Aviso: A lista de admitidos para o primeiro ano do Bacharelato Internacional dispoñíbel

Publicado o 30 Xuño, 2021 na sección Avisos urxentes, Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

 dp-programme-logo-es-525.png

Aviso: Atópase a disposición dos interesados a lista de admitidos para o próximo curso para cursar o primeiro ano do Bacharelato Internacional no noso centro. Se algún dos solicitantes non recibiu un correo do Coordinador do Programa do Diploma indicándolle a súa situación, debe dirixirse a este para coñecela: castroibo@gmail.com

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

AVISO: Erro na ficha de matrícula de 1º BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS. Novo prazo de matrícula.

Publicado o 29 Xuño, 2021 na sección Avisos urxentes, Administración, Secretaría por Alberte Zato

Por erro na ficha de matrícula de 1º BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS, cómpre pasar pola secretaría do Instituto para realizar a matrícula.

Ábrese un novo prazo de matrícula o día 2 de xullo de 9:00 a13:00 horas.

.pdf

ficha-matricula-bach1-humanidades-ciencias-sociais.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Préstamos de verán

Publicado o 21 Xuño, 2021 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

 Como todos os anos dende a biblioteca queremos facilitar a todos os membros da comunidade educativa  as súas lecturas veraniegas .

Abrimos o`prazo para solicitar os libros, DVDs e revistas que desexedes levar en préstamo  Lede ben as instruccións.

 Pensa que libros apetéceche ler

 Busca se están no catálogo da biblioteca desde a icona do blog da biblioteca, bibliotecaiesdocastro.blogspot.com, situado na parte dereita.

 Anota os títulos e autores dos libros.

 Envíanos os seguintes datos ao correo prestamosbibliotecaiesdocastro@gmail.com

 Nome completo e curso  e moi importante o número de lector

 Listado de títulos e autores dos libros

 Prepararémoschos nunha bolsa e avisarémosche para que os recollas

E RECORDADE BO VERÁN E BOAS LECTURAS

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reportaxe fotográfica do acto de graduación da promoción 2021 do IES do Castro

Publicado o 17 Xuño, 2021 na sección Celebracións, Despedidas, Zona Alumnado, Galería fotográfica, Vicedirección por Alberte Zato

Clíquese na imaxe ou sobre a ligazón para ver a reportaxe

Graduación 2021

LIGAZÓN

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Our Erasmus Project at OMBUDIXITAL.ORG (a revista dixital do IES do Castro)

Publicado o 13 Xuño, 2021 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

Special report of our project

 erasmus-project.jpg

https://ombudixital.org/our-erasmus-project/

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria Fondo solidario LIBROS DE TEXTO para o curso 2021/22

Publicado o 1 Xuño, 2021 na sección Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 

(Ligazón)

Prazo de presentación: Ata o 22 de xuño de 2021                                                

Destinatarios:

       Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º  e 4º da ESO; cursos nos que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/21.

       Axudas para adquirir libros de texto: alumnado con necesidades especificas de apoio educativo (NEAE).

       Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en ESO.

       O alumnado participante no Proxecto de educación dixital (EDIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 

Formas de presentación: presencial ou telemática (Manual de usuario)

 

As solicitudes presentaranse, preferiblemente, a través da aplicación FONDOLIBROS. Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude. Dende FONDOLIBROS, poderán optar polas seguintes formas de presentacion:

 

       Presentacion no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

       Presentacion na Sede Electronica da Xunta de Galicia: A solicitude e a documentación preséntanse telemáticamente e asínase a través da aplicación fondolibros.

 

Para presentar as solicitudes e a documentación no centro haberá que pedir cita previa.

 

Documentación: deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31.12.2019

       Anexo I debidamente cuberto e asinado e Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar. Ligazón aos anexos

       Libro de familia onde figuren os membros computables.

       Documento que acredite a custodia en caso de separación ou divorcio.

       Nos casos especiais (violencia de xénero, discapacidade, tutela da Xunta…) ou se o solicitante non posúe DNI ou NIE, consultar a seguinte ligazón.

 

Axudas e fondo de libros:

 renda-fondo-libros.jpg

 

 Convocatoria fondo solidario de libros (Ligazón)

Este documento en

.pdf

documento-convocatoria-fondo-solidario-libros-de-texto-21-22.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria 2021 para prazas do Programa do Diploma de Bacharelato Internacional no IES do Castro

Publicado o 23 Maio, 2021 na sección ++Programa do Diploma do Bacharelato Internacional por Alberte Zato

dp-programme-logo-es-525.png

 

Convocatoria 2021- Programa do Diploma do Bacharelato Internacional

O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para realizar o primeiro ano do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional nas modalidades de Ciencias Sociais e Humanidades e Científico-Técnica, durante o curso académico 2021-2022.

Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

 

  • ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).
  • ter cursado en ESO as materias do Programa do Diploma nas que se van matricular e ter conseguido un mínimo de 7 en todas elas.

A adxudicación de prazas (*) terá en conta o expediente do alumnado nos catro cursos da ESO.

O prazo de solicitude estará aberto a partir do luns 24 de maio ata o mércores 16 de xuño ás 14:00 horas. Realizárase mediante o documento número 2 (impreso solicitude) que haberá que encher e escanear ou fotografiar, e mandar xunto co resto da documentación que indicamos no seguinte documento en .pdf:

 

.pdf

 

convocatoria-2021-bacharelato-internacional.pdf

 

 

DOCUMENTOS CITADOS

 

1-triptico-informativo-2021-2022.pdf

 

2-impreso-solicitude-praza-bacharelato-internacional-2021.pdf

 

3-informe-academico-curso-2020-21.pdf

 

4-politica-de-admision-de-alumnado-bi-cast-gal.pdf

 

 

LIGAZÓN DE INTERESE

 

Páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional

 

 

ib-website.jpg

 

 Para máis información contacte vía o correo-e castroibo@gmail.com 

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo