Día de Rosalía

Publicado o 22 Febreiro, 2022 na sección Normalización e Dinamización Lingüística, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

DÍA DE ROSALÍA (23 DE FEBREIRO DE 2022)

Un 23 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Lembrando os versos que Curros lle dedicou, unha muller “que tiña na fronte unha estrela e no bico un cantar”.

Por iso, este 23 de febreiro de 2022, a biblioteca do instituto e o EDLG queremos honrar a súa memoria celebrando o seu nacemento. E que mellor maneira de facelo que contribuíndo, como fixo ela, a dignificar o galego e demostrar que é unha lingua tan apta  para a literatura coma calquera outra. E como imos facelo? Pois regalando literatura en galego!

Pero Rosalía son moitas persoas máis. En palabras de María Xesús Lama, autora dunha magnífica biografía da poeta, Rosalía é  “unha rapaza atrevida disposta a construír unha vida independente”, “unha cidadá adulta que reflexiona sobre a sociedade do seu tempo e que aposta por un proxecto de cambio social”, “unha escritora que escribe a pé de rúa”, identificándose co pobo e sufrindo con el, denunciando as inxustizas e os abusos dos poderosos desde unha postura revolucionaria para a época,

Pero tamén é unha escritora consciente do seu talento que reivindica o seu espazo na literatura, os seus dereitos, en contra do machismo dominante. E “que escribe do que non está permitido, o que ninguén espera” nunha muller, como moi ben expresa neste poema de Follas novas:

Daquelas que cantan as pombas i as frores

todos din que teñen alma de muller,

pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,

¿Ai! ¿De que a terei?

En resumo, unha muller libre. Nas súas palabras: Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino.

ACTIVIDADES

screenshot_20220220-133944_adobe-acrobat.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Concurso de creatividade artística

Publicado o 28 Xaneiro, 2022 na sección Normalización e Dinamización Lingüística, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

Dende o EDLG  e a  Biblioteca convócase un concurso de  creatividade  literaria

CONCURSO DE POEMAS  E  MICRORRELATOS

TEMÁTICA  DOS POEMAS  LIBRE

TEMÁTICA DOS MICRORRELATOS:

A-   A CREENZA GALEGA  DOS CORPOS  ABERTOS

B-     UN SUCESO QUE  ACONTEZA NUNHA  BIBLIOTECA

C-  A NATUREZA

LEDE BEN AS NORMAS E MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN NO  DO CONCURSO

ANTE CALQUEIRA  DÚBIDA  CONSULTADE COA COORDINADORA  DO  EDLG CRISTINA  NOGUEIRA  OU  BEN CON  CARMEN VILARIÑO

DESCARGAR  PDF 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Novo blogue do Departamento de Orientación deste Instituto

Publicado o 13 Xaneiro, 2022 na sección Orientación por Alberte Zato

Toda a información e novidades sobre Orientación académica-profesional en

undefined

https://orientadocastro.blogspot.com/

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Proclamación de membros electos do Consello Escolar 2021

Publicado o 30 Novembro, 2021 na sección Consello escolar, Secretaría por Alberte Zato

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

Unha vez rematados os procesos electorais de cada estamento a Xunta Electoral eleva a membros electos ás persoas citadas no documento de Acta que se adxunta de seguido:

.pdf

proclamacion-membros-consello-escolar.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Acta da 2ª reunión da Xunta Electoral para as Eleccións ao Consello Escolar 2021

Publicado o 17 Novembro, 2021 na sección Secretaría por Alberte Zato

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

 Listaxe de candidaturas et alter.

Descargar documento

.pdf

2-reunion-xunta-electoral.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria de Eleccións ao Consello Escolar 2021

Publicado o 9 Novembro, 2021 na sección Consello Escolar, Convocatorias, Secretaría por Alberte Zato

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

De conformidade coa Resolución do 20 de setembro de  2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 29 de setembro, así como  para dar cumprimento ao establecido no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, procédese a convocar eleccións ao Consello Escolar nos distintos sectores da Comunidade Educativa coa publicación do censo electoral.

 

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN AO CENSO ATA O DÍA 15 DE NOVEMBRO DE 2021.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS DO 9 AO 16 DE NOVEMBRO.

 

 

Documentos

.pdf

convocatoria-2021-eleccion-consello-escolar-comunidade-educativa.pdf

candidatura-consello-escolar-alumnado.pdf

candidatura-consello-escolar-responsables.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Book Club for ESO 4 & Bacharelato students

Publicado o 14 Outubro, 2021 na sección Club de lectura, Zona Alumnado, Biblioteca por Alberte Zato

Enjoy the comeback of our English Book Club, join us.

Contact our library staff.

 

poster-book-club.png

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Listaxes de alumnado de 2º de Bacharelato curso 2021-2022

Publicado o 15 Setembro, 2021 na sección Zona Alumnado por Alberte Zato

 

listaxes1.jpg

 

.pdf

 bach2.pdf

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo