ANIMACIONES DE FÍSICA

Publicado o 8 Novembro, 2009 na sección Física e Química por Nieves
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A BIBLIOTECA RETOMA AS SÚAS ACTIVIDADES

Publicado o 4 Novembro, 2009 na sección Club de lectura, Biblioteca por Xulio Dobarro

                                                                          BIBLIOTECA 2009-2010

Iniciamos este  curso con nova Biblioteca.O curso pasado estivo pragado de dificultades, pero cremos que as angueiras sufridas están amplamente compensadas polos resultados obtidos, tanto desde o punto de vista do espazo coma dos recursos disponibles actualmente. Foron varios anos de espera e chegou a reforma, quizais no mellor momento posible, porque de non ser tal como foi, era bastante probable que tardase bastante tempo en arranxarse a situación, tal e como están indo as “cousas”.

Como xa é sabido de toda, ou da maioría dos que formamos a Comunidade educativa do Ies do Castro, a preocupación por contar cunha Biblioteca ampla e de recursos múltiples  era unha necesidade que se viña solicitando desde había tempo. A conxuntura veu favorecer que desde este curso contemos cunha Biblioteca á altura das circunstancias, na que os libros son importantes pero non son a única preocupación, porque os tempos son outros e as demandas tamén; por iso deben convivir diferentes soportes documentais (papel, dixital, etc.) e as bases de datos e de consulta máis variadas. Nesta nova xeira,invitamos a que calquera persoa que sinta curiosidade por aprender,disfrutar da lectura, dalgunhas películas, cómics,revistas, etc., non  deixe de visitala en horario de RECREO ou polas  tardes de 16,30 a 18 h. os martes e xoves ou tamén on line para saber se contamos co título solicitado. Desde este cartafol, o profesorado que forma parte da Comisión de funcionamento da biblioteca invita a toda a C. educativa a participar daquela e que saiba que se recollerán todas aquelas suxerencias que contribúan ao seu perfeccionamento.

                                                                      NOVIDADES-NOVEMBRO 2009

Despois dunha fin de curso abondo intensa en canto a lecturas que acapararon a atención de moitas persoas lectoras  (S. Larson coa triloxía de Millenium, S. Meyer con Crepúsculo, Luna nueva, etc., ), voltamos estes días a recuperar a voracidade lectora, aproveitando o período outonal, coas novidades que están a aparecer e que prometen ser obxecto de atención para moito alumnado,profesorado e demais membros da c.educativa. De seguido presentamos algunhas.                                 

                  NARRATIVA:Dan Brown: O símbolo perdido/ El símbolo perdido.  Versión en galego e castelán. Edit. Planeta e El aleph ediciones.2009.

¿Existe un secreto tan poderoso que, de salir a la luz, sea capaz de cambiar el mundo?Washington. El experto en simbología Robert Langdon es convocado inesperadamente por Peter Solomon, masón, filántropo y su antiguo mentor, para dar una conferencia en el Capitolio. Pero el secuestro de Peter y el hallazgo de una mano tatuada con cinco enigmáticos símbolos cambian drásticamente el curso de los acontecimientos. Atrapado entre las exigencias de una mente perturbada y la investigación oficial, Langdon se ve inmerso en un mundo clandestino de secretos masónicos, historia oculta y escenarios nunca antes vistos, que parecen arrastrarlo hacia una sencilla pero inconcebible verdad.Con la ayuda de Katherine Solomon, hermana de Peter y experta en ciencias noéticas, Robert Langdon tiene doce horas para salvar a su amigo y, al mismo tiempo, evitar que uno de los secretos mejor guardados de nuestra historia caiga en las manos equivocadas.. .El código Da Vinci fue un fenómeno mundial que convirtió a Dan Brown en el maestro absoluto del thriller. En esta nueva obra, Robert Langdon regresa para retar a los lectores con una historia inteligente y de ritmo vertiginoso que ofrece sorpresas en cada página. El símbolo perdido es lo que los fans de Dan Brown estaban emocionante.«Es imposible dejar de leer El símbolo perdido.» THE NEW YOR TIMES    Á marxe do que estimen os americanos, queda a opinión de cada un de nós para valorar a obra que presentamos aquí como novidade, e para iso, nada mellor que adentrarnos na súa lectura.                                                                                                                                                                               

                                                                                      Emily the StrangeEscrito por emily o 02/07/09 | Novela de misterio y aventura, deliciosamente extraña, se trata de la primera novela de Emily the Strange. Se publica internacionalmente en países como Japón, Estados Unidos, Brasil, Italia y España. Es la primera de las tres novelas que publica SM.  

Como aínda está recente a celebración do Samaín, ao mellor, pódevos resultar interesante para familiarizarvos con esta nova personaxe. 

                                                                       OUTRAS NOVIDADES:

Care Santos: El amor más allá de la muerte. Edit. SM

David Lozano: Requiem.Edit. SM (terceira entrega da triloxía)

Laura Gallego: La emperatriz de los etéreos. Edit. Alfaguara

Alberto Melis: El secreto del lago Ness.Edit. Plaza&Jané

Rosa Aneiros: Ás de bolboreta.Edic. Xerais (Premio Merlín 09)

 

                                                                                     CÓMIC: Con  motivo do cincuenta aniversario da publicación de Asterix e Obelix, vén de publicarse unha edición especial en castelán e galego.Edit. Salvat.: O aniversario de Asterix e Obelix                                                                               DIVULGACIÓN

Fernando Savater: Historia de la filosofía para jóvenes (sin temor ni temblor). Edit. Espasa

Las mejores preguntas y respuestas . Edit. Muy interesante.

O libros dos récords: Guiness world records 2010.

                                                                        PARA  MÁIS XOVES:

CORRE, CHICO, CORRE
Autor ORLEV, URI
Editor EDICIONES ALFAGUARA, S.A. - GRUPO SANTILLANA
Isbn 8420457493
Clasificación Literatura infantil 9-12

Cuando los nazis invaden Polonia y encierran a los judíos en el gueto de Varsovia, la familia Srúlik, un niño de ocho años, decide escapar de la ciudad y buscar refugio entre los judíos del campo. Pero el plan fracasa y Srúlik se encuantra colo en medio de un mundo hostil. Durante casi tres años, hasta que termina la Segunda Guerra Mundial, el niño se verá obligado a vivir de forma clandestina, como vagabundo, ocultando su condición de judío para no ser enviado a los campos de exterminio.  La gran gilly Hopkins; Muerte en el priorato; Marcelo en el mundo real, Saque de esquina…  e os que son pero non están nesta primeira entrega.                                                          Súmate á vaga lectora!

CLUB DE LECTURA: Nos próximos días vaise facer unha convocatoria aberta a todo o alumnado que queira participar nesta experiencia, ou que xa participou en cursos pasados. Saberase que son lecturas voluntarias segundo a decisión do grupo e de balde. Que unicamente compromete a ler o que se decida no grupo e que asistirá a algunha reunión para a posta en común. Esta iniciativa, ao igual ca en cursos anteriores é aberta a todas as persoas vencelladas ao Instituto (profesorado, alumnado, familias, etc.), aquelas que queiran unirse poden dar os seus datos na Biblioteca, e constituiranse os grupos en función da demanda. 

                                                                                                     

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Saúda da Directora do IES do Castro

Publicado o 25 Outubro, 2009 na sección Sobre o sitio web por Alberte Zato

Actualizada a páxina de Saúda do sitio web…

Saúda da Directora, Dna. Rosa Segura

A Directora, Dna. Rosa Segura

http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?page_id=7

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Save The Frog

Publicado o 10 Outubro, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

p051009_1836.JPG

Un grupo de alumnas e alumnos de 2ºE, do Bacharelato Internacional, están levando a cabo, dende o mes de setembro, un proxecto de concienciación sobre a necesidade da reciclaxe no noso centro. Este proxecto entra dentro do seu marco de actividades CAS, e consta de diferentes partes.

A primeira foi impartir charlas a todo o alumnado do centro para destacar a importancia da reciclaxe para o coidado do noso planeta, tan afectado na actualidade por fenómenos como o quecemento global.

E a segunda, poñer en marcha no instituto a reciclaxe de todo o papel que se emprega. Para isto, o grupo de persoas que forman parte da iniciativa prepararon durante o verán unha serie de caixas para poñer en tódalas aulas e poder utilizalas como papeleiras de reciclaxe. Ademais, levarase a cabo unha labor de recollida e vaciado destas papeleiras durante todo o curso.

Con este proxecto preténdese formar, a longo prazo, persoas conscientes da labor importantísima que se pode facer polo noso planeta dende a nosa comunidade, aínda que só sexa clasificando os nosos refugallos diarios.

Durante este proxecto, o grupo organizador disfrutou moito da preparación, e esperamos que teña un resultado exitoso. E para isto o único que se precisa é a colaboración do alumnado e do profesorado.

Grazas, Save the frog.

p051009_183501.JPG

(texto de Bran López Luengo e María Bragado Paz)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Novas de CAS- outubro 09

Publicado o 10 Outubro, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

O alumnado de 2º E comezou o curso con proxectos dirixidos a ‘cambiar o mundo no que vivimos’ dende unha perspectiva creativa, participativa e sempre con ánimo positivo.

Podedes ler a súa explicación do proxecto ‘SAVE THE FROG’, xa en marcha neste momento. Outros interesantes proxectos xa están en período de organización.

Esta semana pasada asistimos á terceira charla da serie ‘Con C de Creatividade’. Neste caso foi o recoñecido poeta Román Raña, profesor do propio centro, quen falou da creatividade na poesía. Partindo da idea das palabras como material que forma a poesía, en contraste con outras artes e materiais, foi apuntando aspectos sobre cal é o impulso dunha persoa a escribir, as teorías romántica e clásica sobre a inspiración,  para logo ir analizando os ‘pilares’ da poesía: a técnica, o xogo, a narratividade e o pensamento-sentimento.

Aparte da oportunidade de escoitar ao poeta falando da súa propia teoría sobre a poesía, este foinos guiando ‘en primicia’ por tres dos seus poemas de ‘A metamorfose do túnel’, a obra premiada co Premio de Poesía Caixanova no ano 2004 e que fora valorada no seu momento polo xurado pola súa elegancia formal, a enteireza lírica e a densidade emotiva do discurso. Os poemas comentados foron Des-composición, París, baixos fondos, 1970 e Disertación sobre o túnel cos que Román foi desvelando o funcionamento do proceso creativo e defendeu a importancia da poesía como interpretación dos sentimentos humanos (aqueles con nome, ou aqueles aínda por nomear).

Entre outras citas que quedaron na memoria do alumnado podemos sinalar: ‘A inspiración é algo que pode chegar en calquera momento posto que o ser humano está condenado a pensar.’

Nas fotos Román Raña co alumnado de 2º E.

oc3ja41rmzcsucvtwtwk0.jpg

 

9gputzaysdlkmzxxy6e0.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

María González Centeno, de 1º Bacharelato, campiona de Europa de baloncesto

Publicado o 22 Setembro, 2009 na sección Zona Alumnado, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

María González

Composición infográfica de Alberte Zato

http://www.feb.es/NoticiaDesarrollo.aspx?idNoticia=28297

http://www.fegaba.com/actualidade/amosar.php?id=2460

Parabéns a esta xove realidade do baloncesto feminino galego!

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Beatriz Lence Massa, alumna de 2º E Bach., campeona de España.

Publicado o 22 Setembro, 2009 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

Beatriz ven de ganar o campionato de España de vela, modalidade Láser, celebrado o pasado fin de semana en Palma de Mallorca.  Noraboa!!

Máis información no Correo Galegolaser.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Encontro do alumnado de 1º Bacharelato do Programa do Diploma (BI)

Publicado o 7 Setembro, 2009 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

O próximo xoves, dia 10, as 10 horas terá lugar un encontro do alumnado de 1º de bacharelato do programa do Diploma (BI) co obxecto de tomar contacto e proporcionar información de interese. O horario será:

10 h: Sesión informativa: O programa do Diploma

11 h : Visita ó centro

11,30 h: Sesión informativa: As actividades CAS.

12,30 h: Remate

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo