Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Baremo de acceso para as Seccións Bilingües do departamento de Inglés

BAREMO DE ACCESO PARA AS SECCIÓNS BILINGÜES
2º ESO
Tal e como se pode ler no portal de educación da Xunta de Galicia ,” Este programa supón a organización do ensino dunha área ou materia non lingüística que se cursa dun xeito bilingüe nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira utilizada como mínimo durante o 50% do horario lectivo.”
No IES DO CASTRO, o alumnado das SSBB cursa a materia de Música en 2º ESO.
Co fin de garantir un bo desempeño do programa de Seccións Bilingües, aplicarase o seguinte baremo de cara a admisión de 30 alumnos/as que o soliciten.
- Nota final en inglés acadada en 1º da ESO.
- Nota media acadada en 1ºESO.
3º ESO
No IES DO CASTRO, o alumnado das SSBB cursa as materias de Música e Educación Plástica e Visual (EPV) en 3º ESO.
Observacións: Aquel alumnado de novo ingreso no centro, que acredite ter cursado o ano anterior en Seccións Bilingües ou Plurilingüe, terá acceso directo tanto en 2º como en 3º.

Imprimir este Artigo
Autorización para o uso de imaxes polo centro educativo (actividades non docentes): Documento descargable
![]()
Cubrir e asinar o documento completo (3 páxinas). Pódese imprimir e escanear ou ben cubrilo directamente nun visor de PDF que permita escribir e introducir unha sinatura manual.

autorizacions_e_obradoiros.pdf
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024-2025

Hoxe 11 de xuño publícase no DOG a Orde do 3 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024-2025 (código de procedemento ED311D).
En consecuencia, o prazo de matrícula para realizar a proba PEE será de 5 días hábiles, desde mañá 12 de xuño ata o 18 de xuño de 2025, ambos inclusive. A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I.
Lembrámoslles que o procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico terá dúas fases diferenciadas:
- Na primeira fase, o alumnado deberá formalizar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico (proba PEE).
Aínda que non hai requisito de nota media mínima na ESO para a matrícula na proba PEE, para a solicitude do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico SI hai un requisito de nota media mínima na ESO de 9 puntos. SÓ debe matricularse aquel alumnado que teña unha perspectiva realista de acadar esa nota media mínima.
- Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEE, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico.
A proba PEE terá lugar o 26 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba PEE publicarase o día 19 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEE será de 3 días hábiles, do 20 ao 24 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEE publicarase o día 25 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
Imprimir este Artigo
Solicitude de praza para o Programa do Diploma de Bacharelato Internacional para o bienio 2025-2027

É necesario cumprimentar e entregar no centro os tres documentos que se ofrecen de seguido.

Neste primeiro documento está toda a información sobre requerimentos e documentación a entregar
Imprimir este Artigo
Premios extraordinarios de bacharelato: información importante

Premios extraordinarios de bacharelato
Información importante para a realización da proba
As persoas convocadas aos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025 deberán ter en conta as seguintes indicacións:
• Para realizar a proba é imprescindible acreditar a identidade mediante DNI ou pasaporte.
• Unicamente se poderá utilizar bolígrafo con tinta indeleble azul ou negra. Prohíbese o uso de típex.
• Para os exercicios de matemáticas débese levar calculadora non programable e sen capacidade gráfica.
• Para o exercicio de Latín II débese levar dicionario latín-español/galego, que pode ter apéndice gramatical, pero non páxinas de contidos literarios.
• Para o exercicio de Debuxo Artístico II débense levar os seguintes materiais:
- Polo menos dúas láminas A3 de gramaxe 130 como mínimo.
- Lapis de grafito de diversas durezas ou carbón prensado.
- Materiais de escolla propia para técnica libre seca (cor).
- Spray fixador, aínda que unicamente pode empregarse, por parte do tribunal, no momento de entrega das láminas.
Resolución do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se procede a establecer o horario e os lugares en que se realizará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025. (Véxase .pdf)

premiosbac_2425_informacion_importante_-para_-a_-realizacion_da_proba.pdf
premiosbac_2425_resolucion_lugares_con_anexo_g.pdf
Imprimir este Artigo














