moi  amena e interesante para o alumnado asistente, que participou con moito interese no coloquio posterior á charla. Entre as persoas asistentes á conferencia encontrábase o grupo de AI do instituto, o cal no vindeiro curso seguirá coas actividades a favor dos dereitos humanos.

Algunhas fotos deste acto

p110609_125201.jpg

p110609_123702.jpg

Se queredes información sobre a campaña “Esixe dignidade”, podédela atopar no seguinte enlace:

http://www.es.amnesty.org/exigedignidad/

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Remitido: Posición de organizaciones sobre a consulta familiar sobre o Galego

Publicado o 11 Xuño, 2009 na sección Remitido, Zona Alumnado, Zona ANPAs, Normalización e Dinamización Lingüística, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

As organizacións con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3. O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”.  Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

 

CIG · CCOO · CSI-CSIF · FETE-UGT · STEG · CAE · ASPG · Nova Escola Galega · Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia · Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra · Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística · A Mesa pola Normalización Lingüística

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O galego nunha sociedade plurilingüe

Publicado o 9 Xuño, 2009 na sección Normalización e Dinamización Lingüística por Sande

Díptico da Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

 Para velo a toda pantalla, con posibilidade de impresión, clique no documento. Pulse ESC para saír.

Descargable tamén

diptico-cendl.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O himno académico ‘Gaudeamus Igitur’ e o seu protocolo

Publicado o 6 Xuño, 2009 na sección Taboleiro Transversal por Alberte Zato

Este himno académico par excellence et tradition débese escoitarse e cantar de pe ao termo dun acto de carácter educativo institucional inaugural ou de entrega de diplomas ou títulos. É importante que os futuros novos universitarios (é dicir, os bachilleres aspirantes) se acostumen xa a este protocolo e liturxia aínda observada e mantida na Universidade con orgullo e respecto.

No último acto de despedida do alumnado de 2º de Bacharelato non foi moi xeitoso ver coma a meirande parte dos asistentes (pais, nais e alumnado) permaneceron sentados durante a interpretación do noso himno, recoñecido, respectado e tido como tal internacionalmente por todo o mundo do ensino.

 

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

Gaudeamus igitur,
iuvenes dum sumus. (bis)
Post iucundam iuventutem,
post molestam senectutem,
nos habebit humus.

Ubi sunt qui ante nos
in mundo fuere? (bis)
Vadite ad superos,
transite ad inferos,
ubi iam fuere.

Vivat Academia,
vivant professores. (bis)
Vivat membrum quodlibet,
vivant membra quaelibet,
semper sint in flore.

Vita nostra brevis est, breve finietur.
Venit mors velociter,
rapit nos atrociter,
nemini parcetur.

Vivat nostra societas!
Vivant studiosi!
Crescat una veritas,
floreat fraternitas,
patriae prosperitas.

Vivat et Republica,
et qui illam regit.
Vivat nostra civitas,
Maecenatum charitas,
quae nos hic protegit.

Pereat tristitia,
pereant osores.
Pereat diabolus,
quivis antiburschius,
atque irrisores.

Alma Mater floreat
quae nos educavit,
caros et conmilitones
dissitas in regiones
sparsos congregavit.

Alegrémonos pois,
mentres sexamos novos.
Tra-la divertida mocidade,
tra-la incómoda vellez,
recibiranos a terra.

Onde están os que antes que nós
pasaron polo mundo?
Subide ao mundo dos ceos,
descendede aos infernos,
onde eles xa estiveron.

Viva a Universidade,
viva o profesorado.
Vivan todos e cada un
dos seus membros,
refulxan sempre.

A nosa vida é curta,
en breve acábase.
Vén a morte velozmente,
arrástranos cruelmente,
non respecta a ninguén.

Viva a nosa sociedade!
Vivan os que estudan!
Que creza a única verdade,
que floreza a fraternidad
e a prosperidade da patria.

Viva tamén o Estado,
e quen o dirixe.
Viva a nosa cidade,
e a xenerosidade dos mecenas
que aquí nos acollen.

Morra a tristeza,
morran os que odian.
Morra o diaño,
calquera outro monstro,
e quen se burlan.

Floreza a Alma Mater
que nos educou,
e reuniu aos caros compañeiros/as
que por rexións afastadas
estaban dispersos/as.

Escoite a versión completa:

http://www.protocolo.org/voces/GI02.mp3

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Listaxe de matrícula das Probas de Acceso á Universidade

Publicado o 5 Xuño, 2009 na sección Avisos urxentes, +++Documentos e formularios de interese, Administración, Secretaría por Alberte Zato

 Para velo a toda pantalla, con posibilidade de impresión, clique no documento. Pulse ESC para saír.

Tamén pódese descargar dende

.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Do IES do Castro a Castromao: Reportaxe

Publicado o 4 Xuño, 2009 na sección Zona Alumnado, Actividades, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

Instruccións de visionado: Clíque sucesivamente nas frechas de avance de páxina para ver o seu contido, ou deixe a presentación automática temporizada.  Tamén pode clicar por enriba da presentación para avanzar. Para vela a pantalla completa, clique na icona ‘Full Screen’ ao pe da mesma: pulse ESC para saír da pantalla completa.

Pódese descargar o arquivo orixinal de Powerpoint dende

Power Point

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Deportes de competición

Publicado o 4 Xuño, 2009 na sección Zona Alumnado por Isabel Flores

Un grupo de alumnas e alumnos de CAS, que tamén son deportistas con experiencia en competicións de diverso ámbito, falaron para o alumnado de 2º ESO na sala de conferencias do centro, o pasado día 27 de maio. A actividade consistiu nunha presentación oral con soporte dixital sobre os deportes que practican cada unha destas persoas, como e onde practicalos,  os valores que reforzan, as vantaxes que lles reportan … Entre os seus obxetivos estaban a difusión do deporte e a concienciación a outras persoas da importancia da vida activa e sana.

Na foto podemos ver o inicio da charla, con explicación do que é o BI, as actividades CAS e o tipo de proxectos a realizar nas mesmas …
mesa presentación

Nestas fotos podemos ver ao público asistente
público-profe publico.JPG publico2.JPG

O equipo CAS que levou adiante este proxecto está constituído polas seguintes persoas

baloncesto Bran López Luengo xogador do equipo campión de liga de Vigo-árbitro
triatlón Pablo García CondeRicardo Márquez Avión 4º posto en campionato galego, participantes en varios campionatos rexionais
golf Julia Vila Díaz-Salgado tres veces campioa galega, membro da selección galega
natación(e tenis) Emilio González Quintas oito veces subcampión galego, seis 3ºs postos, membro da selección galega
atletismo Sara Suárez Gonzalo campioa galega (velocista), selección galega
vela Beatriz Lence Massa seis veces campioa galega, dúas veces subcampioa, nova promesa olímpica, subcampioa nacional e clasificada no campionato europeo

 

Algúns momentos das presentacións
emilio-natacion7.JPG emilio-natacion2.JPG julia-golf3.JPG
julia-golf2.JPG triatlon4.JPG triatlon 3
bran-baloncesto
Desgraciadamente, certas dificultades organizativas e de disciplina desluciron o acto e impediron que o alumnado escoitara as intervencións de Beatriz e Sara.
beatriz-e-sara.JPG

A actividade incidiu na mellora da capacidade comunicativa do alumnado organizador, entre outras vantaxes. A dificultade da presentación a un público ‘non interesado’ inicialmente, convertíuse no maior desafío, que lograron solventar en boa medida. A experiencia foi en xeral positiva, xa que lles permitiu enfrentarse a situacións inesperadas e autoafirmarse na súa capacidade e coñecementos sobre os temas tratados. Estas son as presentacións ‘Powerpoint’ que cada persoa preparou sobre cada un dos deportes que practica:

Instruccións de visionado: Clíque sucesivamente nas frechas de avance de páxina para ver o seu contido. Tamén pode clicar por enriba da presentación para avanzar. Para vela a pantalla completa, clique na icona ‘Full Screen’ ao pe da mesma: pulse ESC para saír da pantalla completa.

Atletismo

Baloncesto

Golf

Tenis e Natación

Triatlón

Vela

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Liga Interna de Baloncesto

Publicado o 2 Xuño, 2009 na sección Zona Alumnado, Competicións Deportivas Internas por Isabel Flores

Unha espléndida actividade CAS remata con éxito:

Equipos e árbitros
Equipos finalistas e árbitros

 O espíritu de servizo a comunidade do alumnado CAS queda especialmente reflexado neste proxecto que se logrou manter ao longo de varios meses, o que permitiu a este alumnado desenvolver e practicar a súas capacidades en relación á súa autonomía, constancia,  disciplina e compromiso.

Asesoradas polo Departamento de E.F., catro persoas de 1º E (María Bragado Paz, Bran López Luengo, Jaime Díaz Trigo e Verónica Poza Nogueira) formaron o equipo CAS que deseñou e xestionou a I Liga Interna de Baloncesto para 1º, 2º e 3º da ESO celebrada durante este curso académico. En distintos momentos do proxecto, este grupo inicial contou coa colaboración desinteresada de varias outras persoas. O noso agradecemento.

Equipo gañador
Na final celebrada o pasado venres 29 de maio, o equipo ‘CB do Castro’ resultou gañador frente ao outro equipo finalista, o ‘Carlos’.
equipo-finalista-carlos.JPG

 

A entrega de premios terá lugar o próximo venres día 5 ás 11:30.

A través deste tipo de actividades, autoiniciadas e autogestionadas, o alumnado do BI desenvolve novas habilidades na línea da escoita activa, a capacidade de diálogo e convivencia,  e tamén pon a proba e desenvolve a súa capacidade estratéxica e organizativa.

Máis fotos da xornada: o público, a mesa, diferentes xogadas:

o publico ataque a mesa
os árbitros tiro a canasta máis canasta
Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo